bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Mark 4
Mark 4
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 5 →
1
E púxose de novo a ensinalos á beira do mar. Tanta era a xente reunida ó pé del, que tivo que subir para sentar nunha barca fondeada no mar, mentres o xentío estaba en terra, na ribeira.
2
Ensinoulles moitas cousas en parábolas, e instruíaos así:
3
Escoitade: Dunha vez saíu un labrador a sementar.
4
E resulta que, ó botar a semente, parte dela foi caendo polo camiño adiante; viñeron os paxaros, e comérona.
5
Outra caeu entre as pedras, onde a penas había terra; e naceu de contado, porque a terra non tiña fondura;
6
pero non ben saíu o sol, queimouna, e, como non tiña raíz, secou.
7
Outra parte caeu na silveira, e, ó medraren as silvas, afogárona, e non a deixaron dar froitos.
8
Outra caeu en boa terra; naceu, creceu e chegou a dar froitos: o trinta, o sesenta, e aínda o cento por un.
9
E concluíu: Quen teña oídos para oír, que escoite.
10
Máis tarde, cando ficou só, os que o acompañaban xunto cos Doce, preguntábanlle polas parábolas.
11
El respondeu: A vós concedéusevos coñecer o misterio do Reino de Deus; pero ós de fóra soamente en parábolas,
12
de tal xeito que mirar miren, pero non vexan; escoitar escoiten, pero non entendan: non sexa que se convertan e se lles perdoe.
13
E continuou: Se non comprendedes esta parábola, como ides comprender todas as outras?
14
O sementador sementa a Palabra.
15
Os do camiño son aqueles nos que se sementa a Palabra, pero cando a escoitan vén Satán e repáñallela.
16
Da mesma maneira son aqueles que de seguida reciben a semente con alegría, pero pásalles o mesmo do que á sementada entre as pedras:
17
por non teren raíces e seren inconstantes, mal veñen as dificultades ou a persecución por causa da Palabra, de seguida abandonan.
18
A outros pásalles coma á semente caída entre as silvas: si escoitan a Palabra,
19
pero moi axiña as preocupacións do mundo, o engano das riquezas e mais as ambicións, asolágana, afógana, e queda sen froito.
20
Pero os que son coma a boa terra, escóitana, acóllena e dan moito froito: uns o trinta, outros o sesenta, e outros o cento por un.
21
E dicíalles tamén: Pero é que se trae un candil para metelo debaixo dun cazolo ou debaixo da cama? Non será para poñelo enriba do candeeiro?
22
Porque se hai algo oculto, é para que se descubra; nin nada se fai en secreto, se non é para traelo á luz pública.
23
Quen teña oídos para oír, que escoite.
24
Dicíalles tamén: Atendede ben ó que estades escoitando. Coa medida que midades, hanvos medir a vós, e ben sobrado.
25
Porque ó que ten, háselle dar; pero ó que non ten, aínda o que ten se lle quitará.
26
E dixo tamén: Así é o Reino de Deus: coma un home que bota a semente na terra,
27
e, durma ou estea esperto, sexa de noite ou de día, a semente agroma e medra, sen que el chegue a saber como.
28
A terra vai dando froito por si mesma: primeiro herba, logo espigas, e por último o gran ben abundante na espiga.
29
E cando xa está achegado o froito, de seguida se lle mete o fouciño por ser o tempo da seitura.
30
E tamén dicía: Con que compararemos o Reino de Deus?
31
É coma o gran de mostaza, que cando se sementa na terra é a máis miúda de todas as sementes.
32
Pero despois de sementala, medra ata ser a maior de todas as hortalizas, chegando a botar unhas pólas tan grandes que na súa sombra poden vir aniñar os paxaros.
33
E así con moitas comparanzas coma estas, íalles mostrando a mensaxe, de xeito que puidesen entender.
34
Non lles falaba máis que en parábolas, pero logo explicáballelas ós seus discípulos.
35
E naquel día á caída da noite, díxolles: Ora, vamos para a banda de alá.
36
Eles, deixando a xente, levárono no bote onde estaba sentado; e ían seguidos por outras barcas.
37
E formouse tal remuíño de vento que os salseiros caían enriba do bote e enchíano de auga.
38
El, entrementres, estaba na popa durmindo sobre un cabezal. Fórono espertar, berrándolle: Mestre, seica non che importa que afoguemos?
39
Entón el, espertando, increpou ó vento, e díxolle ó mar: Silencio, e acouga! O vento amainou, e veu unha gran calma.
40
Despois díxolles: Por que tendes tanto medo? Seica aínda non tendes fe?
41
Eles, cheos dun medo enorme, comentaban entre si: Pero, quen será este, que mesmo o vento e o mar o obedecen?
← Chapter 3
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 5 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16