bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 14
Judges 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 15 →
1
E baixou Sansón a Tímnah e viu en Tímnah unha muller das fillas dos filisteos;
2
e subiu e contóullelo a seu pai e a súa nai deste xeito: —"Vin en Tímnah unha muller das fillas dos filisteos; pedídema para min e que sexa miña muller".
3
E dixéronlle seu pai e mais a sua nai: —"E logo non terás entre as fillas de teus irmáns e entre todo o teu pobo unha muller para que vaias escoller esposa entre os incircuncisos filisteos?" E respondeu Sansón a seu pai: —"Pedídeme esa para min, pois é ela a que me gusta".
4
(Seu pai e mais súa nai ignoraban que iso viña de Deus, que buscaba un motivo contra os filisteos, pois naquel tempo os filisteos dominaban en Israel).
5
E baixou Sansón con seu pai e súa nai a Tímnah e chegaron ata as viñas de Tímnah e velaquí que unha cría de león saíu ruxindo ó seu encontro.
6
Daquela entrou nel o espírito de Iavé, e esgazouno coma se esgaza un cabrito, e iso sen ter cousa na man; e non lle contou a seu pai nin a súa nai o que fixera.
7
E baixou e faloulle á muller; e ela gustoulle a Sansón.
8
E volveu despois dalgún tempo, para casar con ela, e apartou para ver o cadáver do león, e velaquí que había no corpo do león un enxame de abellas, e mais mel.
9
E raspiñou daquilo para a palma da man e foi andando mentres comía, e, en chegando onda seu pai e súa nai, deulles a eles, e comeron; pero ocultoulles que raspiñara o mel do corpo do león.
10
E baixou seu pai onda a muller e fixo alí Sansón unha festa, como adoitan os mozos.
11
E aconteceu que, cando o viron, colleron trinta compañeiros que estivesen con el.
12
E díxolles Sansón: —"Deixádeme propoñervos unha adiviña. Se ma desvelades nos sete días da festa e acertades, dareivos trinta pezas de liño e trinta mudas de vestidos.
13
Claro que, se non sodes homes a desvelarma, darédesme vós a min trinta pezas de liño e trinta mudas de vestidos". E dixéronlle: —"Propón a túa adiviña, que a escoitamos".
14
E díxolles: —"Do que come saíu o que se come; e do forte saíu a dozura" E non puideron desvelar a adiviñanza nos tres primeiros días.
15
Mais no sétimo día, dixéronlle á muller de Sansón: —"Persuade a teu home de que nos desvele a adiviña; se non prenderémosche lume a ti e á casa de teu pai. Ou é que nos chamaches para nos espoliares? E logo non?"
16
E a muller de Sansón botou a chorar diante del e dixo: —"Ti soamente me tes odio, non me queres: puxécheslles unha adiviña ós fillos do meu pobo, e a min non ma desvelaches". E respondeulle el: —"Velaquí que nin a meu pai nin a miña nai llela desvelei, e heicha de desvelar a ti?"
17
E ela chorou diante del os sete días que durou a festa. E aconteceu que no día sétimo lla desvelou, porque se poñía pesada, e entón ela desvelóullela ós fillos do seu pobo.
18
E dixéronlle os homes da vila no sétimo día antes da posta do sol: —"Que mais doce có mel? E que máis forte có león?" E respondeulles: —"Se non fósedes arar coa miña xovenca, tampouco dariades descuberto a miña adiviña".
19
E entrou nel o espírito de Iavé e baixou a Axquelón, e matou a trinta deles, e colleulles los seus vestidos para os que desvelaran a adiviña. E alporizouse e subiu á casa de seu pai.
20
E a muller de Sansón foi para un seu compañeiro, o que fixera de amigo do noivo.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21