bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 3
Judges 3
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 4 →
1
E foron estas as nacións xentís que deixou o Señor para probar por medio delas a Israel —a cantos non coñeceran todas as guerras de Canaán
2
(soamente para aprendizaxe das xeracións dos fillos de Israel, para ensinarlles a facer a guerra, polo menos ós que non a coñecían antes):
3
cinco príncipes dos filisteos, e todos os cananeos, os sidonios e mais os hititas (que habitaban na montaña do Líbano, desde o monte Baal—Hermón ata Lebo—Hamat).
4
E foron para probar por eles a Israel, por ver se escoitaban os mandatos que o Señor mandara a seus pais por medio de Moisés.
5
E os fillos de Israel habitaron entre os cananeos, os hititas, os amorreos, os perizitas, os hivitas e mais os iebuseos.
6
E colleron por esposas ás fillas deles, e déronlles as súas fillas ós fillos deles, e serviron ós seus deuses.
7
E os fillos de Israel fixeron o mal diante do Señor, e esqueceron a Iavé, o seu Deus, e serviron ós baales e ás axtartés.
8
E alporizouse a ira de Iavé contra Israel, e entregounos nas mans de Cuxán—Rixa—taim, rei de Aram—Naharaim, e serviron os fillos de Israel a Cuxán—Rixataim durante oito anos.
9
E berraron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor fixo xurdir un libertador para os fillos de Israel, que os salvase: Otoniel, o fillo de Quenaz (o irmán máis novo de Caleb).
10
E entrou nel o Espírito do Señor, e xulgou a Israel, e saíu á loita, e puxo o Señor nas súas máns a Cuxán—Rixataim, rei de Aram, de xeito que prevaleceu el sobre Cuxán—Rixataim,
11
e o país quedou tranquilo durante corenta anos. E morreu Otoniel, fillo de Quenaz.
12
E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor, e enforteceu Iavé a Eglón, rei de Moab, contra Israel, porque fixeron o mal diante do Señor.
13
E axuntáronselle os fillos de Amón e de Amalec, e foi el e venceu a Israel, e apoderouse da Vila das Palmeiras,
14
e os fillos de Israel serviron a Eglón, rei de Moab, durante dezaoito anos.
15
E clamaron os fillos de Israel ó Señor, e o Señor suscitoulles un salvador: Ehud, fillo de Guerá, benxaminita, home zurdo, e os fillos de Israel mandaron por el un agasallo a Eglón, rei de Moab.
16
E fíxose Ehud cunha faca de dobre gume, dun palmo de longa, e cinguiuna por debaixo do seu vestido, sobre o lado dereito.
17
E levoulle o agasallo a Eglón, rei de Moab (e Eglón era un home moi groso).
18
E, cando xa rematara de entregarlle o obsequio, deixou ir á xente que llo levara,
19
e el volveuse desde as estelas de pedra que están a carón de Guilgal, e exclamou: —"Teño un segredo para ti, oh rei". E el dixo: —"Cala!" E saíron de alí todos os que estaban con el.
20
E Ehud achegouse a el, que repousaba na súa sala privada de acougo, a de arriba, e dixo Ehud: —"Chegoume unha palabra de Deus para ti". Daquela o rei ergueuse do asento.
21
E alongou Ehud a súa zurda, e colleu a faca de sobre o lado dereito, e chantoulla no ventre;
22
e entrou tamén a empuñadura detrás da folla, e a graxa entupiu o sitio detrás da folla, e xa non sacou do ventre a faca, que lle saíu por detrás.
23
E saíu Ehud ó corredor, e xuntou as portas da sala de arriba, e pechou.
24
Cando xa el estaba fóra, chegaron os servos do rei, e viron que as portas da sala de arriba estaban pechadas e dixeron: —"Quizais estea facendo as súas necesidades no cuarto de baño da sala de acougo".
25
E fartáronse de esperar sen que el abrise as portas da sala de arriba. O cabo colleron a chave e abriron; velaquí que o seu señor estaba chimpado por terra, morto.
26
E liscou Ehud, namentres eles agardaban, e pasou as estelas de pedra, e fuxiu ata Seirah.
27
E cando chegou, tocou a trompeta na serra de Efraím, e baixaron canda el da montaña os fillos de Israel, e el ía diante deles.
28
E díxolles: —"Seguídeme, pois o Señor puxo os vosos inimigos —os moabitas— nas vosas mans". E baixaron detrás del e tomaron os baixíos do Xordán que están no camiño de Moab, e non deixaron pasar a ninguén.
29
E abateron a Moab naquel entón —a dez mil homes forzudos e valentes—, e non liscou ningún.
30
No día aquel Moab quedou sometido a Israel, pola man de Israel, e o país viviu tranquilo durante oitenta anos.
31
E despois del foi Xamgar, o fillo de Anat, e abateu os filisteos seiscentos homes, cunha queixada dun boi, salvando tamén el a Israel.
← Chapter 2
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 4 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21