bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 12
1 Kings 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 13 →
1
Roboam foi a Xequem, pois reuníase alí todo Israel para proclamalo rei.
2
Sóuboo Ieroboam, cando estaba aínda en Exipto, a onde fora fuxindo do rei Salomón,
3
e en canto o mandaron chamar, viñera axiña.
4
Ieroboam e a asemblea toda de Israel presentáronse a Roboam e faláronlle deste xeito: —"Teu pai botou riba de nós un xugo duro de máis. Alixeira agora ti esta rexa servidume que teu pai botou riba de nós, e este xugo tan duro que el nos impuxo, e entón nós servirémoste".
5
El respondeulles: —"Agora ídevos, e volvede onda min ó cabo de tres días". E o pobo retirouse.
6
O rei Roboam consultou entón cos anciáns, que estiveran ó servizo do seu pai Salomón, cando el vivía: —"Que me aconsellades que lle responda a esta xente?"
7
Eles dixéronlle: —"Se hoxe te abaixas con esta xente e te pos ó seu servizo, se te avés con eles e lles dás boas palabras, servirante por toda a vida".
8
Pero el desbotou o consello que lle daban os anciáns, e aconsellouse con xente nova, que medraran con el e que estaban agora ó seu servizo.
9
El preguntoulles: —"Que me aconsellades que responda a esta xente, que veñen pedindo que lles afrouxe o xugo que botou riba deles meu pai?"
10
Os mozos compañeiros respondéronlle: —"O pobo que che di que teu pai lles impuxo un xugo moi duro e que ti llelo alixeires, débeslle dicir isto: o meu dedo maimiño é máis groso có lombo de meu pai.
11
Se meu pai vos impuxo un xugo rexo, eu engadirei dureza a ese xugo. Se meu pai vos zorregou a lombeiradas, eu fareino coa tralla".
12
O terceiro día, conforme o rei lles dixera, presentouse Ieroboam co pobo todo diante de Roboam.
13
O rei faloulles duramente, desatendendo o consello que lle deran os anciáns.
14
Seguindo o consello dos mozos, faloulles nestes termos: —"Se meu pai vos impuxo un xugo rexo, eu engadirei dureza a ese xugo. Se meu pai vos zorregou a lombeiradas, eu fareino coa tralla".
15
O rei non fixo caso dos desexos do pobo, e esa foi a ocasión buscada polo Señor, para que se confirmase a palabra que o Señor tiña dito a Ieroboam, fillo de Nabat, por Ahías de Xiloh.
16
Cando todo Israel se convenceu de que o rei non os atendía, faláronlle deste xeito: —"Que parte temos nós con David? Non temos herdo ningún co fillo de Ixaí. As túas tendas, Israel! E ti, David, goberna agora a túa casa". E os israelitas fóronse todos para as súas casas.
17
Pero Roboam seguiu reinando sobre os israelitas que vivían nas cidades de Xudá.
18
O rei Roboam mandou entón a Adoniram, xefe do recrutamento dos traballadores. Mais os israelitas botáronselle enriba, acantazárono e matárono. O velo, o rei Roboam montou no seu carro a toda présa e fuxiu cara a Xerusalén.
19
Foi dese xeito como Israel se separou da casa de David, ata o día de hoxe.
20
Cando se soubo en Israel que volvera Ieroboam, chamárono á súa asemblea e proclamárono rei de todo Israel. A casa de David non lle quedou tribo ningunha, fóra da tribo de Xudá.
21
Chegado a Xerusalén, Roboam reuniu a casa toda de Xudá e a tribo de Benxamín, cento oitenta mil homes, guerreiros escolleitos, para facer a guerra á casa de Israel e restituír o reino de Roboam, fillo de Salomón.
22
Pero nisto veu esta palabra do Señor a Semaías, home de Deus:
23
—"Dille isto a Roboam, fillo de Salomón, rei de Xudá, á casa toda de Xudá e de Benxamín e ó resto do pobo.
24
Isto di o Señor: non vaiades facer a guerra ós vosos irmáns os israelitas. Que cada un volva para a súa casa, pois isto que pasa é cousa miña". Eles obedeceron a palabra do Señor e, de acordo con ela, foi cada un para a súa casa.
25
Ieroboam fortificou Xequem, na montaña de Efraím, e quedou a vivir alí. Despois saíu de Xequem e fortificou Penuel.
26
Ieroboam pensou nos seus adentros: o reino pode aínda volver á casa de David.
27
Se esta xente segue subindo a Xerusalén, para ofrecer sacrificios na casa do Señor, o seu corazón tornarase para o seu señor Roboam, rei de Xudá. Someteranse ó rei de Xudá e a min mataranme.
28
Despois de aconsellarse, o rei mandou construír dous becerros de ouro, e díxolle ó pobo: —"Acabouse rubir a Xerusalén! Aquí está o teu Deus, Israel, o que te sacou de Exipto".
29
E puxo un becerro en Betel e o outro en Dan.
30
Isto foi causa de pecado, pois a xente ía, uns a Dan e outros a Betel.
31
Ieroboam construíu tamén ermidas nos outeiros e puxo por sacerdotes xentes do pobo, que non pertencían á tribo de Leví.
32
Por parte, instituíu unha festa no día quince do mes oitavo, como a festa que se facía en Xudá, e el mesmo rubiu ó altar que fixera en Betel, para ofrecer sacrificios ós becerros, mandados facer por el. En Betel puxo tamén sacerdotes nas ermidas que el construíra nos outeiros.
33
Rubiu ó altar feito por el en Betel, o día quince do mes oitavo, o mes escollido ó seu gusto. Instituíu para os israelitas esa festa e rubiu ó altar para ofrecer incenso nel.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22