bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 18
1 Kings 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 19 →
1
Pasado moito tempo, ó cabo de tres anos, chegoulle a Elías esta palabra do Señor: —"Vai e preséntate á Acab, que quero mandar chuvia á terra".
2
E Elías foi para se presentar a Acab. A fame era moi grande en Samaría.
3
Acab chamou a Abdías, mordomo do pazo, home moi respectuoso do Señor,
4
Ata o punto que, cando Iezabel mataba os profetas do Señor, el colleu a cen deles, escondeunos en covas, en grupos de cincuenta, e leváballes de comer e beber.
5
Acab díxolle: —"Percorramos todo o país, por mananciais e regatos, para ver se atopamos herba con que manter cabalos e mulos, e que non teña que perecer o gando todo".
6
Repartíronse o territorio e percorrérono entre os dous, Acab só polo seu lado, e Abdías polo seu.
7
Cando ía Abdías percorrendo o seu camiño, saíulle Elías ó encontro. En canto o recoñeceu, Abdías prostrouse diante del e díxolle: —"Es ti, meu señor Elías?"
8
El respondeulle: —"Son eu. Vai e dille ó teu amo que aquí está Elías".
9
Abdías dixo: —"Que pecado cometín eu, para que entregues o teu servo nas mans de Acab, e que me mate?
10
Pola vida do Señor, teu Deus, que non queda pobo nin reino no que o meu amo non mandase dar contigo. Se lle dicían que non estabas, facíalles xurar a reinos e a pobos que non te atoparan.
11
E agora disme ti: vai e dille ó teu amo que aquí está Elías.
12
En canto eu me afaste de ti, o espírito do Señor levarate non sei para onde. Eu ireillo dicir a Acab, e el non te atopará e matarame. Mais o teu servo teme ó Señor desde pequeno.
13
Non che teñen contado o que fixo o teu servo, cando Iezabel mataba os profetas do Señor? Escondín en covas cen de entre eles e leváballes de comer e de beber.
14
E agora ti disme: vai e dille ó teu amo que aquí está Elías. Matarame".
15
Elías dixo: —"Pola vida do Señor dos exércitos, que hoxe mesmo me presentarei diante del".
16
Entón Abdías foi ó encontro de Acab e contoulle todo. E Acab saíu ó encontro de Elías.
17
Cando Acab viu a Elías, díxolle: —"Es ti, ruína de Israel?"
18
E el respondeulle: —"Non son eu a ruína de Israel, senón ti e a túa familia, porque abandonastes os mandamentos do Señor e fostes tralos baales.
19
Agora manda que todo Israel, cos catrocentos cincuenta profetas de Baal, que comen á mesa de Iezabel, se xunten comigo no monte Carmelo".
20
E Acab mandou recado por todo Israel, que se xuntou no monte Carmelo con todos os profetas de Baal.
21
Elías volveuse entón cara ó pobo e díxolles: —"Por canto tempo iredes coxeando cara a un lado e cara ó outro? Se o Señor é Deus, seguídeo a El; e se é Baal, seguide a Baal". O pobo non respondeu unha palabra.
22
E Elías seguiu dicindo: —"De todos os profetas do Señor quedo eu só con vida, mentres os profetas de Baal son catrocentos cincuenta.
23
Que nos dean dous becerros. Que eles escollan un, que o despecen, que o coloquen enriba da leña, pero que non lle prendan lume. Eu prepararei despois o outro becerro, poreino enriba da leña, sen pegarlle lume tampouco.
24
Logo invocaredes vós ó voso deus, e eu invocarei o nome do Señor. O Deus que responda, facendo que o lume se prenda, será o Deus verdadeiro". O pobo respondeu á unha voz: —"Iso está ben".
25
Entón díxolles Elías ós profetas de Baal: —"Escollede un becerro e preparádeo vós primeiro, porque vós sodes máis. Despois, sen pegarlle lume, invocade o voso deus".
26
Eles colleron o becerro que lles deron, preparárono e estiveron invocando o nome de Baal desde a mañá ata o mediodía. Dicían: —"Baal, escóitanos". Mais non se oía voz ningunha nin había resposta. Pero eles seguían brincando arredor do altar que construíran.
27
Polo mediodía, Elías dicíalles con burla: —"Berrade aínda máis, pois, aínda que el é deus, pode estar entretido, de conversa ou de viaxe; tamén pode ser que durma, e que haxa que espertalo".
28
Eles chamábano a berros e facíanse cortaduras con coitelos e lancetas, ata correrlles o sangue, segundo o seu costume.
29
Pasado o mediodía caeron en arroubo, ata a hora da ofrenda. Mais non se oía voz ningunha, nin había resposta nin quen lles fixese caso.
30
Entón Elías díxolle á xente: —"Acercádevos". E achegáronse todos a el. El arranxou o altar que estaba derrubado.
31
Colleu doce pedras, conforme o número das tribos de Xacob, a quen Deus lle dixera que se chamaría Israel;
32
edificou coas pedras un altar en honor do Señor e fíxolle unha gabia arredor, coma de dúas sementeiras.
33
Despois preparou a leña, despezou o becerro e púxoo enriba da leña.
34
E mandou: —"Enchede catro cántaros de auga e botádea por riba do sacrificio e da leña". E engadiu: —"Outra vez!" E eles repetiron. E mandou aínda: "Outra vez!" E eles fixérono por terceira vez.
35
A auga correu arredor do altar e encheu tamén a gabia.
36
Chegada a hora da ofrenda, o profeta Elías achegouse ó altar e rezou: —"Señor, Deus de Abraham, de Isaac e de Israel; que se saiba hoxe que ti es o Deus de Israel e que eu son o teu servo, que fago polo teu mandato estas cousas.
37
Respóndeme, Señor, respóndeme, para que saiba este pobo que ti, Señor, es Deus. E ti converterás os seus corazóns".
38
Nisto caeu un lume do Señor, que consumiu o sacrificio, a leña, as pedras e o po, e secou mesmo a auga da gabia.
39
Cando a xente o viu, prostrouse toda polo chan e exclamou: —"O Señor é o Deus verdadeiro, o Señor é o Deus verdadeiro!"
40
Elías díxolles entón: —"Prendede os profetas de Baal, sen que escape ningún". Eles prendéronos, e Elías fíxoos baixar ó torrente Quixó, onde os matou.
41
Despois diso, Elías díxolle a Acab: —"Vai comer e beber, que xa sinto o estrondo da chuvia".
42
Acab foi comer e beber, mentres Elías rubía o cume do Carmelo. Alí sentouse dobrado cara ó chan, coa cabeza entre os xeonllos.
43
Díxolle ó seu criado: —"Vai e outea cara ó mar". Foi el, outeou e dixo: —"Non se ve nada". El insistiulle: —"Volve, ata sete veces".
44
A sétima vez o servo dixo: —"Érguese sobre o mar unha nube pequena, coma a palma da man". Elías mandoulle: —"Vaille dicir a Acab que enganche o carro e que baixe, se non quere que a chuvia o deteña".
45
Nun intre o ceo cubriuse, estalou a treboada e rompeu a chover a cántaros. Acab ía cara a Iezrael, montado no seu carro.
46
A man do Señor pousouse sobre Elías, que cinguiu o seu cinto e correu diante de Acab, ata a entrada de Iezrael.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22