bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 5
Zechariah 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 6 →
1
Volvín erguer os meus ollos e tiven unha visión: velaí un rolo de escribir que voaba.
2
El díxome: "Que estás vendo?" Eu contesteille: "Estou vendo un rolo de escribir que vai voando; o seu longo é de vinte cóbados, a súa anchura de dez".
3
Entón el díxome: "Isto é a maldición que se estende por todo o país; conforme a ela todo o que roube será expulsado deste país, e todo o que perxura, será tamén expulsado.
4
Fíxena saír —é o Señor dos Exércitos quen fala—, para que entre na casa do ladrón e na casa do que xura en falso polo meu nome para que quede dentro delas e se consuman as súas madeiras e as súas pedras".
5
Logo saíu o anxo que falaba comigo e díxome: "Ei! Abre os teus ollos, que é iso que aparece?"
6
Contesteille: "Que é?" E el díxome: "Iso é unha medida de efah que se aparece". E engadiu: "Isto é a iniquidade deles en todo o país".
7
Daquela levantouse da terra un disco de chumbo, e onda el unha muller sentada na medida de efah.
8
El dixo: "Esta é a Maldade". Logo botouna dentro da medida de efah e púxolle a lousa de chumbo á boca da medida de efah.
9
Logo abrín os ollos e tiven unha visión: Apareceron dúas mulleres: tiñan espírito nas súas ás, e as ás eran coma as ás da cegoña. Levantaron a medida de efah entre a terra e o ceo.
10
Entón pregunteille ó anxo que falaba comigo: "Onde están levando elas a medida de efah?".
11
El díxome: "Van construírlle unha casa no país de Xinar, e cando estea feita, será posta alí sobre o seu pedestal".
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14