bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 3
1 Kings 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 4 →
1
Salomón emparentou co faraón, rei de Exipto, casando coa súa filla. Levouna á cidade de David, mentres acababa de construír o seu pazo, o templo do Señor e os muros de Xerusalén.
2
O pobo ofrecía sacrificios nos altares dos outeiros, pois daquela aínda no se construíra o templo para o nome do Señor.
3
Salomón amaba ó Señor, seguindo as normas de seu pai David. Pero ofrecía sacrificios e queimaba incenso nos altares dos outeiros.
4
O rei foise a Gabaón, para ofrecer alí sacrificios, pois aquel era o outeiro principal. Encima do seu altar ofreceu Salomón un milleiro de holocaustos.
5
En Gabaón aparecéuselle Deus, no soño da noite, a Salomón e díxolle: —"Pídeme o que queiras".
6
Salomón respondeulle: —"Ti trataches con moita bondade ó teu servo David, meu pai; e el portouse diante de ti con lealdade, con xustiza e con rectitude de corazón. Ti conservácheslle o teu favor, concedéndolle un fillo, que hoxe senta no seu trono.
7
Agora, Señor, meu Deus, que fixeches que o teu servo reinase despois de meu pai David, sendo eu un rapaz pequeno, que non sabe nin conducirse.
8
O teu servo atópase no medio deste pobo escollido por ti, un pobo grande e numeroso, que non se pode contar nin estimar.
9
Concédelle, pois, ó teu servo un corazón atento, que saiba gobernar ben o teu pobo e distinguir o ben e o mal. Quen, se non, podería gobernar este pobo tan grande?"
10
O Señor pareceulle ben que Salomón pedise aquilo.
11
E díxolle: —"Xa que pediches isto e non pediches para ti mesmo vida longa, nin riquezas, nin a vida dos teus inimigos, senón que pediches acerto para ben gobernar,
12
vouche conceder o que pediches: unha mente sabia e intelixente, coma non a houbo antes de ti nin a haberá tampouco despois.
13
E dareiche tamén o que non pediches: riqueza e gloria, coma non as tivo rei ningún.
14
Se vas polos meus camiños e gardas os meus preceptos e os meus mandamentos, como fixo teu pai David, dareiche unha longa vida".
15
Espertou Salomón e viu que tivera un soño. Volveu para Xerusalén e presentouse diante da Arca da Alianza do Señor. Ofreceu holocaustos e sacrificios de comuñón, e convidou ó banquete a todos os seus servidores.
16
Daquela viñeron dúas prostitutas e presentáronse diante do rei.
17
Unha delas contoulle isto: —"Escoita, meu señor; eu e esta muller vivimos xuntas nunha casa. E estando as dúas no mesmo cuarto eu dei a luz.
18
O terceiro día de eu parir, pariu tamén esta muller. Estabamos xuntas as dúas, e na casa non había ninguén máis, fóra de nós as dúas.
19
Unha noite morreu o fillo desta muller, porque ela se recostou enriba del.
20
No medio da noite ergueuse e colleu o meu fillo de onda min; namentres durmía a túa serva, deitouno no colo dela e deitou o morto no meu.
21
Cando me erguín, pola mañá, para dar o peito ó meu fillo, decateime que estaba morto. A luz do día mirei ben, e vin que aquel non era o fillo que eu parira".
22
Nisto dixo a outra muller: —"Non; o meu fillo é o vivo, e o teu é o morto". E a primeira insistiu: —"Non; o teu fillo é o morto; e o meu, o vivo". E rifaban diante do rei.
23
Entón falou o rei: —"Unha di: o meu fillo é o que está vivo, e o teu é o morto; e a outra di: non, o teu fillo é o morto; e o meu, o vivo".
24
E o rei mandou: —"Traédeme unha espada". E leváronlle a espada ó rei.
25
Este ordenou: —"Cortade en dous o neno vivo e dádelle unha metade a cada unha".
26
Entón á nai do neno vivo movéuselle o corazón polo seu fillo, e dixo: —"Por favor, meu señor; que lle dean a ela o neno vivo. Non o maten". Pero a outra dicía: —"Nin para min nin para ti. Que o dividan".
27
Niso dixo o rei: —"Dádelle á primeira o neno vivo. Esa é súa nai".
28
Israel todo coñeceu a sentencia de Salomón, e colléronlle moito respecto, vendo que Deus lle dera sabedoría para administrar xustiza.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22