bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 14
Zechariah 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
1
Velaí chegará o día do Señor, e o botín que hai no medio de ti quedará repartido.
2
Xuntarei a todos os pobos para a guerra contra Xerusalén, a cidade será collida, as casas serán saqueadas e as mulleres violadas. Media cidade sairá á deportación, pero o resto do pobo non será quitado dela;
3
e sairá o Señor e pelexará contra aqueles pobos como cando pelexaba no día do combate.
4
No día aquel os seus pés afincaranse no monte das Oliveiras, que está cara a Xerusalén polo nacente, e o monte das Oliveiras partirase en dúas metades. Na dirección do nacente e na do poñente haberá un val moi grande, pois unha metade do monte retirarase cara ó norte, e a outra metade cara ó sur.
5
Entón vós fuxiredes para o val das miñas montañas, xa que o val das montañas chega ata Asal. Si, fuxiredes como fuxistes ante o tremor de terra do tempo de Ozías, rei de Xudá. Si, ven, Señor, meu Deus, e todos os consagrados contigo!
6
Sucederá no día aquel que non haberá Sol e as cousas tentadoras perderán o seu encanto.
7
Será un día único, querido polo Señor, sen día e sen noite, e na tardiña haberá luz.
8
Sucederá no día aquel que sairán de Xerusalén augas vivas, a metade delas para o mar Morto, e a outra metade para o Mediterráneo. Isto sucederá no verán e no inverno.
9
O Señor será entón Rei sobre toda a terra. No día aquel o Señor será Único e o seu Nome será único.
10
Todo o país se volverá unha chaira, desde Gueba ata Rimón, ó sur de Xerusalén, que estará no alto, e toda ela habitada: desde a porta de Benxamín ata o sitio da antiga porta dos Ángulos; e desde a torre de Hananel ata as prensas do rei
11
habitarase nela. Non volverá haber destrución sagrada: Xerusalén será habitada con seguridade.
12
Este será o castigo con que o Señor castigará a todas as nacións que combateron contra Xerusalén: facerlles podrecer a carne, que teñan que aguantar sobre os seus pés, que os ollos lles podrezan nas covas, que a súa lingua lles podreza na boca.
13
Sucederá no día aquel que o pánico que o Señor provoque entre eles será grande: cada un collerá as mans do seu próximo e levantará contra el a súa man.
14
E tamén Xudá pelexará en Xerusalén, e amorearanse as riquezas de todos os pobos do arredor: ouro, prata, e vestidos en grande cantidade.
15
E coma este andazo, así será a peste dos cabalos, das mulas, dos camelos e dos burros, e de todos os animais dos seus campos.
16
Sucederá que todo aquel que quede de cada un dos pobos que viñeron contra Xerusalén, subirá de ano en ano a prostrarse ante o Rei, o Señor dos Exércitos, e a celebrar a festa das Tendas.
17
E resultará que as familias da terra que non suban a Xerusalén para prostrarse ante o Rei, o Señor dos exércitos, non terán chuvia.
18
E se algunha familia de Exipto non sobe ou non vén, virá tamén contra ela a peste coa que o Señor fere os pobos que non soben a celebrar a festa das Tendas.
19
Este será o castigo polo pecado de Exipto e polo pecado dos pobos que non soben a celebrar a festa das Tendas.
20
No día ese, nos chocallos dos cabalos estará esta inscrición: "Consagrado ó Señor" e os potes do templo do Señor estarán como a copa da aspersión, diante do altar.
21
E todos os potes que haxa en Xerusalén e en Xudá, serán sacrificados ó Señor dos Exércitos; todos os que queiran ofrecer un sacrificio, virán e colleranos para cocer neles. Xa non volverá haber traficantes no templo do Señor no día aquel.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14