bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 17
1 Kings 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 18 →
1
Elías o texbita, de Tixbé de Galaad, díxolle a Acab: —"Pola vida do Señor, Deus de Israel, a quen sirvo! Non caerá orballo nin chuvia estes anos, se eu non o mando".
2
Despois veulle esta palabra do Señor:
3
—"Vaite de aquí cara ó nacente e escóndete no torrente Carit, que está do outro lado do Xordán.
4
Do regato beberás, e eu mandarei corvos que che leven alí de comer".
5
Elías fixo o que lle mandaba o Señor, o foi vivir onda o torrente Carit, do outro lado do Xordán.
6
Os corvos levábanlle alí pan pola mañá e carne pola tarde. E bebía do regato.
7
A volta duns poucos días, o regato secou, porque non chovía na rexión.
8
O Señor díxolle a Elías:
9
—"Vai a Sarepta de Sidón e fica alí, pois mandeille a unha viúva do lugar que che dea de comer".
10
Foi el á Sarepta e, ó entrar pola porta da cidade, viu alí unha muller viúva, que estaba xuntando guizos. Elías chamou por ela e díxolle: —"Fai o favor e vaime por unha pouca auga na xerra para beber".
11
Mentres ía ela collerlla, Elías chamouna e díxolle: —"Tráeme tamén, se podes, na túa man un anaco de pan".
12
Ela díxolle: —"Pola vida do Señor, teu Deus, que non teño pan ningún. Quédame só na talla unha presa de fariña e unha pinga de aceite na aceiteira. Ves que estou apañando guizos. Irei preparalo para min e para o meu fillo. Comerémolo e despois teremos que morrer".
13
Díxolle Elías o texbita: —"Non teñas medo. Anda e fai como dixeches. Pero primeiro prepara un panciño con iso e tráemo a min. Despois xa prepararás para ti e para teu fillo.
14
Pois isto di o Señor, Deus de Israel: a talla de fariña non se acabará e a aceiteira do aceite non minguará, ata o día en que o Señor mande a chuvia á terra".
15
Foi ela facer o que Elías lle dixera. E comeu el, ela e seu fillo, moito tempo,
16
sen que se acabase a fariña da talla nin minguará o aceite na aceiteira, como dixera o Señor por medio de Elías.
17
Algún tempo despois adoeceu o fillo da muller, dona da casa. A doenza foi tan grave, que o neno deixou de alentar.
18
A muller díxolle a Elías: —"Que temos que ver un con outro, home de Deus? Viñeches á miña casa para lembrarme os meus pecados e para matarme o fillo?"
19
Respondeulle Elías: —"Dáme aquí o teu fillo". E coa mesma, colleullo do colo, rubiuno ó cuarto onde el durmía e deitouno na cama.
20
E rezoulle ó Señor, dicindo: —"Señor, meu Deus, tamén vas visitar coa desgraza a esta viúva coa que vivo, facendo que morra seu fillo?"
21
Logo tendeuse riba do neno por tres veces, chamando ó Señor: —"Señor, meu Deus, fai que o alento de vida deste neno entre nel outra vez".
22
O Señor escoitou a oración de Elías, e o neno comezou a alentar e reviviu.
23
Elías colleu o neno, baixouno do seu cuarto e deullo á nai, dicindo: —"Aí tes o teu fillo vivo".
24
A muller díxolle a Elías: —"Agora acabo de ver que ti es un home de Deus, e que a palabra do Señor está de verdade na túa boca".
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22