bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 11
1 Kings 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 12 →
1
O rei Salomón, á parte da filla do faraón, amou a moitas mulleres estranxeiras, moabitas, amonitas, edomitas, sidonias e hititas,
2
de nacións das que dixera o Señor ós israelitas: —"Non vos xuntedes con elas, nin elas convosco, pois virarían o voso corazón cara ós seus deuses". Salomón namorouse delas.
3
Tivo setecentas princesas como esposas e trescentas como concubinas. As mulleres torcéronlle o sentido.
4
Cando Salomón ía xa vello, as súas mulleres levaron o seu corazón tras deuses alleos; non o tiña por enteiro co Señor, seu Deus, coma seu pai David.
5
Salomón deu culto a Axtarté, deusa dos sidonios, a Malcom, ídolo dos amonitas.
6
Fixo o mal ós ollos do Señor e non lle gardou fidelidade, coma seu pai David.
7
Daquela construíu Salomón, no monte que está enfronte de Xerusalén, un altar a Kemox, ídolo dos moabitas, e a Moloc, ídolo dos amonitas.
8
O mesmo fixo para as outras mulleres estranxeiras, que queimaban incenso e ofrecían sacrificios ós seus deuses.
9
Anoxouse o Señor con Salomón, porque afastara o seu corazón do Señor, Deus de Israel, que se lle aparecera dúas veces,
10
e que sobre o particular lle prescribira non seguir deuses alleos. Salomón non cumpriu o que lle mandara o Señor.
11
Entón díxolle o Señor: —"Xa que te comportaches deste xeito e non gardaches a miña alianza e os preceptos que eu che dei, arrincareiche o reino da man e dareillo a un servo teu.
12
Non o farei mentres ti vivas, por amor a David, teu pai; arrincareillo ó teu fillo da súa man.
13
Non lle arrincarei o reino todo. Deixareille ó teu fillo unha tribo, por amor de David, teu pai, e por amor de Xerusalén que eu escollín".
14
O Señor suscitoulle un inimigo a Salomón: o edomita Hadad, da liñaxe real de Edom.
15
Sucedeu que, cando David venceu a Edom, e foi alí o xeneral Ioab enterrar os mortos, este matou os homes todos de Edom.
16
Ioab quedárase alí por seis meses co exército israelita ata que rematou o exterminio dos varóns de Edom.
17
Pero Hadad puido fuxir cuns poucos homes de entre os servidores de seu pai e pasou a Exipto. Daquela Hadad era un rapaz.
18
Saíron de Madián e chegaron a Parán. Alí colleron consigo algúns homes, pasaron a Exipto e presentáronse ó faraón, rei de Exipto, que os forneceu de casa, de alimentos e de terras.
19
Hadad caeulle en graza ó faraón, que lle deu por muller a súa cuñada, irmá da raíña Tafnes.
20
A irmá de Tafnes pariulle a Hadad un fillo, Guenubat, que a mesma Tafnes criou no pazo do faraón. Por iso Guenubat medrou no pazo cos fillos do faraón.
21
Cando, en Exipto, Hadad oíu dicir que David se reunira con seus pais e que morrera tamén Ioab, o xefe do exército, díxolle ó faraón: —"Déixame ir á miña terra".
22
O faraón respondeulle: —"Que botas de menos onda min, para que queiras ir á túa terra?" El dixo: —"Nada. Pero déixame que vaia".
23
Deus suscitou aínda outro inimigo a Salomón: Rezón, fillo de Eliadá, que fuxira do seu señor Hadadézer, rei de Sobah.
24
Rodeouse duns poucos homes e fíxose xefe de banda. David loitaba daquela con Edom. Eles entraron en Damasco e aclaramon rei a Rezón.
25
Foi un inimigo de Israel, toda a vida de Salomón. En canto a Hadad, fíxolle todo o mal que puido a Israel e atormentouno, desde o seu reino de Edom.
26
Tamén se revoltou contra Salomón Ieroboam, fillo de Nabat, un servo do rei, un efrateo de Seredah. Súa nai chamábase Seruah e era viúva.
27
A ocasión da súa revolta contra o rei foi cando Salomón construía o terraplén e pechaba as fendas da cidade de David, seu pai.
28
Ieroboam amosouse home valente. E vendo Salomón que o mozo facía ben o seu traballo, nomeouno capataz dos traballadores da casa de Ioel.
29
Un día que saía Ieroboam de Xerusalén, encontrouse no camiño co profeta Ahías de Xiloh. Este levaba unha capa nova, e estaban sós os dous no descampado.
30
Ahías botou man da capa nova que levaba e partiuna en doce cachos.
31
E mandoulle a Ieroboam: —"Colle dez cachos para ti, pois isto di o Señor, Deus de Israel: Vou arrincar o reino da man de Salomón, e vouche dar dez tribos a ti.
32
Unha tribo será para el, por amor ó meu servo David e por amor a Xerusalén, a cidade que eu escollín entre todas as tribos de Israel.
33
Iso é porque me abandonaron a min e adoraron a Axtarté, deusa dos sidonios, a Kemox, deus de Moab, e a Malcom, deus dos amonitas, e non seguiron os meus camiños, facendo o que é xusto ós meus ollos, gardando coma seu pai David os meus mandatos e as miñas decisións.
34
Non lle quitarei o reino todo, senón que lle manterei o principado por todos os días da súa vida, por amor ó meu servo David, a quen escollín, e que gardou a miña lei e os meus preceptos.
35
Mais arrincarei o reino das mans de seu fillo e dareiche dez tribos a ti.
36
A seu fillo dareille unha tribo, para que o meu servo David teña sempre unha lámpada acesa diante de min en Xerusalén, a cidade que eu escollín, para que habite nela o meu nome.
37
A ti escóllote para que reines, conforme os teus desexos. Serás rei de Israel.
38
Se me obedeces en todo o que che mande, se vas polos meus camiños e fas o que é xusto ós meus ollos, se gardas as miñas leis e os meus mandatos, como fixo o meu servo David, eu estarei contigo, edificareiche unha casa segura, como lla edifiquei a David, e entregareiche Israel.
39
Con isto humillarei ós descendentes de David; mais non será para sempre".
40
Salomón tentou de matar a Ieroboam; mais este fuxiu para Exipto, ó lado do rei Xexac, e ficou por alá ata a morte de Salomón.
41
O resto da historia de Salomón, os seus feitos e a súa sabedoría, están todos escritos no Libro dos Feitos de Salomón.
42
Salomón reinou en Xerusalén, sobre todo Israel, corenta anos.
43
Despois durmiu con seus pais, e enterrárono na cidade de David, seu pai. Sucedeulle no trono o seu fillo Roboam.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22