bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Mark 11
Mark 11
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 12 →
1
E cando se aproximaban a Xerusalén, cerca de Betfagué e de Betania, ó pé do Monte das Oliveiras, mandou a dous discípulos
2
dicíndolles: Ide á aldea que tendes aí por fronte, e ó que entredes, ides atopar atado un burro que ninguén montou aínda; soltádeo e traédeo.
3
Se alguén vos pregunta por que o facedes, dicídelle: "Precísao o Señor, pero de seguida o mandará de volta".
4
Foron alá, atoparon o burro atado a un portal e desatárono.
5
Algúns dos que andaban por alí, preguntáronlles: Que facedes aí desatando o burriño?
6
Eles contestáronlle tal como Xesús lles mandara.
7
E leváronlle o burro a Xesús, que montou nel así que o cubriron cos seus mantos.
8
Moitos estendían tamén os seus mantos no camiño, para que lle servisen de alfombras; e outros, ramallos cortados nas chousas.
9
E tanto os que ían diante coma os de detrás, exclamaban: Hosanna! Bendito o que vén no nome do Señor!
10
Bendito o reino do noso pai David que chega! Hosanna no ceo!
11
Entrou en Xerusalén e foi ó templo. E despois de dar unha volta por alí, como xa ía sendo tarde, saíu cos Doce para Betania.
12
O outro día despois de saír de Betania, sentiu fame.
13
Vendo de lonxe unha figueira cuberta de follas, achegouse por se acaso atopaba algo; pero non atopou nada fóra de follas, por non ser tempo de figos.
14
Entón dixo: Nunca máis ninguén coma os teus froitos. E os discípulos escoitárono.
15
Chegaron a Xerusalén, e, entrando no templo, empezou a botar de alí os tendeiros e compradores, derrubando as mesas dos cambiadores e os postos dos vendedores de pombas.
16
E non permitía que ninguén pasase polo templo carrexando cousas.
17
E púxose a ensinar, dicindo: Non está escrito: a miña casa será a casa de oración para todos os pobos? Pois vós convertéstela en cova de bandidos.
18
O que o souberon, os sumos sacerdotes e mais os letrados, buscaban o xeito de acabar con el, pois tíñanlle moito medo, porque todo o mundo estaba admirado de canto ensinaba.
19
E á tardiña saíu da cidade.
20
O pasaren pola mañá cedo, viron a figueira seca desde a raíz.
21
Pedro acordouse e díxolle a Xesús: Mestre, mira para aí: a figueira que maldiciches, está seca.
22
Xesús respondeu: Tede fe en Deus.
23
Pois asegúrovos que se alguén lle di a este monte: "arríncate de aí e bótate no mar" sen dubidar no seu corazón, senón crendo que se cumprirá o que di, así se fará.
24
Por iso dígovos: canto pidades na oración, crede que o conseguiredes, e darásevos.
25
E cando esteades de pé facendo oración, perdoade, se algo tedes contra outros; para que tamén vos perdoe as vosas culpas o voso Pai que está no ceo.
27
Chegaron de novo a Xerusalén, e mentres andaba polo templo, foron onda el os sumos sacerdotes, letrados e senadores,
28
e preguntáronlle: Con que autoridade fas esas cousas? Quen che deu tal autoridade?
29
Xesús respondeulles: Vouvos facer unha pregunta nada máis, respondédema e logo dígovos eu con que autoridade fago estas cousas.
30
O bautismo de Xoán, era cousa de Deus ou dos homes? Veña, ide respondendo.
31
Eles razoaban entre si, dicindo: "Se respondemos de Deus, vainos preguntar: e daquela por que non crestes no que dicía?
32
Se respondemos entón: dos homes?" (Pero tiñan que andar con moito tino co pobo, que consideraba profeta a Xoán).
33
E contestáronlle a Xesús: Non sabemos. Xesús replicou: Pois eu tampouco non vos vou dicir con que autoridade fago estas cousas.
← Chapter 10
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 12 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16