bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 9
Judges 9
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 10 →
1
E foi Abimélec, fillo de Ierubaal, a Xequem, onda os irmáns de súa nai, e faloulles a eles e a toda a casa paterna de súa nai deste xeito:
2
—"Dicide, por favor, ós oídos de todos os señores de Xequem: Que vos parece mellor: que manden en vós setenta homes —todos os fillos de Ierubaal—, ou que mande en vós un só home? E lembrádevos de que eu son óso e carne vosa".
3
E os irmáns de súa nai contaron todo isto acerca del ós oídos de todos os señores de Xequem; e o corazón deles púxose do lado de Abimélec, pois dixeron "é noso irmán".
4
E déronlle setenta siclos de prata do templo de Baal—Berit, e con eles contratou Abimélec a homes miserables e falsos, que foron detrás del.
5
E chegou á casa de seu pai —a Ofrah— e matou a seus irmáns, fillos de Ierubaal: setenta homes, sobre a mesma pedra. Pero sobreviviu Iotam, o fillo máis novo de Ierubaal, porque se agachara.
6
E xuntáronse todos os señores de Xequem e de Bet—Miló e foron e proclamaron rei a Abimélec onda a aciñeira da estela que hai en Xequem.
7
E informaron a Iotam, e foise poñer no cume do Monte Garizim, e dispuxo a súa voz para falar ben alto. E dixo: —"Escoitádeme, señores de Xequem, e que Deus vos escoite tamén a vós:
8
Puxéronse en camiño as árbores para unxir un rei para elas, e dixéronlle á oliveira: reina sobre nós!
9
E respondeulles a oliveira: E hei de renunciar eu ó meu aceite, co que se honraron deuses e homes, para me ir abanear polas árbores?
10
Dixéronlle entón as árbores á figueira: ven reinar sobre nós!
11
E respondeulles a figueira: E vou renunciar eu á miña dozura e ós meus saborosos froitos, para me ir abanear polas árbores?
12
E dixéronlle as árbores á vide: ven reinar sobre nós!
13
E respondeulles a vide: E hei de renunciar eu ó meu viño, que fai poñer ledos a deuses e homes, para me ir abanear polas árbores?
14
Daquela dixeron todas as árbores á silveira: ven reinar sobre nós!
15
E díxolles a silveira ás árbores: se con sinceridade me unxides para ser o voso rei, vídevos acubillar á miña sombra; pero se non é así, que saia lume da silveira, que devore ós cedros do Líbano.
16
E agora, se procedestes con sinceridade e rectitude para constituír rei a Abimélec; se procedestes ben con Ierubaal e coa súa casa; e se lle recompensastes as obras das súas mans
17
(pois meu pai loitou por vós arriscando a propia vida, e librouvos das mans de Madián.
18
E vós erguédesvos hoxe contra a casa de meu pai, e matades a seus fillos setenta homes sobre a mesma pedra; e proclamades rei sobre os señores de Xequem a Abimélec, fillo da súa escrava, pois dicides é noso irmán...).
19
Pois ben, se procedestes con sinceridade e rectitude verbo de Ierubaal e da súa casa neste día, aledádevos por Abimélec, e que tamén el se alede por vós.
20
Pero se non foi así, que saia lume de Abimélec e que devore ós señores de Xequem e de Bet—Miló; e que saia lume dos señores de Xequem e de Bet—Miló, que devore a Abimélec".
21
Daquela Iotam botou a correr e fuxiu e foi a Beer, e habitou alí por medo de seu irmán Abimélec.
22
E Abimélec levaba xa tres anos reinando sobre Israel,
23
cando Deus meteu un espírito ruín entre Abimélec e os señores de Xequem; e os señores de Xequem traizoaron a Abimélec.
24
(Para vingar deste xeito a violencia feita nos setenta fillos de Ierubaal, e botar o seu sangue sobre Abimélec, seu irmán, que os matara, e sobre os señores de Xequem, que enforteceran as mans daquel para matar a seus irmáns).
25
E os señores de Xequem puxéronlle emboscadas nos cumes dos montes, e saqueaban a cantos pasaban a carón deles polo camiño; e foille notificado a Abimélec.
26
E foi Gáal —o fillo de Ébed— e mais seus irmáns, e pasaron por Xequem; e confiaron nel os señores de Xequem.
27
E saíron ó campo, e vendimaron as viñas deles, e pisaron as uvas, e fixeron festa; e entraron na casa do seu deus, e comeron e beberon, e renegaron de Abimélec.
28
E dixo Gáal, o fillo de Ébed: —"Que hai entre Abimélec e Xequem para que teñamos que servilo? E logo o fillo de Ierubaal e mais Zebul —o seu lugartenente—, non serviron ós homes de Hamor, o pai de Xequem? E por que, entón, temos nós que servilo a el?
