bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Mark 16
Mark 16
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
1
Pasado o sábado, María Magdalena, María de Santiago e mais Salomé mercaron perfumes para iren embalsamalo.
2
E moi cedo, no primeiro día da semana, despois da alborada, foron ó sepulcro.
3
Ían comentando entre elas: Quen nos vai arredar a lousa da entrada do sepulcro?
4
Pero, erguendo a vista, descubriron que a lousa estaba arredada; iso que era moi grande.
5
Entrando no sepulcro, viron un mozo vestido de branco, sentado no lado dereito, e quedaron espantadas.
6
Pero el díxolles: Non vos espantedes. Buscades a Xesús Nazareno, o crucificado? Non está aquí, resucitou. Mirade o lugar onde o puxeron.
7
Agora ídelles dicir ós discípulos e mais a Pedro que el vai diante de vós a Galilea; alí o veredes, como vos ten dito.
8
Elas saíron fuxindo do sepulcro, pasmadas e tremendo; e non lle contaron nada a ninguén, do medo que tiñan.
9
Xesús resucitou no abrente do primeiro día da semana, e aparecéuselle en primeiro lugar a María Magdalena, da que botara sete demos.
10
Ela fóillelo dicir ós compañeiros del, que estaban chorosos e tristeiros.
11
Pero estes, oíndolle dicir que estaba vivo e que ela o vira, non llo creron.
12
Despois disto, aparecéuselles, en figura diferente, a dous que ían de camiño a un lugar.
13
Estes fóronllelo contar tamén ós demais, pero nin a eles os creron.
14
Por último, aparecéuselles ós Once mentres estaban á mesa, botándolles na cara a súa incredulidade e a dureza de corazón, por non creren a aqueles que o viran resucitado de entre os mortos.
15
E díxolles: Ide polo mundo enteiro, anunciando a Boa Nova a toda a creación.
16
Quen crea e se bautice, salvarase; quen non crea, condenarase.
17
Os que crean irán acompañados destes sinais: no meu nome botarán demos, falarán linguas novas;
18
collerán serpes coas mans, e se chegan a beber algún veleno, non lles fará mal ningún; imporanlles as mans ós enfermos, e estes curarán.
19
O Señor, despois de lles falar así, elevouse ó ceo, e sentou á dereita de Deus.
20
Eles saíron a predicar por todas partes, contando coa colaboración do Señor, que confirmaba a súa palabra cos sinais que os acompañaban.
← Chapter 15
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16