bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 6
1 Kings 6
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 7 →
1
O ano catrocentos oitenta da saída dos israelitas de Exipto, no mes de Ziv, que é o segundo do ano, no mes cuarto do reinado de Salomón en Israel, empezou a construírse o templo do Señor.
2
O templo que o rei Salomón construía en honor do Señor, medía trinta metros de lonxitude, dez de anchura e quince de altura.
3
O pórtico que había diante da nave do santuario tiña dez metros de lonxitude, no sentido da anchura do santuario, e cinco de fondo, ata a parede do templo.
4
No templo fixo fiestras, con marcos e con reixas.
5
Pegado ó muro do templo, arredor do santuario e do santísimo, construíu un anexo, con andares arredor.
6
O piso baixo medía dous metros e medio de anchura, o do medio medía tres, e o terceiro tres metros e medio de anchura. Arredor do templo, por afora, fixera canzorros, para que as trabes non entrasen nos mesmos muros do templo.
7
Na construción do templo empregáronse pedras labradas na canteira, de xeito que, na hora do traballo, non se oían martelos, machetas nin outras ferramentas.
8
A entrada do piso baixo estaba á dereita do templo. Por unha esqueira de caracol subíase ó andar do medio, e desde este ó terceiro.
9
Cando o templo quedou construído, Salomón recubriuno cun artesoado de madeira de cedro.
10
O anexo que construíra arredor do templo tiña dous metros e medio de altura, e estaba ligado por trabes de cedro ó templo mesmo.
11
Daquela, Deus faloulle a Salomón:
12
—"Por este templo que me estás construíndo, se camiñas conforme os meus mandatos e cumpres as miñas decisións, se gardas os meus preceptos e te guías por eles, eu mantereiche a promesa que fixen a teu pai David.
13
Habitarei no medio dos israelitas e non abandonarei este meu pobo de Israel".
14
Cando Salomón acabou de construír o templo,
15
revestiu os muros por dentro de táboas de cedro, desde o pavimento ata o teito; revestiu de madeira todo o seu interior e pisouno de táboas de ciprés.
16
Revestiu de táboas de cedro os dez metros de fondo, desde o pavimento ó teito, e dedicou esta parte a camarín ou santísimo.
17
Os outros vinte metros diante del constituían o santuario.
18
O cedro do interior do santuario estaba enfeitado de grilandas de flores abertas. Era todo de cedro, e a pedra non se vía.
19
O camarín, no fondo interior do templo, estaba preparado para colocar alí a Arca da Alianza do Señor.
20
O camarín tiña dez metros de longo, dez de ancho e dez de alto. Salomón revestiuno de ouro puro. O altar revestiuno de cedro.
21
Revestiu tamén de ouro puro o interior do templo; puxo cadeas de ouro diante do camarín e recubriu este de ouro.
22
De ouro revestiu o templo todo, desde o cimo ata o fondo; e tamén o altar, diante do camarín.
23
Para o camarín fixo Salomón dous querubíns, de madeira de oliveira, de cinco metros de altura.
24
A á dun querubín medía dous metros e medio, e dous metros e medio a outra, de xeito que do cabo dunha ó cabo doutra había cinco metros.
25
O outro querubín medía igualmente cinco metros. Os dous tiñan o mesmo grandor e a mesma feitura.
26
Tanto un coma outro medían cinco metros de altura.
27
Salomón puxo os querubíns dentro do camarín, coas ás estendidas, de xeito que unha daba nun muro e a outra no muro oposto. As outras dúas ás tocábanse entre elas, no medio do recinto.
28
Os querubíns estaban revestidos de ouro.
29
Sobre as paredes do templo, por toda a volta, fixo gravar por dentro e por fóra, baixorrelevos de querubíns, de palmeiras e de grilandas de flores.
30
O lousado do templo, tanto na parte interior coma na exterior, recubriuno tamén de ouro.
31
Para a entrada do camarín fixo portas de madeira de oliveira, con xambas de cinco arestas.
32
Nas dúas follas das portas de oliveira fixo gravar baixorrelevos de querubíns, de palmeiras e de grilandas de flores, e recubriunas de ouro, ben axustado ás entalladuras.
33
Para a entrada do santuario fixo xambas de oliveira, con catro arestas
34
e con dúas portas de madeira de ciprés, cada unha con dúas follas xiratorias.
35
Esculpiu nelas querubíns, palmeiras e grilandas de flores, e recubriunas de ouro, axustado ás entalladuras.
36
Construíu a adro interior, con tres ringleiras de pedras talladas e unha de trabes de cedro.
37
No mes de Ziv do ano cuarto do seu reinado, puxo Salomón os cimentos do templo do Señor,
38
e no mes de Bul, que é o oitavo, do ano once do reinado, quedou rematado en todas as súas partes, conforme o seu proxecto. Construíu todo en sete anos.
← Chapter 5
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 7 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22