bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 16
Judges 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 17 →
1
E foi Sansón a Gaza e viu alí unha muller prostituta, e achegouse a ela.
2
E déuselles a noticia ós gazatitas, dicindo: —"Anda por aquí Sansón". E fixéronlle un cerco e axexárono toda a noite á porta da vila, agardando toda a noite, cavilando: —"ó chegar a luz da mañá, matarémolo".
3
E Sansón durmiu ata a media noite, ergueuse a media noite, agarrou as follas da porta da cidade, cos dous esteos, e arrincounas coa tranca, e púxoas enriba dos ombros, e subiunas ó cume do monte que está por riba de Hebrón.
4
E despois disto namorouse dunha muller, no val de Sorec, que se chamaba Dalilah.
5
E subiron onda ela os príncipes dos filisteos e dixéronlle: —"Sedúceo e pescuda de onde lle ven a súa forza e de que xeito lle poderemos, para amarralo e sometelo. Daquela darémosche cada un de nós mil cen siclos de prata".
6
E dixo Dalilah a Sansón: —"Móstrame de onde che vén a túa gran forza, e con que terías que ser amarrado para domearte".
7
E respondeu Sansón: —Se me amarrasen con sete nervios tenros —que non secasen aínda—, amolecería e sería coma un dos outros homes".
8
E leváronlle a ela os príncipes dos filisteos sete nervios tenros —que non secaran aínda—, e ela amarrouno con eles.
9
Había xente á espreita no seu cuarto e berroulle ela a el: —"Os filisteos vanche ó lombo, Sansón!" Entón el desfixo os nervios como se desfai un fío de estopa cando se lle achega o lume e non se descubriu o segredo da súa forza.
10
E díxolle Dalilah a Sansón: —"Velaquí que te mofaches de min e me contaches mentiras. Agora, anda móstrame con que habería que amarrarte".
11
Respondeulle el: —"Se amarrar me amarrades con cordas novas, coas que non se fixo ningún traballo, amolecerei e serei coma un dos outros homes".
12
E colleu Dalilah cordas novas, e amarrouno con elas, e gritoulle: —"Os filisteos vanche ó lombo, Sansón" (e había xente á espreita no cuarto dela). E el crebounas sobre os brazos, coma se fosen de fío.
13
E dixo Dalilah a Sansón: —"Ata agora me enganaches e contaches mentiras. Anda, móstrame con que terán que amarrarte". E respondeulle: —"Se teces os sete guedellos da miña cabeza con lizo e os fixas cos paus, amolecerei e serei coma un dos outros homes".
14
E ela adormeceuno, teceu os sete guedellos da súa cabeza co lizo e fixounos cos paus, e berrou: —"Os filisteos vanche ó lombo, Sansón!" Pero el espertando do sono, arrincou os fungueiros do tear e mais a urdido.
15
E díxolle ela: —"Como dis quérote, cando o teu corazón non está comigo? Van tres veces que me enganas, e non me mostras de onde che vén a túa gran forza".
16
E, como ela se poñía pesada coas súas queixas de todos os días e o atormentaba, ata chegar a ter anguria de morte o seu espírito,
17
entón el mostroulle todo o seu corazón, dicíndolle: —"Nunca subiu a navalla pola miña cabeza, pois son nazir de Deus desde o ventre da miña nai. Se fose rapado, arredaría de min a miña forza, e esmorecería, e sería coma un dos outros homes".
18
E viu Dalilah que lle abrira todo o seu corazón, e mandou chamar ós príncipes dos filisteos, dicindo: —"Subide, pois desta vez abriume todo o seu corazón". E subiron onda ela os príncipes dos filisteos, e levaron con eles a prata.
19
E adormeceuno á calor dela, e avisou a un dos homes, que lle cortou os sete guedellos da súa cabeza. Entón comezou a enfraquecer, ata perder a forza que tiña.
20
Ela berroulle: —"Os filisteos vanche ó lombo, Sansón!" Entón el espertou do sono e dixo: —"Sairei como as outras veces, e ceibareime" (sen saber que o Señor se arredara del).
21
E apreixárono os filisteos e sacáronlle os ollos, fixérono baixar a Gaza e amarrárono con cadeas e puxérono a moer no cárcere.
22
(Agora ben, o cabelo da súa cabeza comezou a medrar desde que fora rapado).
23
E os príncipes dos filisteos xuntáronse para ofreceren un gran sacrificio a Dagón, o seu deus, e para faceren festa. E dicían: —"O noso deus púxonos nas mans a Sansón, o noso inimigo".
24
E, ó velo o pobo, loaron ó seu deus, pois dicían: —"O noso deus púxonos nas mans ó noso inimigo, o que devastaba o noso país e multiplicaba os nosos mortos".
25
E, cando o corazón deles estaba contento, dixeron: —"Chamade a Sansón e que nos divirta". E chamaron a Sansón da cadea, e estivo diante deles facéndoos rir. Despois situárono entre as columnas.
26
E dixo Sansón ó rapaz que o levaba da man: —"Sóltame e déixame encostar nas columnas que sosteñen o edificio, para que descanse sobre elas".
27
(O edificio estaba cheo de homes e mulleres, e estaban alí todos os príncipes dos filisteos; na terraza había uns tres mil homes e mulleres presenciando os xogos de Sansón).
28
E clamou Sansón polo Señor deste xeito: —"Meu Señor Iavé, lémbrate de min, prégocho, e fortaléceme soamente por esta vez, oh Deus, de xeito que me vingue dos filisteos polos meus dous ollos".
29
E apalpou Sansón as dúas columnas do medio, nas que se apoiaba o edificio, e fixo forza sobre elas, nunha coa man dereita, e na outra coa esquerda.
30
E dixo Sansón: —"Morra eu cos filisteos!" E turrou con forza e caeu o edificio enriba dos príncipes e de todo o pobo que había nel. E así foron máis os que matou ó morrer dos que matara en vida.
31
E baixaron seus irmáns e toda a casa de seu pai, recollérono e subiron; sepultárono entre Sorah e Extaol, na sepultura de Manóah, seu pai. Sansón fora xuíz en Israel durante vinte anos.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 17 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21