bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 21
1 Kings 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 22 →
1
Nabot de Iezrael tiña unha viña pegada ó pazo de Acab, rei de Samaría.
2
Acab propúxolle a Nabot: —"Cédeme a túa viña, para facer un horto nela, pois está ó lado do meu pazo. Eu dareiche, en troques, unha viña mellor ou, se prefires, pagareicha polo que valla".
3
Nabot respondeulle a Acab: —"Deus me libre de cederche o que é herdo de meus pais".
4
Acab marchou para casa triste e anoxado, polo que lle dixera Nabot de Iezrael: —"Non che cederei o herdo de meus pais". Botouse na cama, volto cara á parede, e non quixo comer.
5
Entrou onda el Iezabel, a súa muller, e preguntoulle: —"Por que estás triste e non queres comer?"
6
E el contoulle a proposta que lle fixera a Nabot de Iezrael: —"Cédeme a túa viña por diñeiro ou, se o prefires, dareiche por ela outra mellor"; e como el lle respondera: —"Non che cederei a miña viña".
7
A isto díxolle Iezabel, á súa muller: —"Seica non es ti quen manda en Israel? Érguete e come. Sentiraste mellor. Eu conseguireiche a viña de Nabot de Iezrael".
8
Escribiu cartas no nome de Acab, selounas co selo real e mandóullelas ós anciáns e nobres da cidade, veciños de Nabot.
9
Nesas cartas dicíalles: —"Pregoade un xaxún e poñede a Nabot á cabeza do pobo.
10
Sentade dous homes ruíns do outro lado, que testemuñen en contra del: ti maldiciches a Deus e ó rei. Que entón o saquen para fóra e que o acantacen, ata que morra".
11
Os homes da cidade, os anciáns e os nobres, veciños de Nabot, fixeron como lles dicía Iezabel, conforme o escrito nas cartas que ela lles mandara.
12
Pregoaron un xaxún e sentaron a Nabot á cabeza do pobo.
13
Viñeron despois dous homes, sentaron enfronte del e testemuñaron contra Nabot, á vista do pobo todo: —"Nabot maldiciu a Deus e ó rei". Sacárono fóra da cidade, acantazárono e morreu.
14
Entón mandáronlle dicir a Iezabel: —"Nabot foi acantazado e morreu".
15
Cando viu Iezabel que Nabot fora acantazado e que morrera, foille dicir a Acab: —"Anda, vai tomar posesión da viña de Nabot de Iezrael. Non cha quixo vender, pero Nabot xa non vive, está morto".
16
Cando Acab soubo que morrera Nabot de Iezrael, foi de contado á sua viña, para tomar posesión.
17
Entón chegou esta palabra do Señor a Elías, o texbita:
18
—"Érguete e baixa ó encontro de Acab, rei de Israel en Samaría. Está agora mesmo na viña de Nabot, onde baixou para tomar posesión dela.
19
Diraslle: isto di o Señor: Mataches e agora roubas? Dille: isto di o Señor: no mesmo sitio onde os cans lamberon o sangue de Nabot, lamberán tamén o teu".
20
Acab díxolle a Elías: —"Descubríchesme, meu inimigo". El respondeulle: —"Descubrinte. Xa que te vendiches, facendo o mal ós ollos do Señor,
21
Aquí veño eu para traer desgrazas contra ti. Varrerei a túa liñaxe, exterminareille a Acab en Israel todo varón, o mesmo escravo ca libre.
22
Farei coa túa familia coma coa de Ieroboam, fillo de Nabat, e a de Baxá, fillo de Ahías, polo moito que me anoxaches e porque fixeches pecar a Israel.
23
Tamén contra Iezabel dixo o Señor: os cans devorarán a Iezabel no agro de Iezrael.
24
Os de Acab que morran na cidade, devoraranos os cans, e os que morran no campo, comeranos os paxaros do ceo".
25
En verdade, non houbo ninguén que se vendese coma Acab, facendo o mal ós ollos do Señor, provocado por Iezabel, a súa muller.
26
Fixo cousas abominables, indo detrás dos ídolos. Asemellouse ós amorreos que o Señor expulsara diante dos israelitas.
27
Cando Acab oíu estas palabras, rachou as súas vestiduras vestiuse de saco e xaxuou.
28
Entón chegoulle esta palabra do Señor a Elías, texbita:
29
—"Viches como se humillou Acab diante de min? Por esta humildade, non traerei a desgraza nos seus días; traereina sobre a súa familia, nos días de seu fillo".
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 22 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22