bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 7
Zechariah 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 8 →
1
No ano catro do rei Darío, veulle a palabra do Señor a Zacarías, o día catro do noveno mes de Casleu.
2
Betel encargou a Saréser e ó oficial do rei e ós seus homes de iren implorar a presenza favorable do Señor,
3
e dicirlles ós sacerdotes que había no templo do Señor dos Exércitos e ós profetas: "Hei de seguir facendo a lamentación no quinto mes, privándome de todo tal e como o veño facendo desde hai tantos anos?".
4
Entón veume a palabra do Señor nestes termos:
5
"Fálalles a todo o pobo do país e ós sacerdotes nestes termos: Vós cando xaxuades e facedes lamentación no quinto e no sétimo mes, xa hai disto setenta anos, practicades o xaxún precisamente por min?
6
Cando comedes e bebedes, non o facedes por vós, comellóns e bebedores?
7
Acaso non coñecedes as palabras que o Señor proclamou por medio dos antigos profetas, cando Xerusalén estaba habitada e vivía tranquila o mesmo cás cidades do seu arredor cando o Négueb e a Xefelah estaban habitados?"
8
Veulle a palabra do Señor a Zacarías nestes termos:
9
"Así fala o Señor dos Exércitos: Sentenciade sentencia fiel. Practicade cada un co seu irmán a bondade e a misericordia.
10
A viúva e ó orfo, ó emigrante e ó pobre, non os oprimades. Non matinedes nos vosos corazóns o mal, cada un contra o seu irmán".
11
Pero vós rexeitastes facer caso, puxestes ombro rebelde e endurecestes os vosos oídos para non escoitardes
12
e volvestes o voso corazón un diamante, para non facerdes caso desta lei e destas palabras, que o Señor dos Exércitos enviou mediante o seu Espírito por obra dos antigos profetas. Por isto houbo grande carraxe de parte do Señor dos Exércitos.
13
E sucedeu que, o mesmo que eu chamaba e vós non faciades caso, así tamén eles clamaban e eu non lles facía caso —di o Señor dos Exércitos—.
14
Eu espalleinos entre as nacións que non coñecían, e o país quedou feito unha desolación detrás deles, sen haber quen o cruzase nin o habitase. Deste xeito converteron un país de delicias nunha desolación".
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14