bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 2
Judges 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 3 →
1
E subiu o anxo do Señor desde Guilgal ata Boquim e dixo: —"Saqueivos de Exipto e fíxenvos entrar na terra que prometera a vosos pais; e dixen: endexamais romperei a alianza que fixen convosco.
2
En canto a vós, non fagades alianza cos veciños deste país; habedes de derrubar os seus altares. Pero vós non escoitastes a miña voz. Por que procedestes así?
3
Por iso tamén eu dixen: non os botarei de diante de vós; e serán para vós coma a tralla no voso lombo; e os seus deuses serán para vós un lazo".
4
E, cando o anxo do Señor pronunciou aquelas palabras a todos os fillos de Israel, o pobo botouse a laiar e a chorar.
5
e puxéronlle de nome a aquel lugar, Boquim; e ofreceron alí sacrificios ó Señor.
6
E, cando Xosué despediu o pobo, foron os fillos de Israel cada un para o seu territorio, para herdar o país.
7
E serviu o pobo ó Señor durante toda a vida de Xosué e dos vellos que prolongaron os seus días despois de Xosué, e que viran todas as obras grandes que o Señor fixera en favor de Israel.
8
E morreu Xosué, fillo de Nun, servo do Señor, ós cento dez anos.
9
E sepultárono dentro dos lindes da súa herdanza, en Timnat—Heres, na serra de Efraím, ó Norte do monte Gaax.
10
E toda a xeración aquela foise xuntar cos seus pais; e veu despois deles outra xeración que non coñecía ó Señor nin o que tal fixera en favor de Israel.
11
E cometeron o mal os fillos de Israel diante do Señor, e serviron ós baales.
12
E abandonaron ó Señor, o Deus de seus pais, que os sacara da terra de Exipto, e foron detrás dos deuses alleos, dos deuses de pobos que estaban arredor deles, e prostráronse diante deles, e alporizaron ó Señor.
13
Abandonaron ó Señor, e serviron a Baal e ás axtartés.
14
E alzouse a ira do Señor contra Israel, e púxoos nas mans de saqueadores, que os abateron, e entregounos nas mans dos inimigos do arredor, e xa non se puideron rexer diante dos seus adversarios.
15
En todo aquilo que acometían, a man do Señor estaba con eles para mal, como o Señor lles tiña dito e xurado, de modo que os angustiou abondo.
16
Máis adiante fixo o Señor xurdir xuíces, e salvounos das mans dos seus saqueadores.
17
Pero tampouco non escoitaron ós seus xuíces, pois corrompéronse detrás de deuses alleos e abaixáronse diante deles; arredáronse axiña do camiño que percorreran seus pais, que escoitaran os mandatos do Señor: eles, en troques, non fixeron así.
18
E cando o Señor fixo xurdir xuíces para eles, o Señor estaba co xuíz, e salvábaos das mans dos seus inimigos durante todos os días de vida do xuíz, pois conmovérase o Señor polos choros deles, ó seren oprimidos e desprezados.
19
Pero, á morte do xuíz, volvían ás andadas, e corrompíanse aínda máis ca seus pais, indo tras dos deuses alleos, para servilos e abaixarse diante deles; non deron de man ás súas obras ruíns nin ós seus teimudos camiños.
20
E alporizouse a ira de Iavé contra Israel, e dixo o Señor: —"Xa que o pobo este crebou a alianza que mandei a seus pais, e non escoitou a miña voz,
21
tampouco eu vou botar de diante deles a ningunha das nacións xentís que deixou Xosué cando morreu;
22
para probar por medio delas a Israel: se van seguir polo camiño do Señor —para iren por el como foron seus pais—, ou non".
23
E deixou o Señor aquelas nacións xentís, en vez de botalas axiña; e non as puxo nas mans de Xosué.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21