bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Mark 15
Mark 15
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 16 →
1
A mañanciña cedo, os sumos sacerdotes, os anciáns e mais os letrados todo o Sanedrín, despois dunha reunión do Consello, amarraron a Xesús e fórono entregar a Pilato.
2
Pilato preguntoulle: Es ti o rei dos xudeus? Respondeulle: Ti o dis.
3
E os sumos sacerdotes acusábano de moitas cousas.
4
Pero Pilato volveulle preguntar: Non respondes nada? Xa ves de cantas cousas te acusan.
5
Pero Xesús non respondeu nada, deixando moi estrañado a Pilato.
6
Polas festas tiña o costume de soltar o preso que lle pedisen.
7
Estaba daquela na cadea un tal Barrabás, xunto cos sediciosos que nunha revolta mataran a un home.
8
Cando subiu o xentío, empezou a reclamar o indulto tradicional.
9
Pilato respondeulles: Queredes que vos solte ó rei dos xudeus?
10
Pois el ben sabía que os sumos sacerdotes llo entregaran por envexa.
11
Pero eles encirraban á xente, para que lles liberase a Barrabás.
12
Pilato respondeu: E que fago eu con ese ó que lle chamades rei dos xudeus?
13
A xente volveu berrar: Crucifícao!
14
Pilato replicou: Pero, que mal fixo? Mais eles berraban máis forte: Crucifícao!
15
E Pilato, para compracer ó pobo, soltou a Barrabás; e a Xesús, despois de o mandar azoutar, entregouno para que o crucificasen.
16
Os soldados, levárono, para dentro do pazo do gobernador, é dicir, do Pretorio, e chamaron a toda a compañía.
17
Vestírono de púrpura, e trenzaron unha coroa con espiños e encaixáronlla.
18
Empezáronlle a facer saúdos: Saúde, rei dos xudeus!
19
E cunha canivela dábanlle golpes na cabeza, cuspían nel e, axeonllándose, rendíanlle homenaxe.
20
E despois de faceren riso del, quitáronlle a púrpura e puxéronlle a súa roupa. Despois levárono fóra, para o crucificaren.
21
Pasaba por alí Simón de Cirene, que volvía da leira o pai de Alexandro e de Rufo e obrigárono a cargar coa cruz.
22
Levárono a un lugar chamado Gólgota, ou sexa, lugar da Caveira.
23
Alí dábanlle viño con mirra pero non o quixo.
24
Crucificárono e repartiron a roupa, botando sortes para saber o que lle tocaba a cada un.
25
Era a media mañá cando o crucificaron.
26
Un letreiro anunciaba a causa da súa condena: "O rei dos xudeus".
27
Con el crucificaron tamén a dous bandidos, un á dereita e outro á esquerda.
29
Os que pasaban por alí, burlábanse del, abaneando as cabezas, e dicindo: Vaites, vaites, o que destrúe o Templo e o reconstrúe en tres días!
30
Anda, baixa agora da cruz, e sálvate!
31
Do mesmo xeito, os sumos sacerdotes, burlándose entre eles cos letrados, dicían: Salvou a outros, pero non se pode salvar a si mesmo!
32
O Mesías, o rei de Israel! Que baixe da cruz agora, para que vexamos e creamos! Tamén os que estaban crucificados con el o aldraxaban.
33
Chegado o mediodía, a escuridade cubriu toda a terra, ata as dúas e pico da tarde.
34
E nesa hora, Xesús berrou moi forte: —Eloí, Eloí, lamá sabactaní (que quere dicir: "Meu Deus, meu Deus, por que me abandonaches").
35
Oíndo aquilo, algúns dos presentes comentaban: Oístes? Está chamando por Elías.
36
E un deles, botando a correr, empapou unha esponxa en vinagre, espetouna nunha canivela, e deulle de beber, dicindo: Deixade, a ver, logo, se vén Elías baixalo.
37
Pero Xesús, dando un berro moi alto, expirou.
38
O veo do Templo rachou en dous de arriba abaixo.
39
O centurión, que estaba diante, oíndo o berro que deu ó morrer, dixo: Verdadeiramente este home era Fillo de Deus.
40
Tamén había mulleres, mirando desde lonxe; entre elas estaban María Magdalena, María a nai de Santiago o Menor e de Xosé, e mais Salomé,
41
que o seguían e servían cando estaba en Galilea; e moitas outras que subiran con el a Xerusalén.
42
A tardiña, como era o día da Preparación, ou sexa véspera de sábado,
43
Xosé de Arimatea, nobre conselleiro que tamén esperaba o Reino de Deus, foi onda Pilato con gran valor, para lle pedir o corpo de Xesús.
44
Pilato estrañouse de que xa estivese morto, e, chamando polo centurión, preguntoulle se xa morrerá; daquela,
45
informado polo centurión, entregoulle o cadáver a Xosé.
46
El, mercando unha saba, baixouno, envolveuno nela, e acomodouno nun sepulcro escavado na rocha; logo fixo rodar unha lousa sobre a entrada.
47
María Magdalena e mais María de Xosé enxergaban para ver onde o poñía.
← Chapter 14
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 16 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16