bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 13
Zechariah 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 14 →
1
No día aquel haberá unha fonte de auga corrente para a casa de David e para os habitantes de Xerusalén, por culpa do pecado e da inmundicia.
2
No día aquel —é o Señor quen fala— extirparei do país os nomes dos ídolos, e non volverán ser lembrados. Tamén farei desaparecer do país os profetas e o espírito de impureza.
3
E sucederá que, se alguén volve a profetizar, o pai e a nai que o xeraron, diranlle: "Non podes seguir vivindo, xa que falaches mentiras no nome do Señor". E cando el profetice, o pai e a nai que o xeraron matarano a espada.
4
Sucederá no día aquel que cada un dos profetas se avergonzará da súa visión, cando profetice en falso, e non vestirán manto de pelo para mentir.
5
Dirá cada un: "Eu non son profeta, son un que traballa a terra, pois a terra é a miña posesión desde a miña mocidade".
6
Pero diranlle: "Que son esas feridas entre as túas mans?" E responderá el: "Si, ferinme no templo dos meus amantes".
7
Érguete, espada, contra o meu pastor, contra o home que está ó meu carón —oráculo do Señor dos Exércitos—. Fire ó pastor e que se escorrenten as ovellas. Daquela volverei a miña man contra as máis febles.
8
E acontecerá en todo o país —oráculo do Señor—, que dous terzos serán exterminados e de certo morrerán, mais un terzo quedará nel.
9
A ese terzo fareino pasar polo lume e acrisolareino como se acrisola a prata e probareino como se proba o ouro. El invocará o meu nome e eu escoitareino; direille "ti es o meu pobo" e el dirame "Iavé meu Deus".
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14