bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 19
1 Kings 19
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 20 →
1
Acab contoulle a Iezabel o que Elías fixera e como pasara a todos os profetas polo gume da espada.
2
Ela mandou entón un mensaxeiro, que lle fose dicir a Elías: —"Que os deuses me traten do peor, se mañá destas horas non teño feito contigo o que fixeches ti con eles".
3
Elías tivo medo e fuxiu, buscando salvar a súa vida. Chegado á Beerxeba de Xudá, deixou alí a seu criado.
4
El seguiu polo deserto, un día de camiño. Alí foi sentar debaixo dunha xesta, e pediu a morte, dicindo: —"Xa chega, Señor. Quítame a vida, pois non vallo eu máis cós meus pais".
5
Deitouse á sombra da xesta e durmiuse. Un anxo tocouno e díxolle: —"Érguete e come".
6
Mirou Elías e viu á súa cabeceira unha bica cocida no rescaldo e un xerro de auga. Comeu e bebeu daquilo e volveuse deitar.
7
Tornou de segundas o anxo do Señor e tocouno, dicíndolle: —"Érguete e come, que che queda moito camiño".
8
Ergueuse Elías, comeu e bebeu e, coa forza daquel sustento, andou corenta días coas súas noites, ata o monte de Deus, o Horeb.
9
Alí meteuse nunha cova e pasou nela a noite. Chegoulle a palabra do Señor, que lle preguntou: —"Que fas aí, Elías?"
10
El respondeu: —"Ardo en celos polo Señor, Deus dos exércitos, porque os israelitas abandonaron a túa alianza, derrubaron os teus altares e mataron polo fío da espada os teus profetas. Quedo soamente eu, e búscanme para matarme".
11
Díxolle o Señor: —"Sae de aí e fica de pé no monte, diante do Señor. Porque o Señor vai pasar". Nisto veu un rexo furacán, que fendía os montes e cuarteaba os penedos diante do Señor. Mais non estaba o Señor no furacán. Despois do furacán houbo un tremor de terra; mais tampouco no tremor de terra estaba o Señor.
12
Despois do tremor de terra veu un gran lume; mais non estaba no lume o Señor. Despois do lume oíuse o murmurio dunha airexadiña suave.
13
En canto Elías o sentiu, tapou a cara co manto, saíu fóra e ficou en pé, na entrada da cova. Niso chegou unha voz que preguntaba: —"Que fas aí, Elías?"
14
El respondeu: —"Ardo en celos polo Señor, Deus dos exércitos, porque os israelitas abandonaron a túa alianza, derrubaron os teus altares e mataron por fío de espada os teus profetas. Quedo soamente eu, e búscanme para matarme".
15
O Señor díxolle a Elías: —"Vai e desanda o camiño cara ó deserto de Damasco. En chegando alí, unxe por rei de Aram a Hazael,
16
e a Iehú, fillo de Nimxí, por rei de Israel; e a Eliseo, fillo de Xafat, de Abel Meholah, por profeta, teu sucesor.
17
O que escape da espada de Hazael, matarao Iehú, e ó que escape da espada de Iehú, matarao Eliseo.
18
Pero deixarei en Israel un resto de sete mil homes, os que non dobraron os xeonllos diante de Baal e que non o bicaron cos seus beizos".
19
Elías marchou de alí e encontrouse con Eliseo, fillo de Xafat, que araba con doce xuntas, levando el a derradeira. Elías pasou a carón del e botoulle enriba o seu manto.
20
Eliseo deixou os bois e foi correndo atrás de Elías. E díxolle: —"Déixame despedirme de meu pai e de miña nai, e logo ireime contigo". El respondeulle: —"Vai, pero volve logo, pois xa ves o que fixen contigo".
21
Ao dar a volta, Eliseo colleu a xunta de bois e ofreceunos en sacrificio. Cos apeiros de arar coceu a carne e deulle á xente de comer. Despois foise con Elías e quedou ó seu servizo.
← Chapter 18
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 20 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22