bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 9
Zechariah 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 10 →
1
Oráculo. A palabra do Señor está no país de Hadrac, e Damasco é a súa residencia, porque o mesmo Señor contempla a humanidade, o mesmo ca a todas as tribos de Israel,
2
igual Hamat e a súa fronteira, Tiro e Sidón. Que sabedoría tan grande!
3
Tiro construíu unha fortaleza e aumentou a súa prata coma a terra, e o seu ouro coma a lama dos camiños.
4
Velaí o Señor: apodéranse de Tiro e castiga co mar a súa riqueza, e con lume é consumido Tiro.
5
Axquelón verá isto e terá medo, e Gaza retorcerase de tanta dor, e tamén a Ecrón se lle reseca a súa esperanza. O rei desaparecerá de Gaza, e Axquelón non será habitada,
6
reinará un bastardo en Axdod. Deste xeito acabarei coa soberbia da Filistea,
7
retirarei da súa boca o sangue que ela verteu, e a abominación de entre os seus dentes. Tamén dela quedará para o noso Deus un resto que será coma un clan en Xudá, e Ecrón será como foron os iebuseos.
8
Eu acamparei no meu templo, coma defensor contra o que vai e contra o que volve; non volverá pasar por riba deles o opresor. Si, agora vino cos meus ollos.
9
Relouca, filla de Sión, grita de ledicia, filla de Xerusalén. Velaí chega o teu rei, é xusto e protexido do Señor, humilde e montado nun burro, si, nun burriño fillo dunha burra.
10
Eu acabarei cos carros de Efraím e cos cabalos de Xerusalén, acabarase o arco de guerra e El anunciará a paz ás nacións, reinará desde un mar a outro mar, desde o Éufrates ós confíns da terra.
11
Por ti, pola alianza pactada contigo con sangue, librarei os teus prisioneiros do pozo que non ten auga.
12
Volvede á praza forte, prisioneiros que tendes esperanza! Si, hoxe declaro que vos devolverei o dobre.
13
Tensarei a Xudá como se fose o meu arco, cargarei a Efraím, o meu arco; incitarei ós teus fillos, Sión, contra os fillos de Iaván, farei de ti a espada dun guerreiro valente.
14
Si, o Señor farase ver contra eles e a súa frecha sairá coma un lóstrego. O Señor Deus tocará a trompeta, camiñará sobre os furacáns do sur.
15
O Señor dos Exércitos protexeraos, pero as pedras da súa fonda devorarán e esmagarán; si, beberán sangue coma viño, e encheranse coma a copa dos sacrificios, coma os cornos do altar.
16
O día aquel o Señor, o seu Deus, salvaraos, porque eles son o rabaño do seu pobo, porque as pedras da súa diadema relocen sobre a terra.
17
Que feliz será o seu pobo! Que fermoso será! O trigo fará medrar os mozos, o viño novo fará medrar as mozas.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14