bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 10
Judges 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 11 →
1
E despois de Abimélec ergueuse para salvar a Israel Tolá, fillo de Puah, fillo de Dodó, un home de Isacar; e habitou en Xamir, na serra de Efraím.
2
Xulgou a Israel durante vintetrés anos. E morreu e foi sepultado en Xamir.
3
Despois del, ergueuse Iair, galaadita, quen xulgou a Israel durante vintedous anos.
4
E tiña trinta fillos, que cabalgaban sobre trinta asnos e que eran os donos de trinta cidades, nomeadas ata o día de hoxe Havot—Iair, na terra de Galaad.
5
E morreu Iair e foi sepultado en Camón.
6
E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor e serviron ós baales e ás axtartés e ós deuses de Siria, ós deuses de Sidón, ós deuses de Moab, ós deuses dos fillos de Amón, e ós deuses dos filisteos; e abandonaron ó Señor e xa non o serviron.
7
E acendeuse a ira do Señor contra Israel e entregounos nas mans dos filisteos e nas mans dos fillos de Amón,
8
que atribularon e oprimiron durante dezaoito anos a todos os fillos de Israel da outra banda do Xordán, na terra dos amorreos, que está en Galaad.
9
E pasaron os fillos de Amón o Xordán, para loitaren tamén contra Xudá, contra Benxamín e contra a casa de Efraím, e angustiaron abondo a Israel.
10
E clamaron os fillos de Israel ó Señor, dicindo: —"Pecamos contra ti, porque abandonamos o noso Deus e servimos os baales".
11
E dixo o Señor ós fillos de Israel: —"Cando os de Exipto, e os amorreos, os fillos de Amón e os filisteos,
12
os sidonios, os amalecitas e os madianitas vos oprimiron e clamastes por min, logo non vos salvei eu das súas mans?
13
Pero vós abandonástesme e servistes outros deuses. Así que non volverei a salvarvos mais.
14
Ide e clamade polos deuses que escollestes: que vos salven eles no tempo de vosa anguria".
15
E dixeron os fillos de Israel ó Señor: —"Pecamos. Podes facer connosco o que mellor che pareza. Soamente che pregamos, por favor, que nos salves neste día".
16
E retiraron os deuses alleos do medio deles, e serviron ó Señor, que non puido aturar máis os sufrimentos de Israel.
17
E concentráronse os fillos de Amón e acamparon en Guilgal; e xuntáronse tamén os fillos de Israel e acamparon en Mispah.
18
E o pobo e os príncipes de Galaad dixeron cada un ó seu compañeiro: —"Quen será o home que comece a loitar contra os fillos de Amón? El será o xefe de todos os veciños de Galaad".
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21