bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 1
Zechariah 1
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 2 →
1
No mes oitavo do ano dous de Darío, veulle a palabra do Señor a Zacarías, fillo de Berequías, fillo de Idó, nestes termos:
2
"O Señor está moi anoxado contra vosos pais".
3
Has de lles dicir: así fala o Señor dos Exércitos: "Volvede cara a min —oráculo do Señor dos Exércitos—, e eu volverei a vós" —díxoo o Señor dos Exércitos.
4
Non sexades coma vosos pais, contra os que os profetas do pasado clamaron dicindo: "Así fala o Señor dos Exércitos: volvédevos dos vosos malos vieiros e das vosas obras ruíns". Pero non me fixeron caso nin me prestaron atención —é o Señor quen fala—.
5
Os vosos pais onde están?; e os profetas, vivirán eternamente?
6
As miñas palabras e os meus decretos, que eu encarguei ós meus servos os profetas, non lles chegaron ós vosos pais? Eles convertéronse e dixeron: "Tal coma o Señor dos Exércitos pensou facernos a nós, conforme ós nosos vieiros e ós nosos feitos, así nolo fixo".
7
O día vinte e catro do mes undécimo, o mes de Xebat, no ano segundo de Darío, veulle a palabra do Señor ó profeta Zacarías, fillo de Berequías, fillo de Idó, nestes termos:
8
Tiven unha visión durante a noite e velaí un home montado nun cabalo vermello. Estaba de pé entre os mirtos, que teñen as raíces nas profundidades, e detrás del había cabalos vermellos, cardosos e brancos.
9
Entón eu dixen: "Meu Señor, que son estas cousas?" O anxo que falaba comigo díxome: "Eu vouche facer ver o que son estas cousas".
10
E o home que estaba de pé entre os mirtos, respondeu: "Estes son aqueles a quen o Señor lles encargou que percorresen a terra".
11
Entón eles dirixíronse ó anxo do Señor que estaba de pé entre os mirtos, dixéronlle: "Xa percorremos a terra, e velaí que toda a terra está habitada e tranquila".
12
Entón o anxo do Señor tomou a palabra, e dixo: "Señor dos Exércitos, ata que día non te vas compadecer de Xerusalén e das cidades de Xudá, coas que levas enfadado setenta anos?"
13
E o Señor respondeulle ó anxo, que falaba comigo, palabras boas e palabras consoladoras.
14
Entón o anxo que falaba comigo díxome: "Proclama isto: así fala o Señor dos Exércitos. Teño celos por Xerusalén e por Sión, grandes celos.
15
Estou moi anoxado coas nacións, fachendosas da súa tranquilidade. Si, estaba un pouco anoxado, pero eles axudaron co seu mal".
16
Por isto así fala o Señor: "Volvereime a Xerusalén con misericordia, e o meu templo será reconstruído por ela, —oráculo do Señor dos Exércitos— e o cordel de medir estenderase sobre Xerusalén".
17
Volve a clamar nestes termos: "Así fala o Señor dos Exércitos: as miñas cidades volverán a fartarse de bens. Si, o Señor volverase compadecer de Sión e volverá preferir a Xerusalén".
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 2 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14