bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 12
Judges 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 13 →
1
E confabuláronse os homes de Efraím e pasaron o río cara a Safón, e dixéronlle a Iefté: —"Por que fuches batallar contra os fillos de Amón e non nos convocaches para irmos contigo? Ímoslle prender lume á túa casa contigo dentro".
2
E respondeulles Iefté: —"Tiven eu e mais o meu pobo unha gran loita contra os fillos de Amón e pedinvos axuda e non me salvastes das súas mans.
3
E cando vin que ti non me salvabas, arrisquei a miña vida e pasei contra os fillos de Amón e púxoos o Señor nas miñas mans. Daquela, por que subides hoxe contra min para me facerdes a guerra?"
4
E convocou Iefté a todos os homes de Galaad e arremeteu contra Efraím; e zorregáronlle os homes de Galaad a Efraím, por dicirlles: —"Os de Galaad sodes uns fugados de Efraím, no medio de Efraím e de Menaxés!".
5
E ocupou Galaad os baixíos do Xordán de diante de Efraím e aconteceu que, cando dicía un dos fuxitivos de Efraím "déixame pasar", preguntábanlle os homes de Galaad: —"Ti es efraimita". E respondía: —"Non".
6
Daquela dicíanlle: —"Fai favor de repetir Xibbólet. E dicía: Sibbólet (pois non conseguía pronuncialo ben)". Entón eles apreixábano e degolábano xunto ós areais do Xordán. E caeron naquel entón corenta e dous mil de Efraím.
7
E xulgou Iefté a Israel seis anos; e morreu Iefté o galaadita e sepultárono na vila de Galaad. Ibsán, Elón e Abdón
8
E despois del xulgou a Israel Ibsán de Belén.
9
Tiña trinta fillos e trinta fillas, ás que casou fóra de alí; e trouxo de fóra trinta mozas para seus fillos. Xulgou a Israel durante sete anos.
10
E morreu Ibsán e foi sepultado en Belén.
11
E despois del xulgou a Israel Elón, o zebulonita, quen xulgou a Israel ó longo de dez anos.
12
E morreu Elón o zebulonita e foi sepultado en Aialón, no país de Zebulón.
13
Despois del xulgou a Israel Abdón, fillo de Hilel, o piratonita.
14
Tiña corenta fillos e trinta netos, que cabalgaban sobre setenta asnos. E xulgou a Israel durante oito anos.
15
E morreu Abdón, fillo de Hilel, o piratonita, e foi sepultado en Piratón, no país de Efraím, na montaña dos amalecitas.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21