bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 15
Judges 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 16 →
1
Pasado algún tempo, polos días da ceifa do trigo, foi Sansón visitar a súa muller, levando consigo un cabrito, e dixo: —"Voume acaroar á miña muller no seu cuarto". Pero o pai dela non lle consentiu entrar
2
e dixo: —"Cheguei ó convencemento de que lle colleras odio e deilla ó teu amigo. Oes!, e logo súa irmá a máis nova non está mellor ca ela? Cóllea para ti no sitio da outra!"
3
E dixo Sansón: —"Desta vez quedarei por inocente verbo dos filisteos, aínda que lles faga mal".
4
E foi Sansón e pillou trescentas raposas, e, collendo uns fachos, amarrou os rabos daquelas e puxo un facho no medio de cada dous rabos.
5
E prendeu lume nos fachos e guindou as raposas contra os cereais dos filisteos, de xeito que queimou desde os palleiros ata as colleitas, e mesmo as vides e as oliveiras.
6
E preguntaron os filisteos: —"Quen fixo isto?" E responderon: —"Sansón, o xenro do timnita, porque este colleu a muller del e deulla a un amigo". Entón subiron os filisteos e prendéronlle lume a ela e mais a seu pai.
7
E díxolles Sansón: —"Xa que fixestes dese xeito non hei parar ata que me vingue de vós".
8
E mallou neles, por riba e por baixo, e fixo un grande estrago. Despois baixou e foise meter nunha fenda da Rocha de Etam.
9
E subiron os filisteos e acamparon en Xudá e avanzaron ata Lehí.
10
E dixeron os homes de Xudá: —"Por que subistes contra nós?" E responderon eles: —"Subimos para prender a Sansón e facer con el o mesmo que el fixo connosco".
11
E baixaron tres mil homes de Xudá á fenda da Rocha de Etam, e dixeron a Sansón: —"E logo ti non sabes que os filisteos domean sobre nós? Como entón nos fixeches isto?" E respondeu el: —"Segundo me fixeron eles, así lles fixen eu.
12
Daquela dixéronlle: —"Baixamos para prenderte e entregarte nas mans dos filisteos". E díxolles Sansón: —"Xurádeme que non me mataredes vós mesmos".
13
E responderon eles: —"Non, senón que te amarraremos e te entregaremos nas mans deles; pero matar, non te mataremos". E amarrárono con dúas cordas novas e subírono da Rocha.
14
Cando chegou a Lehí, os filisteos foron engadados ó seu encontro; pero entrou nel o espírito de Iavé e, daquela, as cordas que levaba sobre os seus brazos foron para el coma fíos de liño cando lles prenden lume, e as correas das mans ceibáronse.
15
E atopou unha queixada de burro fresca, e, alongando a man, colleuna e escangallou con ela a mil homes.
16
E dixo Sansón: —"Coa queixada dun burro, un burro, dous burros, coa queixada dun burro, arreeilles a mil homes".
17
E, cando rematou de falar, soltou a queixada da súa man, e chamou a aquel lugar Ramat—Lehí.
18
E tivo sede de abondo, e clamou polo Señor, dicindo: —"Ti puxeches nas mans do teu servo esta gran vitoria. E agora vou morrer de sede, e caer nas mans dos incircuncisos?"
19
Entón Deus fendeu unha pía que había en Lehí e deitou auga dela. E bebeu, recuperou o seu ánimo, e xa alentou. Daquela púxolle de nome á fonte En—Hacoré (e existe en Lehí ata o día de hoxe).
20
E Sansón xulgou a Israel en tempos dos filisteos durante vinte anos.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21