bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 18
Judges 18
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 19 →
1
Naquel entón non había rei en Israel e a tribo de Dan buscaba un territorio onde residir, pois non lle correspondera aínda unha herdanza entre as tribos de Israel.
2
E enviaron os fillos de Dan desde aló —desde Sorah e Extaol— cinco homes da súa xente —homes forzudos— para explorar o país; e chegaron á serra de Efraím, á casa de Micah, e pasaron alí a noite.
3
Estando eles na casa de Micah, distinguiron a voz do mozo levita, e, achegándose alí, dixéronlle: —"Quen te trouxo a ti aquí? Que estás facendo? A que te dedicas?"
4
Respondeulles el: —"Micah fíxome isto e isto e contratoume e tenme de sacerdote".
5
Entón dixéronlle eles: —"Pide un oráculo a Deus e así saberemos se a viaxe que estamos facendo sairá ben".
6
Díxolles o sacerdote: —"Ide en paz, pois a mirada de Deus está posta no camiño que percorredes".
7
E foron os cinco homes e chegaron a Laix. Viron que a xente de alí vivía confiada, ó xeito dos sidonios —tranquila e despreocupada—, sen unha institución que domeara; e que estaban lonxe dos sidonios e non tiñan trato con ninguén.
8
E chegaron onda seus irmáns —a Sorah e Extaol—, e dixéronlles estes: —"Que tal vos foi?"
9
E respondéronlles: —"Adiante!: vaiamos contra eles, pois vimos o país, e velaquí que é bo de abondo. E vosoutros seguides quedos? Non sexades lacazáns para irdes tomar posesión daquel país.
10
Cando vaiades, encontraredes unha xente confiada e un país folgado, que puxo o Señor nas vosas mans; un lugar no que non hai falta de nada do que hai na terra".
11
E saíron de alí, da liñaxe dos danitas de Sorah e Extaol, seiscentos homes cinguidos cos aparellos da guerra;
12
e subiron e acamparon en Quiriat—Iearim, en Xudá. Por iso nomearon aquel lugar Campamento de Dan ata o día de hoxe. Queda detrás de Quiriat—Iearim.
13
E desde alí pasaron á serra de Efraím e chegaron onda a casa de Micah.
14
E faláronlles a seus irmáns os cinco homes que foran explorar o país de Laix e dixéronlles: —"Sabedes que nestas casas hai un efod, uns terafim, un ídolo e unha imaxe fundida? Daquela ídevos informar do que tedes que facer".
15
E, deixando aquel sitio, chegaron á casa do mozo levita —a casa de Micah—, e preguntáronlle que tal lle ía.
16
A todo isto, os seiscentos homes dos fillos de Dan cinguidos cos aparellos de guerra estaban firmes xunto á porta.
17
E pasaron os cinco homes que foran recoñecer o país e entraron e colleron o ídolo, o efod, os terafim e a imaxe fundida, e mais o sacerdote, que estaba no limiar da porta cos seiscentos homes cinguidos cos aparellos da guerra.
18
E, entrando eles na casa de Micah, colleron o ídolo, o efod, os terafim e a imaxe fundida; díxolles o sacerdote: —"Que estades a facer?"
19
E respondéronlle: —"Cala a boca e ven connosco, teremos en ti un pai e un sacerdote. Logo paréceche mellor ser sacerdote na casa dun só home que ser sacerdote dunha tribo e dunha familia en Israel?"
20
Aledouse o corazón do sacerdote e colleu o efod, os terafim e mais o ídolo, e meteuse no medio da xente.
21
E deron media volta e emprenderon camiño, colocando diante deles os nenos, o gando, e as cousas de valor.
22
Cando xa eles estaban lonxe da casa de Micah, os homes das casas veciñas da de Micah, xuntáronse e puxéronse a perseguir ós fillos de Dan.
23
E chamaron polos fillos de Dan e estes viraron a cara e dixeron a Micah: —"Que tes ti que vés con xente tan apegada?"
24
El respondeu: —"Collestes os deuses que eu fixera e mais o sacerdote e largástesvos. E que vai ser de min en adiante? E aínda me preguntades que tes! Que é iso que me dixestes que tes?"
25
E dixéronlles os fillos de Dan: —"Coidado con rechiar, non sexa que se alporicen contra vós homes de espírito revirado e perdas a túa vida e mais a da túa familia".
26
E seguiron o seu camiño os fillos de Dan; e, vendo Micah que eles eran máis fortes ca el, deu media volta e foi para casa.
27
Eles, levando o que fixera Micah e o sacerdote que tiña, chegaron a Laix —onda aquela xente tranquila e confiada—, e pasáronos polo gume da espada; e á vila prendéronlle lume.
28
E non houbo quen a salvase, porque estaba lonxe de Sidón e non tiñan trato con ninguén. Estaba situada no val de Bet—Rehob. Despois reedificaron a vila e habitaron nela.
29
E puxéronlle á vila o nome de Dan, por mor de Dan, seu pai, que naceu de Israel; con todo, o primeiro nome da vila fora Laix.
30
E os fillos de Dan erixiron o ídolo que tiñan; e Ionatán —fillo de Guerxom, o fillo de Menaxés— e mais seus fillos, foron sacerdotes da tribo de Dan ata o día do exilio do país.
31
E tiveron para eles o ídolo que fixera Micah durante todo o tempo que estivo a casa de Deus en Xiloh.
← Chapter 17
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 19 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21