29
Quen puxera a este pobo nas miñas mans! Daquela botaría de aquí a Abimélec e diríalle: reforza o teu exército e sae!"
30
En oíndo Zebul —o gobernador da vila— as palabras de Gáal, o fillo de Ébed, acendeuse a súa ira,
31
e enviou mensaxeiros ás agachadas, dicindo: —"Velaquí que Gáal —o fillo de Ébed—, e mais seus irmáns, viñeron a Xequem e soerguen a vila contra ti.
32
Agora, pois, érguete de noite coa xente que tes contigo e arma unha emboscada no campo;
33
e pola mañá levantádevos á saída do sol, e lanzádevos contra a vila; e velaquí que, cando el e mais a xente que estea con el saian contra ti, farás con el o que che veña á man".
34
E ergueuse Abimélec coa xente que tiña con el, pola noite, e dispuxeron unha emboscada de catro corpos armados contra Xequem.
35
E saíu Gáal, o fillo de Ébed, e permaneceu á entrada da porta da vila; e xurdiu Abimélec da emboscada coa xente que tiña con el.
36
E viu Gáal a xente e dixo a Zebul: —"Velaí a multitude que baixa das cristas dos montes!" E respondeulle Zebul: —"Ti ves as sombras dos montes como se fosen homes!"
37
Continuou falando Gáal e dixo: —"Velaí xente baixando do Embigo da Terra, e outro grupo que vén polo camiño da Aciñeira dos Adiviños".
38
E díxolle Zebul: —"Onde vai agora a túa boca, coa que dicías quen é Abimélec, para que o sirvamos? Logo non é este o pobo que ti aldraxaches? Dálle, sae agora e loita contra el!"
39
E saíu Gáal á fronte dos señores de Xequem e loitou contra Abimélec.
40
E abouxouno Abimélec e fuxiu de diante del, e foron moitos os que caeron mortos ata a entrada da porta.
41
E habitou Abimélec en Arumah; e Zebul botou fóra a Gáal e a seus irmáns, vedándolles a residencia en Xequem.
42
O día seguinte, saíu o pobo ó campo, e notificáronllo a Abimélec.
43
E colleu o exército, e dividiuno en tres corpos, e montou unha emboscada no campo; e, ó ver que o pobo saía da vila, arremeteu contra eles e esgazounos.
44
E Abimélec e mais o corpo que estaba con el avanzaron e colocáronse á entrada da porta da vila, namentres que os outros dous corpos lanzábanse contra todos os que estaban no campo e esgazábanos.
45
E Abimélec estivo loitando contra a vila durante toda a xornada. E conquistouna e matou a xente que había nela; e arrasou a cidade e sementouna de sal.
46
E soubérono todos os señores da torre de Xequem, e entraron na fortaleza do templo de El—Berit.
47
E foille notificado a Abimélec que se reuniran todos os señores da torre de Xequem.
48
E subiu Abimélec ó Monte Salmón, con toda a xente que estaba con el; e colleu Abimélec unha machada na súa man e cortou unha póla de árbore, e, turrando dela, púxoa sobre o seu ombro, e díxolle á xente que estaba con el: —"O que me vistes facer, dádevos présa, e facede outro tanto".
49
E cortaron tamén todos eles cadansúa póla, e foron detrás de Abimélec, e colocáronas contra a fortaleza. Con elas prendéronlle lume á fortaleza, e morreron así todos os homes da torre de Xequem (uns mil, entre homes e mulleres).
50
E foi Abimélec a Tebés. E asediou Tebés e conquistouna.
51
Pero había un forte no medio da vila e fuxiran cara alí todos os homes e mulleres e todos os señores da vila, e pecháranse dentro, e subiran ata o teito da torre.
52
E chegou Abimélec ata o forte, e preparou a loita contra el; e achegouse ata a mesma entrada do forte, para prenderlle lume.
53
Daquela unha muller chimpou contra a testa de Abimélec unha pedra de moer e fendeulle o cranio.
54
E chamou axiña Abimélec polo mozo que lle facía de escudeiro e díxolle: —"Desenvaíña a túa espada, e mátame, para que non digan de min: matouno unha muller. E traspasouno o escudeiro e morreu".
55
E cando viron os israelitas que Abimélec morrera, foron para cadanseu lugar.
56
Devolveulle así Deus o mal que fixera Abimélec a seu pai matando a seus setenta irmáns;
57
e todo o mal dos homes de Xequem, fíxoo tornar Deus sobre as súas cabezas, vindo así sobre eles a maldición de Iotam, o fillo de Ierubaal.
← Chapter 8
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 10 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21