bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 10
1 Kings 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 11 →
1
A raíña de Saba oíu falar do renome de Salomón, e foino probar con adiviñas.
2
Chegou a Xerusalén cun grande séquito, con camelos cargados de pos recendentes, de moitísimo ouro e de pedras preciosas. Presentouse ó rei Salomón e propúxolle todo aquilo que traía pensado.
3
O rei Salomón respondeulle a todo. Por escura que fose, non houbo pregunta ningunha que non tivese do rei a súa resposta.
4
Cando a raíña de Saba viu a sabedoría de Salomón, o pazo que construíra,
5
os manxares da súa mesa, as habitacións dos seus cortesáns, o porte e as vestiduras dos seus servidores e copeiros, e os holocaustos que ofrecía no templo do Señor, quedou admirada.
6
E díxolle ó rei: —"Todo o que na miña terra oíra sobre os teus feitos e a túa sabedoría era verdade.
7
Eu non lle daba creto ó que dicían, mais ó vir e velo cos meus ollos, constato que non me contaban a metade. A túa sabedoría e as túas riquezas son maiores de canto me dixeran.
8
Ditosa a túa xente, ditosos os teus cortesáns, que están sempre contigo, aprendendo da túa sabedoría.
9
Bendito sexa o Señor, teu Deus, que te quixo a ti no trono de Israel. Polo amor eterno que o Señor ten a Israel, constituíute a ti rei, para que o gobernes con xustiza e equidade".
10
A raíña entregoulle ó rei catro mil quilos de ouro e gran cantidade de pos recendentes e de pedras preciosas. Endexamais se viran tantas coma as que lle trouxo a raíña de Saba ó rei Salomón.
11
A flota de Hiram traíalle a Salomón ouro de Ufir. De alí traía tamén en grande cantidade madeira de sándalo e pedras preciosas.
12
Coa madeira de sándalo fixo o rei varandas para o templo do Señor e para o pazo real; e para os cantores fixo cítolas e arpas. Madeira de sándalo coma aquela nunca antes viñera, nin volvería verse ata hoxe.
13
O rei Salomón regaloulle á raíña de Saba canto a ela se lle antollou, amais do que el lle tiña xa dado con rexia xenerosidade. Despois, a raíña de Saba deu volta e marchou co seu séquito para a súa terra.
14
O peso do ouro que cada ano chegaba onda Salomón era de vinte e tres mil trescentos quilos,
15
á maiores dos impostos dos mercadores e dos trabucos dos traficantes, dos reis de Arabia e dos gobernadores do país.
16
O rei Salomón mandou facer douscentos escudos de ouro batido, de seis quilos e medio de ouro cada un,
17
e outros trescentos, de quilo e medio cada un, e fíxoos gardar todos na casa do Bosque de Líbano.
18
Tamén mandou o rei que fixeran un trono de marfil e recubriuno de ouro do máis puro.
19
O trono levaba seis chanzos, un remate redondo por detrás, e brazos dun lado e doutro do asento, con dous leóns de pé onda os brazos.
20
Sobre os seis chanzos había, seis dun lado e seis doutro, doce leóns en pé. Non se tiña visto obra coma ela en ningún reino.
21
A vaixela do rei Salomón era toda de ouro. As xoias da casa do Bosque do Líbano eran todas tamén de ouro puro. Non había nada de prata, pois nos días de Salomón non se lle daba aprecio.
22
O rei tiña no mar navíos de Tárxix, coa flota de Hiram. Cada tres anos os navíos viñan cargados de ouro, prata, marfil, macacos e pavos reais.
23
O rei Salomón avantaxaba ós reis todos da terra en riqueza e sabedoría.
24
Todo o mundo quería velo, para aprender da sabedoría que Deus lle concedera.
25
Cada un traía o seu regalo, obxectos de prata e de ouro, armas e pos recendentes, cabalos e mulos. Así ano tras ano.
26
Reuniu moitos carros e cabalos. Chegou a ter mil catrocentos carros e doce mil cabalos, que puxo de gornición nas cidades de carros e en Xerusalén, cerca do rei.
27
O rei fixo abundar Xerusalén en prata tanta coma pedras, e en tantos cedros coma figueiras da Xefelah.
28
Os cabalos de Salomón proviñan de Exipto. Os tratantes do rei mercábanos alí ó contado.
29
Un carro traído de Exipto custaba seiscentos siclos de prata, e un cabalo cento cincuenta siclos. Iso mesmo custaban os importados polos tratantes do rei do reino hitita ou dos reinos arameos.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22