bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 12
Zechariah 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 13 →
1
Oráculo. Palabra do Señor acerca de Israel. Oráculo do Señor que estende os ceos e que cimenta a terra, que forma o espírito dos homes no seu interior.
2
Velaí: eu converto a Xerusalén en cunca que emborracha a todos os pobos do arredor. Tamén lle tocará a Xudá, cando sexa o asedio contra Xerusalén.
3
Sucederá no día aquel que converterei a Xerusalén en pedra de xogo: todos os pobos andarán a levantala. Todo o que a queira levantar, ferirase, e uniranse a ela todas as nacións da terra.
4
No día aquel —é o Señor quen fala— atordarei a golpes a todos os cabalos; e ós seus cabaleiros, coa loucura. Cos meus ollos inspeccionarei a casa de Xudá, pero ferirei a todos os cabalos das nacións coa cegueira.
5
Entón os xefes de Xudá pensarán nos seus corazóns: a forza dos habitantes de Xerusalén está no Señor dos Exércitos, o seu Deus.
6
No día aquel converterei os xefes de Xudá nun braseiro con paus acendidos, e nun fachuco de restrollo aceso: devorarán cara á dereita e cara á esquerda a todas as nacións de arredor. Xerusalén volverá reinar no seu lugar, en Xerusalén.
7
O Señor salvará primeiro as tendas de Xudá, para que non se levante sobre Xudá o orgullo da casa de David e o orgullo dos que rexen en Xerusalén.
8
No día aquel o Señor protexerá ó que rexe en Xerusalén. Aquel día o que máis cambalee de entre eles será coma David, e a casa de David será coma divina, igual có Anxo do Señor á fronte deles.
9
No día aquel tratarei de destruír a todos os pobos que entran en Xerusalén.
10
Estenderei sobre a casa de David e sobre os habitantes de Xerusalén un espírito de graza e de súplica: mirarán atentamente ó meu Poderoso, a quen traspasaron. Farán lamentación por el, coma a lamentación diante do único Deus, e chorarán amargamente por el, coma o amargarse por un primoxénito.
11
No día aquel será grande a lamentación en Xerusalén coma a lamentación de Hadad-Rimón no val de Meguido.
12
O país lamentarase, familia por familia, separadamente: a familia da casa de David, e as súas mulleres; a familia da casa de Natán, e as súas mulleres,
13
A familia da casa de Leví e as súas mulleres; a familia de Ximí e as súas mulleres.
14
Todas as restantes familias, familia por familia, e as súas mulleres separadamente.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14