bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 13
Judges 13
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 14 →
1
E volveron os fillos de Israel facer o mal diante do Señor e púxoos Iavé nas mans dos filisteos durante corenta anos.
2
Había un home de Sorah, da familia dos danitas, chamado Manóah. Súa muller era estéril e non procreara.
3
E aparecéuselle á muller un mensaxeiro do Señor e díxolle: —"Velaquí que ti es estéril e non xeraches; pero concibirás e parirás un fillo.
4
E agora gárdate de beber viño e bebidas fermentadas e non comas nada impuro,
5
pois velaquí que concibirás e parirás un fillo, e non subirá a navalla pola súa cabeza, pois o neno será nazir de Deus desde o ventre: e el comezará a salvar a Israel das mans dos filisteos".
6
E foi a muller e díxolle a seu marido: —"Un home de Deus veu onda min e a súa semellanza era a dun anxo de Deus, terrible de abondo; e non lle preguntei de onde era nin el me manifestou o seu nome.
7
E díxome: Velaquí que concibirás e parirás un fillo. E agora non bebas viño nin bebidas fermentadas, e non comas nada impuro, pois o neno será nazir de Deus desde o ventre ata o día da súa morte".
8
E suplicou Manóah a Iavé deste xeito: —"Rógoche, meu Señor, que volva onda nós o home de Deus que enviaches e nos mostre o que temos que facer co neno cando naza".
9
E escoitou Deus a voz de Manóah e volveu o anxo de Deus onda a muller, cando ela estaba sentada no campo (e Manóah —seu home—, non estaba con ela).
10
Incorporouse axiña a muller e botou a correr, e contoulle a seu marido: —"Velaquí que se me apareceu o home que viñera onda min o outro día".
11
Entón Manóah ergueuse e foi detrás de súa muller e chegou a carón do home e díxolle: —"Logo ti es o home que lle falou a esta muller?" E respondeulle el: —"Si, son eu".
12
E dixo Manóah: —"Cando se cumpra a túa mensaxe, que procedemento haberá que seguir co neno de xeito que llo apliquemos?"
13
E dixo o anxo de Iavé a Manóah: —"De todo o que dixen á muller, gardarase:
14
de todo o que saia da vide do viño, non comerá; e non beberá viño nin bebidas fermentadas nin comerá nada impuro. Todo o que che mandei, que o garde".
15
E dixo Manóah ó anxo do Señor: —"Anda!, deixa que te reteñamos e que che sirvamos un cabrito".
16
E dixo o anxo de Iavé a Manóah: —"Aínda que me retiveses, non comería do teu manxar; mais se queres ofrecer un holocausto a Iavé, podes facelo (pois Manóah aínda non se decatara de que era un anxo de Iavé)".
17
E dixo Manóah ó anxo do Señor: —"Como te chamas?, de xeito que te honremos cando se cumpran as túas palabras".
18
E díxolle o anxo de Iavé: —"A que vén iso de preguntarme polo meu nome, sendo el oculto?"
19
E colleu Manóah o cabrito e mais a oblación, e ofreceullos enriba da pedra a Iavé, facedor de marabillas, que contemplaron Manóah e mais a súa muller.
20
E aconteceu que, ó subir a lumarada sobre o altar cara ó ceo, apareceu o anxo de Iavé na lumarada do altar; e Manóah e súa muller, ó velo, caeron de xeonllos.
21
(E xa non volveu aparecer o anxo de Iavé a Manóah e a súa muller). Entón decatouse Manóah de que era o anxo de Iavé,
22
e díxolle Manóah a súa muller: —"De certo imos morrer, pois vimos a Deus".
23
E respondeulle súa muller: —"Se quixese o Señor facernos morrer, non acollería o holocausto e a ofrenda das nosas mans, nin nos faría ver todo isto, nin nos faría escoitar tales cousas neste intre".
24
E pariu a muller un neno e puxéronlle de nome Sansón; e o rapaz fíxose grande, e bendiciuno Iavé.
25
E o espírito do Señor comezou a movelo ás veces, no campamento de Dan, entre Sorah e Extaol.
← Chapter 12
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 14 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21