bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Mark 10
Mark 10
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 11 →
1
De alí foise para os lindeiros de Xudea, na outra banda do Xordán. A xente amoreábase de novo no seu camiño, e, coma sempre, púxose a ensinar.
2
Achegáronselle algúns fariseos, preguntándolle para probalo, se lle está permitido ó home repudiar a muller.
3
El replicoulles: Que foi o que mandou Moisés?
4
Respondéronlle: Moisés permitiu despedila, dándolle certificado de divorcio.
5
Díxolles Xesús: Tendo en conta a dureza de voso corazón, escribiu Moisés para vós esa norma.
6
Pero desde o principio da creación, fíxoos varón e femia.
7
Por iso deixará o home a seu pai e mais a súa nai, unirase coa súa muller,
8
e serán os dous unha soa carne. De xeito que xa non son dous, senón unha soa carne.
9
O que Deus uniu, que non o separe o home.
10
Xa na casa, os discípulos volvéronlle a preguntar acerca disto.
11
El díxolles: O que repudia a muller e casa con outra, comete adulterio contra a primeira.
12
E se a muller abandona o marido e casa con outro, comete adulterio.
13
E leváronlle uns nenos para que os tocase. Pero os discípulos rifábanlles.
14
Mais a Xesús non lle gustou aquilo e dixo: Deixade que os nenos se acheguen a min; non llelo impidades, porque deles é o Reino de Deus.
15
Asegúrovos que aquel que non reciba coma un neno o Reino de Deus, non entrará nel.
16
E abrazounos e bendiciunos e impúxolles as mans.
17
No preciso momento en que se puña en camiño, chegou un a correr, que se axeonllou diante del e que lle preguntou: Mestre bo, que teño que facer para acadar a vida eterna?
18
Xesús contestoulle: E por que me chamas bo? Ninguén e bo, fóra de Deus.
19
Xa sabes os mandamentos: Non mates, non cometas adulterio, non roubes, non deas falso testemuño, non defraudes, honra a teu pai e mais a túa nai.
20
El respondeu: Mestre, todas esas cousas gardeinas desde a miña mocidade.
21
Entón Xesús pousou nel a súa ollada chea de cariño e engadiu: Aínda che falta unha cousa: vai, vende todo o que tes, e repárteo entre os pobres, e terás un tesouro no ceo; e despois ven e sígueme.
22
Ante estas palabras mudóuselle o rostro e marchou moi apesarado, pois tiña moitos bens.
23
Xesús mirando todo arredor, díxolles ós discípulos: Que difícil lles vai ser ós ricos entrar no Reino de Deus!
24
E os discípulos ficaron moi sorprendidos por estas palabras. Pero Xesús volveu a insistir: Fillos, que difícil é entrar no Reino de Deus!
25
É máis doado para un camelo pasar polo ollo dunha agulla, do que para un rico entrar no Reino de Deus.
26
Eles, aínda moi asombrados, comentaban entre si: Entón, quen se vai poder salvar?
27
Xesús, mirando para eles fixamente, dixo: Si, para os homes é imposible, pero non para Deus; pois todo é posible para Deus.
28
Colle Pedro e di: Pois nós deixámolo todo, e seguímoste.
29
Dixo Xesús: Tende por seguro que non hai ninguén que deixe casa ou irmáns ou irmás ou nai ou pai, ou fillos ou leiras por cousa miña e polo Evanxeo,
30
que pase sen recibir cen veces máis en casas, irmáns, irmás, nai, pai, fillos e leiras (aínda que con persecución) agora, e que no mundo futuro non reciba a vida eterna.
31
E moitos que son os primeiros serán os últimos; e moitos que son os últimos serán os primeiros.
32
Subían camiño de Xerusalén, e Xesús ía diante; os discípulos, aínda asombrados, ían tras el con medo. E levando á parte ós Doce, empezoulles a falar do que lle ía acontecer.
33
Vede que subimos a Xerusalén, e ó Fillo do Home vano entregar ós sumos sacerdotes e mais ós letrados; condenarano a morte, e entregarano ós pagáns.
34
Burlaranse del, cuspiranlle, azoutarano, e logo matarano; pero ós tres días ha resucitar.
35
Achegándose os fillos de Zebedeo Santiago e mais Xoán, dixéronlle: Mestre, nós queriamos que nos fixeses o que che imos pedir.
36
El preguntou: E logo, que é o que queredes que vos faga?
37
Contestáronlle: Concédenos que na túa gloria sentemos un á túa dereita e outro á túa esquerda.
38
Respondeulles Xesús: Vós non sabedes ben o que pedides. Seredes capaces de beber o cáliz que eu teño que beber, e recibir o bautismo que eu teño que recibir?
39
Respondéronlle: Somos. Xesús replicou: O cáliz que teño que beber, si que o beberedes, e tamén recibiredes o bautismo que eu teño que recibir,
40
pero o sentardes á miña dereita ou á miña esquerda, iso non depende de min o concedelo, senón que é para os que está reservado.
41
O escoitaren isto, os outros anoxáronse con Santiago e con Xoán.
42
Entón Xesús chamounos e díxolles: Xa sabedes que os xefes dos pobos os tiranizan e que os poderosos os asoballan.
43
Pero entre vós non pode ser así. Nin moito menos, quen queira ser importante, que sirva os outros,
44
e quen queira ser o primeiro, que sexa o máis servizal.
45
Que o Fillo do Home non veu a que o sirvan, senón a servir, e a entregar a súa vida en rescate por todos.
46
E chegou a Xericó. Cando saía cos seus discípulos e outra moita xente, Bartimeo, o fillo de Timeo, un cego pobre de pedir, estaba sentado a carón do camiño.
47
Oíndo que pasaba Xesús o Nazareno, empezou a berrar: Xesús, Fillo de David, ten piedade de min!
48
Moitos mandábano calar; pero el berraba aínda máis alto: Fillo de David, ten piedade de min!
49
Deténdose Xesús, dixo: Dicídelle que veña aquí. E chamaron polo cego, dicíndolle: Veña, érguete, que te chama!
50
El, ceibándose do manto, veu dando brincos ata onde estaba Xesús.
51
Este preguntoulle: Que queres que che faga? O cego respondeu: Mestre, que volva a ver.
52
Xesús díxolle: Ve, salvoute a túa fe. E no instante comezou a ver, e seguiuno polo camiño.
← Chapter 9
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 11 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16