bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Mark 14
Mark 14
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 15 →
1
Faltaban dous días para a Pascua e os Ácimos. Os sumos sacerdotes e mais os letrados andaban buscando como collelo a traizón, para matalo.
2
Pero dicían: "Durante as festas non é ben, porque se pode armar un rebumbio cando hai aquí tanta xente".
3
Estando Xesús en Betania, na casa do Simón o Gafo, recostado na mesa, chegou unha muller cun frasco de alabastro cheo de perfume de nardo puro, moi caro; rompeu o frasco, e unxiulle a cabeza.
4
Algúns dos convidados comentaban indignados: Pero a que vén este estrago de perfume?
5
Podíase vender en trescentos denarios, e repartírllelos ós pobres. E alporizábanse contra ela.
6
Pero Xesús dixo: Deixádea, por que a molestades? Ben está o que fixo comigo.
7
Os pobres téndelos sempre entre vós, e podédelos axudar cando queirades; pero a min non me ides ter sempre.
8
Ela fixo o que puido. Adiantouse a unxir o meu corpo para o enterro.
9
Asegúrovos que onde queira que se anuncie a Boa Nova, polo mundo enteiro, falarase, para honra dela, do que acaba de facer.
10
Xudas Iscariote, un dos Doce, foi onda os sumos sacerdotes, para lles entregar a Xesús.
11
Eles alegráronse moito do que lles propoñía, e prometéronlle cartos. E andaba buscando o momento axeitado para entregalo.
12
No primeiro día da festa dos Ácimos, cando se sacrificaba o año pascual, preguntáronlle os seus discípulos: Onde queres que vaiamos preparar a Cea Pascual?
13
El mandou a dous discípulos, dicíndolles: Ide á cidade, e havos saír ó paso un home, cunha sella de auga.
14
Ide tras el e onde entre, dicídelle ó dono da casa: "O Mestre pregunta: onde está o lugar no que podo comer a Pascua cos meus discípulos?"
15
El havos mostrar no sobrado unha grande sala, xa disposta e arranxada. Vós preparade o que faga falta.
16
Marcharon os discípulos e, chegando á cidade, atoparon todo tal como llelo el dixera. E prepararon a Pascua.
17
A tardiña, foi el cos Doce.
18
E estando na mesa comendo, díxolles Xesús: Asegúrovos que un de vós me vai entregar, un dos que está comendo comigo.
19
Eles, poñéndose tristes, empezaron a preguntarlle un por un: Non serei eu?
20
Pero el dixo: Un dos Doce, que está mollando no mesmo prato ca min.
21
O Fillo do Home vaise, como está escrito; pero ai daquel que traizoa ó Fillo do Home! Máis lle valería non nacer.
22
Mentres estaban a comer, Xesús colleu pan, deu grazas, partiuno e déullelo, dicindo: Tomade, isto é o meu corpo.
23
E collendo unha copa, dando grazas, pasóullela, e todos beberon dela.
24
E díxolles: Isto é o meu sangue, da Alianza, vertido por todos.
25
Asegúrovos que xa non volverei beber do produto da viña ata o día que o beba, noviño, no Reino de Deus.
26
Despois de cantaren os Salmos, saíron para o Monte das Oliveiras.
27
Díxolles Xesús: Todos ides tropezar na vosa fe, como está escrito: Ferirei ó pastor e espallaranse as ovellas.
28
Pero cando resucite, irei diante de vós a Galilea.
29
Replicoulle Pedro: Aínda que tropecen todos, eu non caerei.
30
Xesús respondeulle: Ten por seguro que esta mesma noite, antes de que o galo cante dúas veces, ti hasme negar tres.
31
Pedro insistiu aínda: Anque teña que morrer contigo, endexamais non te negarei. E o mesmo dicían os outros.
32
Chegaron a unha finca chamada Xetsemaní, e díxolles ós discípulos: Sentade aquí, mentres eu vou orar.
33
E levando consigo a Pedro, Santiago e Xoán, empezou a sentir arrepío e angustia.
34
E díxolles: Morro de tristura; quedade aquí, e vixiade.
35
E avanzando un pouco, caeu no chan, rogando para que, se fose posible, pasase del aquela hora.
36
E dicía: —Abba, meu Pai, ti pódelo todo, arreda de min este cáliz. Pero non se faga o que eu quero, senón o que queres ti.
