bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 4
Zechariah 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 5 →
1
O anxo que falaba comigo volveu e espertoume, como quen esperta do sono.
2
E díxome: "Que ves ti?" Contesteille: "Tiven unha visión, e velaí un candelabro todo el de ouro coa aceiteira na súa cima e sete lámpadas nel, e sete bicos nas lámpadas que tiña na súa cima.
3
O lado había dúas oliveiras, unha á dereita da aceiteira e outra á súa esquerda".
4
Logo collín a palabra e díxenlle ó anxo que falaba comigo: "Meu Señor, que son estas cousas?
5
E o anxo que falaba comigo respondeume: "Non sabes que son estas cousas? Eu díxenlle: "Non, meu Señor".
6
El repúxome: "Esta é a palabra do Señor acerca de Zerubabel, nestes termos: Non é polo poder, nin pola forza, senón polo meu Espírito —di o Señor dos Exércitos—.
7
Quen es ti, grande montaña? Diante de Zerubabel resultas ser unha chaira. Si, el é quen coloca a pedra da clave do arco. Hai clamores: Que bonita! Que bonita é!"
8
Veume a palabra do Señor nestes termos:
9
"As mans de Zerubabel puxeron os alicerces deste templo e as súas mans rematárono. Así recoñeceredes que o Señor dos Exércitos me encargou de vir a vós.
10
A quen desprezou o día dos pequenos comezos? Que se alegren ó ver a pedra da chumbada na man de Zerubabel. Estes sete bicos son os ollos do Señor que percorren toda a terra".
11
Eu collín a palabra e pregunteille: "Que significan esas dúas oliveiras á dereita do candelabro e á súa esquerda?"
12
Volvín coller a palabra de segundas e díxenlle: "Que significan as dúas pólas da oliveira, cos dous tubos de ouro que levan o aceite da primeira prensadura?"
13
El díxome así: "Non sabes o que significa?" Contesteille: "Non, meu Señor".
14
El dixo: "Estes son os dous que están marcados co aceite, e mantéñense de pé ó lado do Señor de toda a terra".
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14