bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 6
Zechariah 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 7 →
1
Volvín levantar os meus ollos, e tiven unha visión: velaí, catro carros saían de entre as dúas montañas e as montañas eran de bronce.
2
No primeiro carro había cabalos vermellos; no segundo, cabalos negros;
3
no terceiro, cabalos brancos; e no cuarto, cabalos baios.
4
Logo tomei a palabra e pregunteille ó anxo que falaba comigo: "Que é isto, meu Señor?".
5
O anxo respondeu: "Estes catro saen na dirección dos ventos do ceo, despois de estaren na presenza do Señor de toda a terra.
6
O carro no que están os cabalos negros sae para o país do norte; os brancos, para o occidente daqueles; e os baios, para o país do sur.
7
Os cabalos baios saen e tratan de camiñar e de percorrer o país". El díxolles: "Marchade e percorrede o país". E eles percorreron o país.
8
El berrou e díxome: "Mira, os que saen para o país do norte fan repousar o espírito do Señor no país do norte.
9
Veume a palabra do Señor nestes termos:
10
"Recolle bens de entre os deportados de Heldai, de Tobías, de Iedaías. O día que volvas, traeralos á casa de Ioxías, fillo de Sefanías, que xa volveu de Babilonia.
11
Has de coller a prata e o ouro, farás unhas coroas e poralas na cabeza do sumo sacerdote Iehoxúa, fillo de Iehosadac, e na de Zerubabel.
12
E diraslle a este: Así fala o Señor dos Exércitos: Velaí un home, que ten por nome Refillo, e por debaixo de si xermolará, e construirá o santuario do Señor. Si, el reconstruirá o santuario do Señor.
13
Levantará a maxestade rexia, e sentarase para reinar sobre o seu trono, haberá un sacerdote sobre o seu propio trono, e entre os dous traerán a prosperidade.
14
No santuario do Señor a coroa servirá de memorial de Heldai, de Tobías e de Iedaías, e da xenerosidade do fillo de Sefanías".
15
Os que están lonxe virán e construirán o santuario do Señor, e entón recoñeceredes que o Señor dos Exércitos me mandou onda vós. Isto sucederá, se vós facedes caso en serio da voz do Señor, o voso Deus".
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14