bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Leviticus 3
Leviticus 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 4 →
1
Cando alguén queira ofrecer un sacrificio de comuñón, e o fai de gando maior, presentará diante do Señor unha res sen chata, macho ou femia.
2
Imporá a súa man sobre a cabeza da súa vítima e sacrificaraa no limiar da Tenda do Encontro. Os sacerdotes, fillos de Aharón, asperxerán co sangue por enriba do altar e arredor.
3
Da vítima do sacrificio de comuñón ofrecerá en holocausto para o Señor o unto que envolve as entrañas e todas as graxas que envurullan o intestino,
4
os dous riles coa graxa que os envolve, a graxa que hai nas illargas e a que foi separada do fígado, ademais da dos riles.
5
Os fillos de Aharón queimarán todo isto enriba do altar, xunto coa oblación que se pon enriba da leña, colocada sobre o lume, como holocausto de recendo para o Señor.
6
Se a ofrenda fose de gando miúdo, como sacrificio de comuñón ó Señor, terase que ofrecer unha res sen chata, macho ou femia.
7
Se a súa ofrenda é un año, presentarao diante do Señor,
8
imporá a súa man sobre a cabeza da vítima e sacrificaraa diante da porta da Tenda do Encontro. Os fillos de Aharón asperxerán co sangue o altar por riba e arredor.
9
Da vítima do sacrificio de comuñón quitará para ser queimada en honor do Señor o lardo todo, o rabo enteiro, cortado a rentes da espiña, as graxas que envolven as entrañas e todo o unto dos intestinos,
10
os dous riles coa graxa que os envurulla, a graxa das illargas e a membrana que envolve o fígado, ademais dos riles.
11
O sacerdote queimará todo no altar, como holocausto de recendo para o Señor.
12
Se a súa ofrenda fose unha cabra, presentaraa diante do Señor,
13
imporá a súa man sobre a cabeza da vítima, sacrificaraa diante da Tenda do Encontro, e os fillos de Aharón asperxerán co sangue da vítima por riba do altar e arredor.
14
Da súa vítima, para ofrecer como holocausto ó Señor, sacará o lardo que envurulla as entrañas, o unto todo dos intestinos,
15
os dous riles coa graxa que os envolve, o lardo que cobre o fígado, ademais do dos riles.
16
O sacerdote queimará todo enriba do altar como holocausto de todas as graxas, recendo para o Señor.
17
Estatuto perpetuo por todas as xeracións vosas onde queira que habitedes: endexamais probaredes bocado de graxa, nin sangue".
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27