bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Judges 17
Judges 17
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 18 →
1
Había un home da serra de Efraím, chamado Micah.
2
E díxolle á súa nai: —"Os mil cen siclos de prata que che foran roubados —e polos que ti comezaches a botar maldicións, que incluso as dixeches nos meus oídos—, velaquí que esa prata téñoa eu, collina eu". E dixo súa nai: —"Bendito sexas de Iavé, meu fillo!"
3
E devolveu os mil cen siclos de prata á súa nai. E dixo ela: —"Este diñeiro que me pertence, quédalle ofrecido ó Señor en favor de meu fillo, para facer un ídolo e unha imaxe fundida".
4
Foi el e devolveulle a prata a súa nai. Colleu súa nai douscentos siclos de prata e deullos ó ourive, que fixo con eles unha imaxe esculpida e unha imaxe fundida, que quedaron na casa de Micah.
5
E o tal Micah tiña un santuario, e fixo un efod e uns terafim, e consagrou un de seus fillos, facéndoo sacerdote.
6
Naquel entón non había rei en Israel e cadaquén facía o que lle viña en gana.
7
E había un mozo de Belén de Xudá, da familia de Xudá, que era levita e que vivía alí;
8
e foi o home desde a cidade de Belén de Xudá, para residir onde atopase algo, e chegou á serra de Efraím, a pé da casa de Micah, namentres ía de camiño.
9
E díxolle Micah: —"De onde vés?" E respondeulle el: —"Son un levita, de Belén de Xudá, e veño residir onde atope algo".
10
Díxolle Micah: —"Queda comigo, e serás para min un pai e un sacerdote, e dareiche dez siclos de prata cada ano, un xogo de vestidos e a túa mantenza". E pareceulle ben ó levita,
11
e aledouse de quedar con aquel home, e foi o mozo para el como un da súa casa.
12
E Micah consagrou o levita e tívoo como sacerdote, e quedou na casa de Micah.
13
E dixo Micah: —"Agora sei que me ha de amparar o Señor, pois teño de sacerdote este levita".
← Chapter 16
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 17
Chapter 18
Chapter 19
Chapter 20
Chapter 21
Chapter 18 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21