bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Leviticus 6
Leviticus 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 7 →
1
O Señor díxolle a Moisés:
2
—"Manda a Aharón e a seus fillos: Este é o regulamento do holocausto: a vítima arderá no lume do altar toda a noite, ata a mañá, mentres o lume do altar se mantén aceso.
3
O sacerdote, tendo todo o seu corpo vestido con túnica e calzóns de liño, recollerá do altar as cinsas da vítima consumida polo lume e botaraas á beira do altar.
4
Espirá a roupa que leva, e vestirá outra; despois levará as cinsas fóra do campamento a un lugar puro.
5
O lume manterase aceso decote no altar, sen que se apague nunca. Cada mañá o sacerdote poralle leña, colocará enriba o holocausto e queimará a graxa das vítimas do sacrificio de comuñón.
6
O lume do altar arderá decote, sen apagarse nunca.
7
Este é o regulamento da oblación: Os fillos de Aharón presentarana no altar diante do Señor.
8
O sacerdote collerá dela unha presa de flor de fariña ofrecida, parte do seu aceite e todo o incenso que lle bota enriba, e queimarao no altar como recendo e como lembranza para o Señor.
9
Aharón e seus fillos comerán o resto da oblación, sen fermento, no lugar santo, no limiar da Tenda do Encontro.
10
Non lle porás fermento, pois é a porción que eu lles dou do holocausto das ofrendas que se me fan a min; é cousa moi santa, coma a expiación polo pecado e a reparación polo delito.
11
Poderana comer soamente todos os fillos varóns de Aharón. É un estatuto perpetuo para a vosa posteridade, acerca das oblacións que se lle deben queimar ó Señor. Calquera que as toque quedará consagrado".
12
O Señor díxolle a Moisés:
13
—"A ofrenda que teñen que presentar ó Señor Aharón e seus fillos no día da súa consagración será: unha décima dun efah de flor de fariña, como oblación cotiá, a metade pola mañá, e a outra metade á tarde.
14
Será adobada con aceite e fritida na tixola; será presentada en rebandas, despois de cociñada, como recendo para o Señor.
15
O Sumo Sacerdote que lle suceda no cargo de entre seus fillos, fará do mesmo xeito. É un estatuto perpetuo. Deberá ser todo queimado á honra do Señor.
16
A oblación do sacerdote será toda queimada, non se comerá ren dela".
17
Faloulle o Señor a Moisés:
18
—"Dilles a Aharón e a seus fillos: Esta é a lei da oblación polo pecado: No mesmo lugar no que se sacrifica a vítima do holocausto, terá que ser sacrificada a vítima polo pecado diante do Señor: é unha cousa sacrosanta.
19
O sacerdote oferente será o que a coma no lugar sagrado, no limiar da Tenda do Encontro.
20
Calquera que toque a carne da vítima quedará consagrado, e toda a roupa de calquera que sexa manchada co seu sangue, terá que ser lavada no lugar sagrado.
21
A ola de barro na que foi cociñada terá que ser escachada, e se fose de bronce, terá que ser ben fregada e enxugada.
22
Poderán comela soamente os varóns, sacerdotes, pois é unha cousa sacrosanta.
23
A vítima do sacrificio expiatorio, da que se leva o sangue á Tenda do Encontro para facer a expiación no santuario, non se comerá, terá que ser queimada toda no lume.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 23
Chapter 24
Chapter 25
Chapter 26
Chapter 27
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27