bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Mark 2
Mark 2
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 3 →
1
De alí a uns días entrou de novo en Cafarnaún, e sóubose que estaba na casa;
2
tantos se xuntaron que nin diante da porta había xa sitio. El expoñíalles a Palabra.
3
Entón, entre catro, trouxeron un home tolleito.
4
Pero, non podendo chegar ó pé del, pola moita xente que había, levantaron o teito onde el estaba, e abriron un furado ata poderen meter o leito co enfermo, e descolgalo.
5
Xesús, vendo a fe que tiñan, díxolle ó tolleito: Meu fillo, quédanche perdoados os teus pecados.
6
Pero alí sentados estaban algúns letrados, que matinaban para os seus adentros:
7
"Pero, que está a dicir este home? Está blasfemando. Quen pode perdoar os pecados, senón unicamente Deus?"
8
Xesús, decatándose axiña do que estaban cavilando, díxolles: Por que razoades así nos vosos adentros?
9
Que é máis fácil: dicirlle a este tolleito: "quedan perdoados os teus pecados", ou dicirlle: "érguete, colle a padiola e vaite?"
10
Pois para que vexades que o Fillo do Home ten poder para perdoar os pecados
11
dille ó tolleito, colle a padiola, e vaite á túa casa.
12
E así foi: no instante, ergueuse, colleu o leito, e foise diante de todos; de tal modo que todos ficaron pasmados, e daban gloria a Deus dicindo: Nunca tal cousa vimos.
13
Volveu saír para a beira do mar, e a xente toda seguía acudindo. E el ensinábaos.
14
Ó pasar, viu a Leví, o de Alfeo, sentado no mostrador a cobrar a contribución, e dille: Sígueme. El ergueuse, e seguiuno.
15
Aconteceu que estando Xesús á mesa de Leví, acompañado dos seus discípulos e mais outros recadadores de impostos e pecadores pois eran moitos os que o seguían,
16
os letrados e fariseos, véndoo comer con eles, dixéronlles ós discípulos: Como é que come cos recadadores e pecadores?
17
Xesús sentiunos, e contestoulles: Non son os sans, senón os enfermos, os que precisan médico. Eu non vin chamar polos xustos, senón polos pecadores.
18
Un día no que os discípulos de Xoán e mais os fariseos gardaban o xaxún, viñéronlle preguntar: Como é que mentres os discípulos de Xoán e mais os dos fariseos gardan o xaxún, os teus non o gardan?
19
Xesús contestoulles: Pero, logo, poden os convidados á voda xaxuar mentres dura a voda? Mentres teñan consigo o esposo non poden xaxuar.
20
Xa virá o día no que lles leven o esposo, e daquela si que xaxuarán.
21
Ninguén lle bota un remendo de pano novo a un vestido vello, porque o novo tiraría polo vello e a rachadura faríase máis grande.
22
Tampouco ninguén bota viño novo en pelellos vellos, porque o viño rebentaría os pelellos, e perderíanse pelellos e viño. Xa sabedes: a viño novo, pelellos novos.
23
Un sábado cadrou que pasaron por uns terreos sementados; os seus discípulos, mentres ían de camiño, empezaron a arrincar espigas.
24
Entón dixéronlle os fariseos: Mira para aí, por que fan o que non lles está permitido facer nun sábado?
25
El respondeulles: Seica non sabedes o que fixo David, cando el e mais os seus acompañantes se viron apurados e con fame?
26
No tempo do Sumo Sacerdote Abiatar entrou na casa de Deus e comeu o pan ofrecido pan que só podían comer os sacerdotes e repartiu incluso cos seus compañeiros.
27
E concluíu: O sábado fíxose para o servizo do home, e non o home para o servizo do sábado.
28
Así que o Fillo do Home é Señor incluso do sábado.
← Chapter 1
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 3 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16