bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 7
Judges 7
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 8 →
1
E ergueuse Ierubaal —que é Guideón— e todo o pobo co que contaba e acamparon onda a fonte de Harod; e o campamento dos madianitas estaba ó norte deles (onde Guibeat—Hamoreh), na terra cha.
2
E dixo o Señor a Guideón: —"A xente que tes contigo é abondosa de máis para que eu entregue os madianitas nas súas mans: non sexa que Israel se poña a gabarse diante de min, dicindo: salveime eu por min mesmo.
3
E agora fai favor de comunicar ós oídos do pobo o que segue: Quen teña medo e trema, que se volva e arrede do monte de Galaad". E volvéronse vinte e dous mil homes do pobo e quedaron dez mil.
4
E dixo o Señor a Guideón: —"Aínda o pobo é numeroso de máis: fainos baixar á auga e probareichos alí; e cando che diga: este irá contigo, el irá contigo; e de todo o que che diga: este non irá contigo, ese non irá".
5
E fixo baixar ó pobo á auga; e dixo o Señor a Guideón: —"A todos os que lamban a auga coa súa lingua —como a lamben os cans—, xuntaralos á parte dos que se axeonllen para beber".
6
E o número dos que lamberon na man foi de trescentos homes; e todo o resto do pobo axeonllouse para beber auga.
7
E dixo o Señor a Guideón: —"Cos trescentos homes que beberon lambendo, vouvos salvar, e porei ós madianitas nas túas mans; e o resto da xente, que vaia cadaquén para o seu sitio".
8
E o pobo colleu nas súas mans o fornecemento e mais as súas trompetas, e mandou Guideón a todos os homes de Israel para a súa tenda, e quedou soamente cos trescentos (e o campamento de Madián atopábase debaixo del, no val).
9
E aconteceu que aquela noite lle dixo o Señor: —"Érguete e baixa ó campamento, pois o entrego nas túas mans.
10
E se tes medo de baixares só ó campamento, baixade ti e mais Purah, o teu servo.
11
Escoita o que falan, e fortaleceraste e baixarás contra o campamento". E baixou el e máis Purah —o seu servo— ata o remate da vangarda do campamento.
12
E os madianitas, os amalecitas e todos os orientais estaban deitados pola terra cha (unha multitude como de lagostas, e a cantidade de camelos era abondosa como a area da beira do mar).
13
E cando chegou Guideón, velaquí que estaba un contándolle un soño ó seu compañeiro, e dicía: —"Velaquí o soño que tiven: Soñei que un molete de pan de cebada rodaba polo campamento de Madián e chegou ata a tenda, bateu contra ela e chimpouna por terra virándoa cara arriba, e despois a tenda estomballouse".
14
E respondeulle o compañeiro: —"Isto non che é outra cousa que a espada de Guideón, o fillo de Ioax, o israelita, pois Deus puxo nas súas mans a Madián e a todo o campamento".
15
E aconteceu que, cando oíu Guideón o relato do soño e mais a súa interpretación, prosternouse, e de contado volveu ó campamento de Israel, e dixo: —"Erguédevos, pois o Señor puxo nas vosas mans o campamento de Madián".
16
E distribuíu Guideón os trescentos homes en tres corpos, e puxo trompetas nas mans de todos eles, e mais canecos baldeiros e fachos para as bocas dos canecos.
17
E díxolles: —"Ollade para min, de xeito que fagades coma min. Velaquí que cando eu chegue á vangarda do campamento, o que eu faga habédelo de facer tamén vós.
18
Cando eu e mais todos os que estean comigo toquemos a trompeta, tocaredes as trompetas tamén vosoutros —os que esteades arredor de todo o campamento—, e bradaredes: Por Iavé e por Guideón!"
19
E chegou Guideón con cen homes á vangarda do campamento, ó comezo da segunda vela, xusto cando acababan de relevar ós vixías. E tocaron as trompetas e escacharon os canecos que levaban nas mans.
20
E tocaron as trompetas os tres corpos, e escacharon os canecos e premeron os fachos coa man esquerda, e coa dereita as trompetas, para tocaren. E berraron: —"Espada por Iavé e por Guideón!"
21
E estiveron quedos cada un no seu sitio, arredor do campamento, e todo o campamento rompeu a correr, a berrar e a fuxir.
22
E os trescentos fixeron soar as trompetas, e o Señor fixo que a espada de cada un dos outros fose contra o seu compañeiro e contra todo o campamento; e fuxiu o exército inimigo ata Bet—Xitah, cara a Sererah, e ata a beira de Abel—Meholah, a carón de Tabat.
23
E xuntáronse os israelitas de Naftalí, de Axer e de todo Menaxés, e perseguiron ós madianitas.
24
E Guideón mandou mensaxeiros por toda a serra de Efraím, dicindo: —"Baixade ó encontro dos madianitas e ocupade antes ca eles os baixíos ata Bet—Barah e o Xordán". E xuntáronse todos os homes de Efraím e ocuparon os baixíos ata Bet—Barah e o Xordán.
25
E pillaron a dous príncipes dos madianitas a Oreb e Zeeb, e mataron a Oreb no Refuxio de Oreb; e a Zeeb, matárono no Lagar de Zeeb. E perseguiron ós madianitas e leváronlle da banda de alá do Xordán a Guidéon as cabezas de Oreb e de Zeeb.
← Chapter 6
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 8 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21