bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 5
1 Kings 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 6 →
1
Salomón tiña poder sobre todos os reinos que van desde o río Éufrates ata o país dos filisteos e as fronteiras de Exipto. Pagábanlle tributos e estivéronlle todos sometidos ó longo da súa vida.
2
As provisións de Salomón eran para cada día trinta cargas de flor de fariña e setenta de fariña corrente,
3
dez bois cebados, vinte becerros e cen ovellas; e, por parte, veados, corzos, parrulos e capóns.
4
Salomón tiña poder sobre as terras de máis alá do río Éufrates, desde Tifsah ata Gaza, e sobre todos os reinos desta banda do mesmo río. Estivo en paz con todos os veciños do arredor.
5
Nos días de Salomón, Xudá e Israel vivían tranquilos, cada un debaixo da súa parra e da súa figueira, desde Dan ata Beerxeba.
6
Salomón tiña cortes para corenta mil cabalos de tiro e doce mil de montura.
7
Os gobernadores, un por mes, provían ás necesidades de Salomón e dos que comían á súa mesa, sen que lles faltase cousa ningunha.
8
Cada un pola súa vez subministraba tamén orxo e palla para os cabalos de tiro e de montura.
9
Deus concedeu a Salomón sabedoría e moito entendemento e unha mente tan aberta coma as praias da beiramar.
10
Avantaxaba en sabedoría ós sabios de Oriente e ós de Exipto.
11
Era o máis sabio dos homes, máis ca Etán o indíxena e máis ca Hemán, Calcol e Dardá, fillos de Mahol. A súa sona estendíase polas nacións do arredor.
12
Formulou tres mil sentenzas e compuxo mil cinco cancións.
13
Disertou sobre as árbores, desde o cedro do Líbano ata a herba sagrada que medra nas paredes, acerca dos animais e das aves, dos reptís e dos peixes.
14
De todos os pobos viñan xentes, para escoitar o sabio Salomón, de todos os reinos da terra onde chegara a sona de súa sabedoría.
15
Cando Hiram, rei de Tiro, tivo a nova de que Salomón fora unxido rei, no posto do pai, mandoulle os seus embaixadores, pois Hiram fora sempre amigo de David.
16
Salomón, pola súa parte, mandoulle a Hiram esta embaixada:
17
—"Ti sabes que meu pai David non puido edificar un templo ó Señor, seu Deus, por causa das guerras que o envolveron, mentres Deus non puxo os seus inimigos debaixo dos seus pés.
18
Agora o Señor meu Deus deume paz polos arredores, e non teño inimigos nin outras calamidades.
19
Por iso estou proxectando edificar un templo ó nome do Señor meu Deus, conforme o Señor dixera a meu pai David: o fillo que che darei para que te suceda no teu trono, el será quen edifique un templo ó meu nome.
20
Agora, pois, manda que corten para min cedros do Líbano. Os meus servos irán cos teus, e eu pagareilles o xornal que ti me digas. Ti sabes que entre nós non hai quen saiba, coma os fenicios, talar árbores".
21
En oíndo Hiram a mensaxe de Salomón, folgouse moito e exclamou: —"Bendito sexa hoxe o Señor, que deu a David un fillo sabio, para gobernar este gran pobo".
22
E Hiram mandou dicir a Salomón: —"Acepto a túa petición. Compracereite como desexas, no tocante á madeira de cedro e de ciprés.
23
Os meus servos baixarán a madeira desde o Líbano ó mar. De alí levarana logo en balsas ata o lugar que ti sinales. Alí desfaremos as balsas, e ti faraste cargo. Pola túa parte, ti cumprirás a miña arela, se abasteces a miña casa".
24
Hiram deulle a Salomón toda a madeira que quixo de cedro e de ciprés.
25
E Salomón deulle a Hiram, para sustento da súa casa, vinte mil cargas de trigo e vinte mil medidas de aceite puro de oliveira. Iso era o que Salomón lle daba cada ano a Hiram.
26
O Señor concedeu a Salomón sabedoría segundo a promesa. Entre Hiram e Salomón había paz, e fixeron un pacto entre os dous.
27
O rei Salomón recrutou traballadores por todo Israel, unha leva de trinta mil homes.
28
Mandounos ó Líbano en quendas de dez mil cada mes. Un mes estaban no Líbano e dous nas súas casas. Adoniram era o xefe da leva dos traballadores.
29
Por parte, Salomón tiña setenta mil homes dedicados ó carrexo, e oitenta mil canteiros na montaña,
30
Ademais dos capataces das obras, que eran tres mil trescentos; estes mandaban na xente que facía os traballos.
31
O rei mandou que extraesen pedras grandes, escolleitas, pedras de cantería, para os fundamentos do templo.
32
Os obreiros de Salomón, os de Hiram e os guiblitas labraban a madeira e preparaban a pedra para a obra do templo.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22