bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 14
1 Kings 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 15 →
1
Por aquel tempo adoeceu Abías, fillo de Ieroboam,
2
e este díxolle á súa muller: —"Vai e múdate de roupa, que non se saiba que es a muller de Ieroboam, e chégate a Xiloh, onde vive o profeta Ahías, o que me dixo que sería rei deste pobo.
3
Leva contigo dez pans, unhas bicas e un tarro de mel, e preséntate a el, para que che diga o que acontecerá con este neno".
4
A muller de Ieroboam fixo como el lle dixera. Colleu e marchou a Xiloh e presentouse na casa de Ahías. Ahías xa non podía ver, pois a vellez escurecéralle a vista.
5
Pero o Señor dixéralle: —"Velaquí a muller de Ieroboam que vai vir pedirche unha palabra sobre o seu neno doente. Diraslle isto e isto".
6
Chegou ela, finxindo que era outra. Pero, cando Ahías sentiu o bruído das pisadas, ó entrar ela na porta, díxolle: —"Entra, muller de Ieroboam. Por que finxes ser outra? Teño para ti unha amarga nova.
7
Vai e dille a Ieroboam: isto di o Señor, Deus de Israel: eu erguinte do medio deste pobo e fíxente xefe do meu pobo Israel.
8
Crebei o reino da casa de David para darcho a ti. Xa que non te portaches como o meu servo David, que obedeceu os meus mandatos e me seguiu de todo corazón, facendo sempre o que é xusto ós meus ollos,
9
senón que fuches peor ca todos os teus antecesores, facendo para ti deuses estraños e ídolos fundidos, cos que me anoxaches, e volvéndome a min as costas,
10
Aquí estou eu agora para traer a desgraza á casa de Ieroboam. Exterminareille a Ieroboam os homes todos, escravos ou libres en Israel; varrerei a casa de Ieroboam coma quen varre esterco, ata que non quede nada dela.
11
Os da casa de Ieroboam que morran na cidade, comeranos os cans, e ós que morran no campo comeranos os paxaros do ceo. É o Señor quen o di.
12
E ti vaite agora para a túa casa. Cando poñas os pés na cidade, o neno morrerá.
13
Israel chorará por el e asistirá todo ó seu enterro. Pero el será o único da familia de Ieroboam que terá sepultura, pois de toda a familia só nel se atopa algo bo ós ollos do Señor.
14
O Señor escollerá para si un rei en Israel, que exterminará a familia de Ieroboam.
15
O Señor vaille dar un pau a Israel que o deixará coma a cana abaneada pola auga. Arrincarao desta boa terra que dera a seus pais e espallaraos por máis alá do Río, por facérense ídolos, anoxando con eles ó Señor.
16
Abandonará a Israel, por culpa dos pecados de Ieroboam e dos que el fixo cometer a Israel".
17
A muller de Ieroboam marchou entón e colleu o camiño que leva cara a Tirsah. Cando puña o pé no limiar da súa casa, morría o seu neno.
18
Todo Israel chorou por el e asistiu ó seu enterro, conforme dixera o Señor polo seu servo o profeta Ahías.
19
O resto da historia de Ieroboam, as súas guerras, o seu reinado, está todo escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel.
20
Ieroboam reinou vinte e dous anos. Despois durmiu con seus pais. Sucedeulle no trono o seu fillo Nadab.
21
Roboam, fillo de Salomón, reinou sobre Xudá. Tiña corenta e un anos cando empezou a reinar, e reinou dezasete anos en Xerusalén, a cidade que Deus escollera entre todas as tribos de Israel para poñer nela o seu nome. Súa nai chamábase Namah e era amonita.
22
Xudá fixo o mal ós ollos do Señor. Cos pecados que cometeron provocaron os seus celos, aínda máis cós seus pais.
23
Tamén eles construíron altares nos outeiros, estelas e ídolos nos cotarelos e debaixo das árbores verdeantes.
24
Houbo mesmo prostitución consagrada no país. Arremedaron as abominacións todas dos pobos que o Señor desbotara de diante dos israelitas.
25
No ano quinto do reinado de Roboam rubiu Xexac, rei de Exipto, contra Xerusalén.
26
Botou man dos tesouros do templo do Señor e do pazo real e levou todo. Tamén levou os escudos de ouro que fixera Salomón.
27
Para substituílos, o rei Roboam mandou facer escudos de bronce e entregóullelos ós xefes da garda, que coidaban da entrada do pazo.
28
Sempre que o rei ía ó templo do Señor, os da garda levábanos, e despois volvíanos ó corpo de garda outra vez.
29
O resto da historia de Roboam, todo o que fixo, non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá?
30
Roboam e Xeroboam estiveron en guerra todo o tempo.
31
Roboam durmiu con seus pais, e enterrárono na cidade de David. Súa nai chamábase Namah e era amonita. Sucedeulle no trono o seu fillo Abías.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22