bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Mark 5
Mark 5
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 6 →
1
Chegaron á outra banda do mar, ó país de Gadara.
2
E conforme saltou da barca, un endemoñado saíulle ó encontro desde os sepulcros
3
onde moraba, pois nin con cadeas o podían apreixar.
4
Moitas veces xa intentaran termar del con cadeas e grillóns; pero rompía as cadeas e esnaquizaba os grillóns, e ninguén era capaz de o domear.
5
Pasaba os días e as noites berrando polos sepulcros monte adiante, mancándose coas pedras.
6
Axiña que viu a Xesús de lonxe, foi correndo prostrarse ante el,
7
gritando con toda forza: Que teño que ver contigo, Xesús, Fillo do Altísimo? Pídoche por Deus que non me atormentes.
8
Pois Xesús mandáralle: Bótate fóra dese home, espírito malo.
9
E preguntoulle tamén: Como te chaman? El respondeulle: Chámanme lexión, porque somos moitos.
10
E pedíalle con moita ansia que non os botase daquela terra.
11
E como había unha boa manada de porcos comendo pola aba do monte,
12
todos aqueles demos rogáronlle a Xesús: Mándanos onda aqueles porcos, para entrarmos neles.
13
El accedeu e, saíndo do home, fóronse meter nos porcos, que en número duns dous mil se chimparon polo barranco abaixo, e foron afogar no mar.
14
Os porqueiros fuxiron, levando a nova á vila e ás aldeas. A xente ía ver o que pasaba.
15
Chegaron onde estaba Xesús, e viron o endemoñado, o mesmo que tivera a lexión, sentado e cheo de xuízo; todos ficaron pasmados.
16
Os que presenciaron aquilo contáronlles o que pasara co endemoñado e mais cos porcos.
17
Entón empezaron a pedirlle que se afastara daquelas terras.
18
E cando el se embarcara, o que estivera endemoñado rogáballe que o deixase ir con el.
19
Pero Xesús non llo permitiu, senón que lle dixo: Vaite para a túa casa, onda os teus, e cóntalles todo o que o Señor, compadecido, fixo contigo.
20
El marchou e comezou a pregoar, pola Decápole adiante, canto lle fixera Xesús. Todos ficaban pasmados.
21
Pasando de novo nunha barca para a banda de enfronte, xuntouse moita xente arredor del, que estaba na beira do mar.
22
Nisto chegou un dos xefes da sinagoga, chamado Xairo, que, ó velo, botouse ós seus pés
23
suplicándolle: A miña filla está a piques de morrer; ven impor sobre ela as túas mans, para que sande, e viva.
24
E foise con el, seguido de moito xentío, que o estrullaba.
25
Había unha muller, que padecía hemorraxias desde doce anos atrás,
26
e levaba sufrido moito cos médicos, que lle acababan cos bens; total para nada, porque a cada paso ía a peor.
27
Como oíra falar do que facía Xesús, achegouse entre a xente por detrás e tocoulle o seu vestido,
28
dicindo para si: "Aínda que non sexa máis que tocarlle o seu vestido, ficarei sa".
29
E secándoselle a fonte da hemorraxia, sentiu no seu corpo que estaba curada do mal.
30
Axiña Xesús, decatándose da forza que saíra del, volveuse e preguntou: Quen me tocou na roupa?
31
Os discípulos respondéronlle: Ti ben ves a xente preméndote; e aínda preguntas por quen te tocou?
32
Pero el seguía mirando arredor, para ver quen fora.
33
Daquela, a muller, medorenta e tremendo, sabendo o que lle sucedera, veu caer ante el contándolle toda a verdade.
34
El díxolle: Filla, a túa fe sandoute, vaite en paz, curada para sempre da túa doenza.
35
Aínda estaba el falando, cando chegaron da casa do xefe da sinagoga a dicirlle: A túa filla acaba de morrer. Para que andar xa molestando ó Mestre?
36
Pero Xesús, ó escoitar o que estaban a falar, díxolle ó xefe da sinagoga: Non temas, abonda que teñas fe.
37
E non permitiu que ninguén o acompañase, fóra de Pedro, Santiago e Xoán, o irmán de Santiago.
38
O chegaren á casa do xefe da sinagoga, vendo o gran barullo que facían con choros e lamentos,
39
entrou e díxolles: A que vén tanto barullo e tanto chorar? A meniña non morreu, está a durmir.
40
E todos facían riso del. Pero botándoos a todos fóra e levando con el os pais da meniña e mais os seus acompañantes, entrou onde estaba a nena.
41
Colleuna pola man e díxolle: —Talitha, qumi (que quere dicir: "rapaza, érguete").
42
A rapaciña ergueuse de contado, e botouse a andar, que xa tiña doce años. E aquela xente quedou coa boca aberta.
43
El insistiulles en que non llo contasen a ninguén, e mandou que lle desen de comer.
← Chapter 4
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 6 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16