bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 21
Judges 21
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
1
Os homes de Israel fixeran en Mispah este xuramento: —"Ninguén de nós dará a súa filla como esposa a un de Benxamín".
2
Chegou o pobo a Betel e estivo alí ata o serán diante de Deus. E deron laídos e prorromperon en gran choro;
3
e dixeron: —"Por que, Iavé, Deus de Israel, aconteceu isto contra Israel, que lle falte hoxe a Israel unha tribo?"
4
O día seguinte madrugou o pobo e construíron alí un altar e ofreceron holocaustos e vítimas pacíficas.
5
E dixeron os fillos de Israel: —"Quen hai de entre todas as tribos, que non subira para a asemblea onda Iavé?" (Pois fixérase un xuramento solemne verbo de quen non subise onda Iavé a Mispah: que de certo había de morrer).
6
E, doídos os fillos de Israel polos de Benxamín, seus irmáns, dixeron: —"Hoxe foi arrincada de Israel unha tribo.
7
Que faremos con eles —cos restantes— para procurarlles casamento? (pois nós xuramos polo Señor non lles dar as nosas fillas por esposas)".
8
E dixeron: —"Quen hai de entre as tribos de Israel que non subise onda Iavé, a Mispah?" Velaquí que non houbo un de Iabex—Galaad que entrase no campamento para a asemblea.
9
(Pois fora contado o pobo e acontecía que non había alí ningún dos veciños de Iabex—Galaad).
10
E mandou alá a asemblea doce mil homes guerreiros, ós que lles deron esta encomenda: —"Ide e pasade polo gume da espada ós veciños de Iabex—Galaad, incluídas as mulleres e mais os nenos.
11
E isto é o que habedes de facer: poredes en entredito a todo home e mais a toda muller que entendera de deitarse con homes".
12
E atoparon entre os veciños de Iabex—Galaad catrocentas rapazas virxes, que non tiveran experiencia de se deitaren con homes. E leváronas ó campamento, a Xiloh (que está na terra de Canaán).
13
E toda a asemblea enviou mandadeiros ós fillos de Benxamín que estaban na Rocha de Rimón e anunciáronlles a paz.
14
Daquela volveron os benxaminitas e déronlles para eles as mulleres que sobreviviran de entre as mulleres de Iabex—Galaad; pero non eran abondas para eles.
15
E o pobo compadeceuse dos de Benxamín, pois Iavé fixera unha fenda nas tribos de Israel.
16
E dixeron os anciáns da asemblea: —"Que faremos para que os restantes teñan mulleres (pois as mulleres de Benxamín foron exterminadas)?"
17
E dixeron: —"Háselle dar herdanza ó resto de Benxamín, para que non desapareza unha tribo das de Israel;
18
pero nós non podemos darlles as nosas fillas como esposas (pois os fillos de Israel fixeran este xuramento: Sexa maldito quen lle dea unha muller ós de Benxamín)".
19
E dixeron: —"Velaquí que hai todos os anos unha festa de Iavé en Xiloh, ó norte de Betel, ó oriente do camiño que sobe de Betel a Xequem, ó sur de Lebonah".
20
E deron orde ós fillos de Benxamín, dicindo: —"Ide e facede unha emboscada nas viñas.
21
Estade á espreita e, cando saian as mozas de Xiloh para danzar no corro, saídes vós de entre as viñas e pillades cada un unha muller de entre as mozas de Xiloh e ídesvos para a terra de Benxamín.
22
E cando veñan seus pais ou seus irmáns a preitear contra vós, dirémoslles: Sede bos con eles, pois non puideron coller muller para cada home cando a guerra, pois non llelas destes a eles naquel entón, para non incorrerdes en culpa".
23
Fixeron así os fillos de Benxamín e tomaron esposas, de acordo co número deles, das bailadoras que pillaran. Entón marcharon e volveron así á súa herdanza; e refixeron as vilas e habitaron nelas.
24
Daquela foron tamén os fillos de Israel a cadansúa tribo e familia e saíron de alí cada un para a súa herdanza.
25
Naquel entón non había rei en Israel e cadaquén facía o que lle viña en gana.
← Chapter 20
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21