37
E volvendo onda eles, atopounos durmindo. Díxolle a Pedro: Simón, dormes? Seica non podes velar unha hora tan sequera?
38
Estade atentos e rogade, para que non se vos someta á tentación. O espírito está disposto, pero a carne é débil.
39
E arredándose de novo, volveu a pregar do mesmo xeito.
40
Ao volver, outra vez os atopou durmindo, pois caíanlles os ollos co sono; e non sabían que lle dicir.
41
E por terceira vez, volveu Xesús dicindo: Conque durmides e descansades? Pois sabede que xa chegou a hora, e ó Fillo do Home vano entregar nas mans dos pecadores.
42
Veña!, erguédevos e vaiámonos, que xa está aquí o que me vai entregar.
43
Estando aínda a falar, presentouse Xudas, un dos Doce, acompañado dun tropel de xente con espadas e paus, mandada polos sumos sacerdotes, letrados e anciáns.
44
O traidor déralles unha contrasinal: Aquel a quen eu bique, ese é; prendédeo, e levádeo con tino.
45
E así que chegou, acercouse e díxolle: Mestre! E bicouno.
46
Eles botáronselle enriba e prendérono.
47
Pero un dos presentes, desenvaiñando a espada, feriu a un criado do Sumo Sacerdote, rabenándolle unha orella.
48
Xesús reprendeunos dicindo: Víndesme prender con paus e espadas, coma se fose un bandido.
49
Estiven a diario no templo entre vós, e non me prendestes. Pero que se cumpran as Escrituras.
50
E todos fuxiron abandonándoo.
51
Só o seguiu un mozo envolto nunha saba. Detivérono.
52
Pero el, desenleouse da saba, e fuxiu espido.
53
Conduciron a Xesús á casa do Sumo Sacerdote. E xuntáronse todos os pontífices, anciáns e letrados.
54
Pedro seguiuno de lonxe ata o pazo do Sumo Sacerdote, e sentou alí para quentarse cos criados, á beira do lume.
55
Mentres, os sumos sacerdotes e mais o Sanedrín enteiro teimaban por encontrar algunha testemuña contra Xesús, para o poderen condenar á morte; pero non a atopaban.
56
Moitos testemuñaban en falso contra el, pero non chegaban a pórse de acordo.
57
Algúns, erguéndose, trataron de levantarlle un falso testemuño, dicindo:
58
Nós mesmos oímoslle dicir: "eu destruirei este Templo, feito por homes, e en tres días construirei outro non feito por homes".
59
Pero nin así chegaban a se poñeren de acordo no testemuño.
60
Entón, erguéndose o Sumo Sacerdote e adiantándose ata o medio, interrogou a Xesús: Non respondes nada? Que é o que estes testemuñan contra ti?
61
Pero el calaba, e non respondeu palabra. De novo lle volveu preguntar o Sumo Sacerdote: Es ti o Mesías, o Fillo do Bendito?
62
Xesús contestoulle: Eu son. E habedes ver o Fillo do Home, sentado á dereita do Todopoderoso, vir entre as nubes do ceo.
63
Daquela o Sumo Sacerdote, rachando os vestidos, exclamou: Que necesidade temos xa de testemuñas?
64
Vós mesmos oístes a blasfemia. Que vos parece? Todos o declararon culpable, e que merecía a morte.
65
Algúns empezaron a cuspir nel e tapándolle a cara, dábanlle labazadas, dicindo: Adiviña, profeta! Mesmo os criados tamén mallaban nel.
66
Estando Pedro embaixo, no patio, chegou unha das criadas do Sumo Sacerdote.
67
O que viu a Pedro quentándose, quedou mirando para el e díxolle: Ti tamén andabas con Xesús de Nazaret.
68
El negouno, dicindo: Non sei nada, nin comprendo de que me falas. E saíndo para fóra, cantou o galo.
69
A criada volveuno ver outra vez, e empezoulles a dicir ós presentes: Este évos un deles.
70
E de novo el volveu negalo. Pero de alí a pouco tamén os presentes empezaron a dicirlle: Si, ti es un deles, que es galileo.
71
El, entón, empezou a maldicir e xurar, dicindo: Eu non coñezo a ese home de quen falades.
72
E, de contado, por segunda vez, cantou o galo. A Pedro acordáronselle as palabras de Xesús: "Antes de que o galo cante dúas veces, ti hasme negar tres"; e saíndo para fóra, rompeu a chorar.
← Chapter 13
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 15 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16