bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 2
Zechariah 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 3 →
1
Erguín os ollos e tiven unha visión: e velaí catro cornos.
2
Logo díxenlle ó anxo que falaba comigo: "Que é isto?" El contestou: "Estes son os cornos que espallaron a Xudá, a Israel e a Xerusalén".
3
Logo o Señor fíxome ver catro ferreiros.
4
Eu dixen: "Que veñen facer estes?" El respondeume: "Aqueles son os cornos que espallaron a Xudá, de xeito que ninguén puido levantar a súa cabeza e estoutros veñen para espantalos, para botar fóra os cornos das nacións, que levantaron o seu corno contra o país de Xudá para o espallaren".
5
Logo erguín os meus ollos e tiven unha visión: Velaí un home e na súa man un cordel de medir.
6
Díxenlle: "Onde vas ti?" e el contestou: "Medir a Xerusalén, para ver cal é a súa longura e cal é a súa anchura".
7
O anxo que falaba comigo saíu, e outro anxo veu ó seu encontro,
8
e díxolle: "Corre e fálalle a ese mozo nestes termos: Xerusalén debe seguir sendo cidade aberta. Por mor do fato de homes e animais que haberá dentro dela.
9
Eu voume converter —oráculo do Señor— na súa muralla de lume todo arredor e convertereime na súa gloria no medio dela".
10
Ai! Ai!, fuxide do país do norte —é o Señor quen fala—, que vos vou esparexer coma os catro ventos do ceo —é o Señor quen fala—.
11
Ai, Sión!: escapa, ti que habitas na casa de Babilonia.
12
Porque así fala o Señor dos Exércitos, quen despois da súa manifestación gloriosa me enviou contra as nacións que vos teñen saqueado: "Si, quen vos fere, fere a meniña do meu ollo.
13
Velaquí que eu movo a miña man contra eles, e serán presa dos seus servos: entón recoñeceredes que o Señor dos Exércitos me mandou".
14
"Exulta e alégrate, filla de Sión, pois, velaí, eu chego, e habitarei no medio de ti —é o Señor quen fala—.
15
No día aquel pobos numerosos uniranse ó Señor, serán o meu pobo. Habitarei no medio de ti, e entón recoñecerás que o Señor dos Exércitos me mandou onda ti.
16
O Señor collerá en herdanza a Xudá, que é o seu quiñón na Terra Santa, tamén volverá escoller a Xerusalén.
17
Silencio, carne toda, por mor da presenza do Señor! Si, esperta e sae da súa Morada Santa!"
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14