bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 8
Zechariah 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 9 →
1
Veu a palabra do Señor nestes termos:
2
"Así fala o Señor dos Exércitos: Sinto grandes celos por Sión, con grande paixón sinto celos por ela.
3
Así fala o Señor: Volvo a Sión, e habitarei no medio de Xerusalén: Xerusalén chamarase cidade fiel; e a montaña do Señor dos Exércitos, Montaña Santa".
4
Así fala o Señor dos Exércitos: "Volverán sentar os vellos e mais as vellas nas prazas de Xerusalén, con cadanseu bastón na man durante moitos días.
5
E as prazas da cidade encheranse de mozos e mozas, xogando nas súas prazas".
6
Así fala o Señor dos Exércitos: "Se isto é admirable ós ollos do resto deste pobo, naqueles días tamén será admirable ós meus ollos" —é o Señor dos Exércitos quen fala—.
7
Así fala o Señor dos Exércitos: "Velaí, eu serei quen salve o meu pobo do país do nacente e tamén do país do solpor.
8
Traereinos e habitarán no medio de Xerusalén, serán para min o meu pobo, e eu serei para eles o seu Deus, na fidelidade e na xustiza".
9
Así fala o Señor dos Exércitos: "Que as vosas mans se fortalezan, vós que nestes días escoitades estas palabras da boca dos profetas; nestes días nos que se poñen os alicerces do templo do Señor dos Exércitos para reconstruír o santuario.
10
Certo que antes destes días, non se atopaba xornal para os homes, nin había xornal para os animais, e tanto quen saía coma quen entraba non tiña paz por culpa do perseguidor, pois botara a todos os homes, a cada un contra o seu próximo.
11
Pero agora eu non serei para o resto deste pobo, coma nos tempos de antes" —é o Señor Deus dos Exércitos quen fala—.
12
"Velaí a sementeira da fartura: a viña dará o seu froito, a terra, o seu produto; e o ceo o seu orballo; darei en herdanza todo isto ó resto deste pobo.
13
Resultará que o mesmo que fostes maldición entre as nacións, casa de Xudá e casa de Israel, así tamén eu vos salvarei e seredes unha bendición. Non teñades medo! Que se fortalezan as vosas mans!".
14
Así fala o Señor dos Exércitos: "O mesmo que eu determinei a desgraza contra vós, cando os vosos pais me anoxaran —fala o Señor dos Exércitos— e non tiven compaixón,
15
Así, me arrepentín e tracei nestes días facerlles ben a Xerusalén e á casa de Xudá. Non teñades medo!
16
Estas son as cousas que habedes de practicar: Dicide a verdade cada un ó seu próximo. Sentenciade con fidelidade e con xuízo de paz nas vosas portas.
17
Non maquinedes cada un no voso corazón o mal contra o seu próximo, non lles collades gusto ós xuramentos falsos, porque é precisamente todo isto o que eu aborrezo" —é o Señor quen fala—.
18
Veume a palabra do Señor nestes termos:
19
"Así fala o Señor dos Exércitos: O xaxún do cuarto mes, o do quinto, o do sétimo e o do décimo converteranse para a casa de Xudá en xúbilo, en ledicia e en asembleas de festa gozosa. Pero amade a fidelidade e a paz.
20
Certo, aínda virán aquí as nacións e os habitantes das grandes cidades e os habitantes dunha cidade irán a outra para dicir:
21
Marchemos a implorar a presenza favorable do Señor, a buscar o Señor dos Exércitos. Tamén vou eu.
22
Virán pobos numerosos e nacións poderosas, buscar o Señor dos Exércitos en Xerusalén, e implorar a súa presenza favorable".
23
Así fala o Señor dos Exércitos: "Nos días aqueles collerán dez homes de todas as linguas das nacións, si, collerán a un xudeu pola beira do manto dicíndolle: Queremos ir canda vós, porque oímos que Deus está convosco".
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14