bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
1 Kings 15
1 Kings 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 16 →
1
Abías empezou a reinar en Xudá o ano dezaoito do reinado de Ieroboam, fillo de Nabat.
2
Reinou tres anos en Xerusalén. Súa nai chamábase Macah, filla de Abxalom.
3
Cometeu os mesmos pecados que cometera xa seu pai. O seu corazón non estivo enteiro co Señor, coma o de David, seu pai.
4
Pero, por amor a David, concedeulle o Señor, seu Deus, unha lámpada en Xerusalén aínda en pé.
5
En verdade, David fixera o que é xusto ós ollos do Señor e non se afastara dos seus mandamentos en toda a súa vida, fóra do caso de Urías o hitita.
6
Abías e Ieroboam estiveron en guerra todo o tempo.
7
O resto da historia de Abías, todo o que fixo, non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá? Tamén sobre as guerras que houbo entre Abías e Ieroboam.
8
Abías durmiu con seus pais, e enterrárono na cidade de David. Sucedeulle no trono seu fillo Asá.
9
Asá empezou a reinar en Xudá no ano vinte do reinado de Ieroboam en Israel.
10
Reinou corenta anos en Xerusalén. Súa avoa chamábase Macah, filla de Abxalom.
11
Asá fixo o que é xusto ós ollos do Señor, coma David, seu pai.
12
Botou fóra do país a prostitución consagrada e desbotou todos os ídolos que fixeran seus pais.
13
Tamén retirou o título de raíña—nai á súa avoa Macah porque fixera unha imaxe de Axtarté. Asá derrubou a imaxe e queimouna no torrente Cedrón.
14
Mesmo se non fixo desaparecer os altares dos outeiros, o corazón de Asá estivo enteiro co Señor, toda a súa vida.
15
Levou ó templo do Señor as ofrendas sagradas de seu pai e as súas propias, prata, ouro e xoias.
16
Asá e Baxá, rei de Israel, estiveron en guerra todo o tempo.
17
Baxá, rei de Israel, marchou contra Xudá e fortificou Ramah, para cortarlle o paso a Asá, rei de Xudá.
18
Daquela, Asá botou man da prata e do ouro que quedaban nos tesouros do templo do Señor e do pazo real, entregóullelos ós seus servidores e mandou que llos levasen a Benhadad, fillo de Tabrimón, de Hezión, rei de Aram, que residía en Damasco, con esta mensaxe:
19
—"Fagamos un pacto entre nós, coma o que houbo entre os nosos pais. Aí che mando ese regalo de prata e de ouro. Creba o pacto que tes con Baxá, rei de Israel, e que se afaste do meu territorio".
20
Benhadad mostrouse de acordo coa petición do rei Asá, e mandou os seus xenerais contra algunhas cidades de Israel. Apoderouse de Iión, Dan, Abel—Bet—Macah, a rexión de Kinéret e o territorio de Naftalí.
21
Cando Baxá soubo isto, deixou de reconstruír Ramah e volveuse para Tirsah.
22
Entón o rei Asá convocou a todo Xudá, e levaron de Ramah as pedras e as madeiras, coas que Baxá a fortificaba. O rei Asá fortificou con elas Gueba de Benxamín e Mispah.
23
O resto da historia de Asá, as súas proezas, os seus feitos e as cidades que fortificou, non está todo escrito no Libro das Crónicas dos reis de Xudá? De vello adoeceu dos pés.
24
Asá durmiu con seus pais, e enterrárono na cidade de David. Sucedeulle no trono o seu fillo Ioxafat.
25
Nadab, fillo de Ieroboam, empezou a reinar en Israel no ano segundo do reinado de Asá en Xudá. Reinou dous anos en Israel.
26
Fixo o mal ós ollos do Señor. Foi polo mesmo camiño ca seu pai e cometeu o pecado que aquel fixera cometer a Israel.
27
Baxá, fillo de Ahías, da tribo de Isacar, conspirou contra el e matouno en Guibetón, territorio dos filisteos, cando Nadab e todo Israel estaban cercando a cidade.
28
Baxá matouno no ano terceiro do reinado de Asá en Xudá, e sucedeulle no trono.
29
O primeiro que fixo Baxá como rei foi matar a familia de Ieroboam, sen deixarlle con vida unha soa persoa. Exterminouna toda, conforme a palabra que dixera no nome do Señor o seu servo Ahías de Xiloh,
30
por culpa dos pecados que cometera Ieroboam e dos que fixera cometer a Israel, provocando o noxo do Señor, Deus de Israel.
31
O resto da historia de Nadab e todo o que fixo non está escrito no Libro das Crónicas dos reis de Israel?
32
Asá e Baxá, rei de Israel, estiveron en guerra todo o tempo.
33
No ano terceiro de Asá, rei de Xudá, empezou a reinar Baxá, fillo de Ahías, sobre todo Israel. Reinou vinte e catro anos.
34
Fixo o mal ós ollos do Señor. Foi polo mesmo camiño ca Ieroboam e cometeu o pecado que el fixera cometer a Israel.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 22
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22