bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 13
1 Kings 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 14 →
1
Cando estaba Ieroboam ó pé do altar para ofrecer incenso nel, chegou a Betel un home de Deus con palabra do Señor. Por mandato do Señor berrou contra o altar esta palabra:
2
—"Altar, altar! Isto di o Señor: da familia de David nacerá un fillo, que se chamará Ioxías, que sacrificará enriba de ti os sacerdotes dos outeiros, que queiman incenso sobre ti; enriba de ti queimará ósos humanos".
3
E deu entón este sinal: "Este é o sinal de que quen fala é o Señor: o altar fenderase e ciscarase a cinsa que hai enriba del".
4
Cando o rei Ieroboam oíu a palabra que proclamaba o home de Deus contra o altar de Betel, tendeu a súa man cara ó altar e ordenou: —"Prendédeo!" Mais a man que tendera contra o home quedou ríxida e non podía volvela ó seu sitio.
5
O altar fendeuse e a cinsa que había enriba del ciscouse toda. Era o sinal que dera o home de Deus da parte do Señor.
6
O rei pediulle ó home de Deus: —"Aplaca ó Señor, teu Deus, e rézalle por min, para que sande a miña man". O home de Deus aplacou ó Señor, e a man do rei volveu a ter movemento e quedou coma antes.
7
O rei díxolle entón ó home de Deus: —"Ven comigo á miña casa comer algo. Quero tamén facerche un regalo".
8
O home de Deus respondeulle: —"Non iría contigo nin que me deses a metade da túa casa. Neste lugar non quero comer nin beber nada,
9
pois o Señor mandoume que non comese nin bebese aquí cousa ningunha, nin volvese polo camiño por onde vin".
10
E foise por outro camiño, non por onde chegara antes a Betel.
11
En Betel vivía daquela un profeta moi vello. Seus fillos viñéranlle contando o que ese día fixera en Betel o home de Deus e o que lle dixera ó rei.
12
O pai preguntoulles: —"Que camiño colleu?" E os fillos mostráronlle o camiño que collera o home de Deus chegado de Xudá.
13
Entón o profeta díxolles ós fillos: —"Aparelládeme o burro". Eles aparelláronllo, e o profeta montou nel,
14
para irse tralo home de Deus. Encontrouno sentado debaixo dunha aciñeira e preguntoulle: —"Es ti o home de Deus, que chegou de Xudá?" —"Son", respondeu el.
15
O outro dixo: —"Ven comigo á miña casa, comer un anaco de pan".
16
Respondeulle o home de Deus: —"Non podo volver nin ir á túa casa, nin podo comer nin beber neste lugar cousa ningunha.
17
Porque o Señor que me falou, ordenoume que non comese nin bebese aquí nada e que non volvese por onde vin".
18
O outro entón díxolle, enganándoo: —"Eu son tamén profeta, coma ti, e o anxo díxome no nome do Señor: faino ir contigo á túa casa, para que coma e beba algo".
19
O home de Deus foise con el, e comeu e bebeu na súa casa.
20
Estando os dous sentados á mesa, veulle palabra do Señor ó profeta que o fixera volver,
21
e este berroulle ó home de Deus chegado de Xudá: —"Isto di o Señor: xa que desobedeciches a orde do Señor e non fixeches o que o Señor, teu Deus, che ordenara,
22
senón que comiches e bebiches no lugar onde Deus che vedara que o fixeras, o teu cadáver non será enterrado na sepultura de teus pais".
23
Despois que lle deu de comer e de beber, o vello profeta aparelloulle o burro, e o home de Deus foise.
24
Polo camiño saíulle un león que o matou. O seu cadáver quedou tirado no camiño, e onda el quedou o burro e o león.
25
Pasaron algúns camiñantes e viron o cadáver no medio do camiño e o león quedo onda el, e o foron contar na cidade onde vivía o vello profeta.
26
Cando o soubo, o profeta que o fixera volver do seu camiño, comentou: —"É o home de Deus, que se rebelou contra a palabra do Señor. O Señor entregouno ó león, que o esnaquizou e o matou, como lle dixera o Señor".
27
Entón mandou o profeta a seus fillos: —"Aparelládeme o burro". E eles aparelláronllo.
28
El foi e encontrou o cadáver tirado no camiño e a pé del o burro e mais o león. O león non devorara o cadáver nin matara o burro.
29
O profeta levantou o cadáver do home de Deus, cargouno no burro e levouno. Chegados á cidade do vello profeta, fixeron dó por el e enterrárono.
30
O profeta puxo o cadáver no seu propio sepulcro e choraba por el dicindo: —"Ai, meu irmán!"
31
Despois do enterro pediulles a seus fillos: —"Cando eu morra, enterrádeme no mesmo sepulcro, onda o home de Deus. Poñede os meus ósos onda os seus,
32
porque a palabra que dixo coma palabra do Señor contra o altar de Betel e contra os altares dos outeiros das montañas de Samaría, de certo se cumprirá".
33
Despois de todo isto, Ieroboam non se converteu da súa torta conduta, senón que seguiu facendo sacerdotes para os altares dos outeiros de entre a xente do pobo. A quen quería selo, el consagrábao sacerdote para as ermidas dos outeiros.
34
Nisto consistía o pecado da casa de Ieroboam, e por iso foi destruída, varrida da face da terra.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22