bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Zechariah 11
Zechariah 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 12 →
1
Abre, Líbano, as túas portas, que o lume devora os teus cedros.
2
Fai lamentación, ti, ciprés, que o cedro xa caeu: as árbores espléndidas foron arrasadas. Facede lamentacións, aciñeiras de Baxán, que o bosque inaccesible se vén abaixo.
3
Berros de lamentación dos pastores! Porque a súa gloria quedou arrasada. Berros de ruxidos dos cachorros de león! Porque o esplendor do Xordán quedou arrasado.
4
Así fala o Señor, o meu Deus: "Pastorea o rabaño destinado á matanza.
5
Os seus compradores vano matar, e non se sentirán culpables. Del dirán os seus compradores: Bendito sexa o Señor, que me fago rico! En cambio os seus pastores non senten compaixón por el".
6
"Certo, eu non volverei a ter piedade dos habitantes do país —é o Señor quen fala— e velaí entrego os homes na man de cadanseu pastor, na man do seu rei; arrasarei o país e non o librarei das súas mans".
7
Entón eu pastoreei o rabaño destinado á matanza, en proveito dos seus traficantes. Collín dous caxatos, e a un chameille: "Bondade"; e ó outro chameille "Unión", e pastoreei o rabaño.
8
Logo fixen desaparecer a tres pastores nun só mes. Perdín a paciencia con eles, e eles tamén se anoxaron comigo.
9
Entón dixen: "Xa non vos pastorearei: as ovellas que teñan que morrer, que morran; as que teñan que desaparecer, que desaparezan; e as que queden, que cada unha devore a carne da súa compañeira".
10
Logo collín o caxato, a "Bondade", e partino, para romper a alianza que o Señor fixera con todos os pobos,
11
e quedou roto no día aquel. Os tratantes do rabaño, que me observaban, recoñeceron que isto era palabra do Señor.
12
Logo díxenlles: "Se vos parece ben, dádeme a miña soldada; e se non, deixádea". Pero eles pesaron a miña soldada: trinta moedas de prata.
13
Logo o Señor díxome: "Botádella ó fundidor de metais; é o espléndido prezo no que fuches taxado por eles". Entón collín as trinta moedas de prata e boteillas no templo do Señor ó fundidor.
14
Despois partín o segundo caxato, a "Unión", para romper a irmandade entre Xudá e Israel.
15
E díxome o Señor: "Procura as ferramentas dun pastor que sexa aparvado.
16
Pois, velaí, vou suscitar no país un pastor: das que van á ruína non se preocupará; pola descamiñada non buscará; á ferida, non a curará; da que aínda estea de pé non coidará, senón que comerá a carne da ovella gorda e arrincaralle as súas unllas".
17
"Ai do pastor de vento, que abandona o rabaño! Unha espada está contra o seu brazo e contra o seu ollo dereito. O seu brazo estase secando, o seu ollo dereito estase apagando. Espada, esperta contra o meu pastor, contra o home do meu acompañamento". 13,7 —É o Señor dos Exércitos quen fala—. "Fire ó pastor e que se esparexan as ovellas! Si, eu revolverei a miña man contra as súas crías. 13,8 Sucederá en todo o país —é o Señor quen fala— que de tres partes del, dúas desaparecerán e a terceira quedará. 13,9 Eu farei pasar polo lume esta terceira parte, purificareinos tal como se refina a prata, limpareinos tal como se purifica o ouro. El invocará o meu Nome e eu escoitareino. Direi: "El é o meu pobo". E el dirá: "O Señor é o meu Deus".
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14