bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Mark 8
Mark 8
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 9 →
1
Por aqueles días, como se xuntaba tamén moita xente arredor de Xesús e non tiñan que comer, chamou polos discípulos e díxolles:
2
Dáme pena esta xente: hai tres días que vén detrás miña e non ten nada que comer.
3
Se os mando para as súas casas, sen que metan algo na boca, poden esmorecer polo camiño, que moitos deles véñenvos de ben lonxe.
4
Os discípulos responderon: E de onde se pode quitar, en pleno descampado, pan abondo para fartalos?
5
E preguntoulles: E logo canto pan tendes? Responderon: Temos sete bolos.
6
Foi el e mandou que a xente sentase no chan; despois colleu os sete bolos, rezou a acción de grazas, partiunos e déullelos ós seus discípulos, para que os repartisen entre a xente; e así o fixeron.
7
Tiñan tamén algúns peixes; el bendiciunos e mandou que os repartisen.
8
A xente comeu a fartar, e cos anacos que sobraron encheron sete cestas.
9
Eran uns catro mil. Despediunos,
10
e de seguida embarcou cos seus discípulos, marchando para a rexión de Dalmanuta.
11
Uns fariseos saíronlle ó paso, e metéronse a discutir con el. Para probalo, pedíronlle un sinal do ceo.
12
El deu un profundo suspiro, e dixo: Por que esta clase de xente reclama un sinal? Pois asegúrovos que a esta xente non se lle dará sinal ningún.
13
Así, deixounos, volveu embarcar e foise para a outra banda.
14
Os discípulos esqueceran levar pan, e non tiñan máis ca un bolo na barca.
15
Xesús recomendoulles: Tende coidado, e gardádevos do fermento dos fariseos e do fermento de Herodes.
16
Pero eles latricaban entre si: "o caso é que non temos pan".
17
Xesús decatándose díxolles: Como! Así que estades a falar de que non tendes pan! Seica non acabades de entender, nin caedes na conta do que quero dicir? Tan cegos estades?
18
Tendes ollos, e non vedes; oídos e non oídes? Xa non vos acorda
19
cantas cestas de sobras recollestes, cando repartín cinco bolos de pan entre cinco mil persoas? Contestaron: Foron doce.
20
E cando repartín sete bolos entre catro mil, cantas cestas recollestes? Responderon: Recollemos sete.
21
E concluíu: E logo aínda non comprendedes?
22
Chegaron a Betsaida, e trouxéronlle un cego, pedíndolle que o tocase.
23
El, collendo o cego pola man, sacouno para fóra da aldea; botoulle cuspe nos ollos, estendeu as mans sobre el, e preguntoulle: Ti ves algo?
24
El, que comezaba a albiscar algo, dixo: Vexo homes, aínda que me parecen árbores que andan.
25
Púxolle outra vez as mans nos ollos; entón empezou a enxergar ben: estaba curado, e vía todo claramente.
26
Logo mandouno para a casa, dicíndolle: Nin tan sequera entres na aldea.
27
Ía Xesús cos seus discípulos cara ás aldeas de Cesarea de Filipo, e polo camiño preguntoulles: Quen di a xente que son eu?
28
Eles responderon: Uns, que Xoán Bautista; outros, que Elías; e outros, que algún dos profetas.
29
El preguntoulles a eles: E vós, quen dicides que son? Respondeu Simón Pedro: Ti es o Mesías.
30
E prohibiulles diciren nada a ninguén.
31
Entón, con toda claridade, empezou a adoutrinalos acerca de que era preciso que o Fillo do Home padecese moito, e que o rexeitasen os anciáns, os Sumos Sacerdotes e mais os letrados; que o ían matar, e que ós tres días había resucitar.
32
Explicoulles isto con toda claridade. Entón Pedro, colléndoo á parte, empezou a rifarlle.
33
Pero Xesús volvéndose cara ós discípulos, reprendeuno: Arreda de min, Satán, que ti non te me deixas guiar por Deus, senón polos homes!
34
E chamando á xente onda os seus discípulos, díxolles a todos: Se alguén quere vir comigo, que renuncie a si mesmo, cargue coa súa cruz, e que me siga.
35
Pois o que queira poñer a salvo a súa vida, perderaa; pero quen perda a súa vida pola miña causa e pola do Evanxeo, ese poñeraa a salvo.
36
Pois de que lle serve ó home gañar o mundo enteiro, se perde a súa vida?
37
E que pode dar un home para recobrar a súa vida?
38
Porque quen se avergonce de min e das miñas palabras, nesta xeración idólatra e pecadora, tamén o Fillo do Home se avergonzará del, cando veña na gloria de seu Pai entre os santos anxos.
← Chapter 7
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 9 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16