bible
ra
🌐 Language
English
Español
Français
Deutsch
Português
Italiano
Nederlands
Русский
中文
日本語
한국어
العربية
Türkçe
Tiếng Việt
ไทย
Indonesia
All Languages
Home
/
Galacian
/
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
/
Mark 12
Mark 12
Galacian 1989 (Biblia SEPT)
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 13 →
1
E comezou a falarlles en parábolas: Un home plantou unha viña, rodeouna cun valado, cavou nela un lagar e construíu un caseto para o garda. Logo arrendóullela a uns viñateiros, e marchou para lonxe.
2
No seu tempo, mandou un criado para cobrarlles as rendas da viña ós viñateiros
3
Pero eles, botáronse enriba del, zorregáronlle duro, e despedírono coas mans baleiras.
4
Vaise el e mándalles outro criado, pero tamén mallaron nel e aldraxárono.
5
Mandoulles outro, e matárono; e a outros moitos bouraron neles e matáronos.
6
Pero aínda lle quedaba un a quen mandar, o seu fillo benquerido; e mandóullelo de último, dicindo para si: "El é fillo meu, e hano respectar".
7
Pero os viñateiros comentaron: "Oi! Este é o herdeiro: veña, matámolo e herdanza para nós!".
8
E agarrárono, matárono e botárono fóra da viña.
9
Que fará o dono da viña? Volverá, acabará con estes viñateiros e daralles a viña a outros.
10
Ou seica non lestes aquilo da Escritura: A pedra que desbotaron os canteiros é agora o esquinal;
11
esa colocouna o Señor; que regalía para nós!?
12
Decatándose de que a parábola ía por eles, quixérono prender, pero por medo á xente, deixárono e fóronse.
13
Mandáronlle algúns fariseos e herodianos, para o pillaren nalgunha pregunta.
14
O que chegaron onda el, preguntáronlle: Mestre, sabemos que es sincero, e non andas con miramentos, porque ti non te deixas levar polos respectos humanos, senón que ensinas o verdadeiro camiño de Deus. Está permitido pagarlle a contribución ó Cesar, ou non? Pagámoslla ou non lla pagamos?
15
Xesús, decatándose da súa hipocrisía, contestoulles: E por que me queredes comprometer? A ver, traédeme un denario para que o vexa.
16
Eles leváronllo, e el preguntoulles: De quen é esta imaxe e de quen fala esta inscrición? Contestáronlle: É do César.
17
Xesús replicoulles: Pois logo dádelle ó César o do César, e a Deus o de Deus. E ficaron pasmados.
18
Chegaron uns saduceos deses que negan que haxa resurrección, e preguntáronlle:
19
Mestre, Moisés deixou escrito: Se lle morre a alguén o seu irmán, deixando muller sen fillos, case coa viúva de seu irmán, para lle dar descendencia.
20
Pois dunha vez había sete irmáns. O primeiro casou, e morreu sen fillos;
21
o segundo casou coa viúva e morreu tamén sen deixar fillos; o mesmo lle pasou ó terceiro;
22
e ningún dos sete deixou descendencia. O cabo, morreu tamén a muller.
23
Ora, cando resuciten, de cal deles vai ser a muller, se ela estivo casada cos sete?
24
Xesús contestoulles: Non será que andades descamiñados precisamente porque non comprendedes nin a Escritura nin o poder de Deus?
25
Pois cando resuciten nin casarán eles nin elas, porque serán coma anxos do ceo.
26
E volvendo á resurrección dos mortos, non tedes lido no Libro de Moisés, no episodio da silveira, como lle falou Deus dicindo: Eu son o Deus de Abraham, o Deus de Isaac e o Deus de Xacob?
27
Ben, pois El non é Deus de mortos, senón dos vivos. Así que ides moi descamiñados.
28
Un letrado, que oíra a discusión, decatándose do ben que lles respondera, preguntoulle: Cal é o mais importante de todos os mandamentos?
29
Xesús respondeulle: O primeiro é: Escoita, Israel: o Señor é o noso Deus, o Señor é único,
30
e amarás o Señor, o teu Deus, con todo o teu corazón, con toda a túa alma, con todo o teu entendemento e con todas as túas forzas.
31
O segundo é: Amarás o teu próximo coma a ti mesmo. Non hai mandamentos máis importantes ca estes.
32
O letrado replicou: Moi ben, Mestre, estás no certo cando dis que El é único e non hai outro fóra del;
33
e que amalo con todo o corazón, con todo o entendemento e con todas as forzas, e o próximo coma a un mesmo, é mais importante do que todos os sacrificios e holocaustos.
34
Xesús, vendo que respondera con moito tino, díxolle: Non estás lonxe do Reino de Deus. E ninguén se atreveu a facerlle máis preguntas.
35
Ensinando no templo, preguntou: Como din os letrados que o Mesías é fillo de David?
36
O mesmo David dixo, inspirado polo Espírito Santo: Díxolle o Señor ó meu Señor: senta á miña dereita, que vou poñer os teus inimigos coma estrado dos teus pés.
37
Ora, se David o chama Señor, como vai ser o seu fillo? E a numerosa multitude escoitaba engaiolada a Xesús.
38
El seguía ensinando: Coidado cos letrados! Gustan moito de se pasearen con vestidos fachendosos, e que lles fagan reverencias polas rúas;
39
buscan os primeiros postos nas sinagogas e mais nos banquetes.
40
E acábanlles cos bens ás viúvas, facéndose os piadosos. Pero serán xulgados como lles cómpre.
41
Sentado fronte por fronte da sala do tesouro, ollaba para a xente que botaba cartos no peto. E moitos ricos botaban con fartura.
42
E nisto viu unha viúva pobriña botar uns céntimos nada máis, unha miseria coma quen di.
43
Entón chamou ós seus discípulos, é díxolles: Asegúrovos que esa pobre viúva botou máis cós ricos todos.
44
Pois eles botaron o que lles sobraba, pero ela na súa pobreza, botou todo canto tiña para vivir.
← Chapter 11
Jump to:
Chapter 1
Chapter 2
Chapter 3
Chapter 4
Chapter 5
Chapter 6
Chapter 7
Chapter 8
Chapter 9
Chapter 10
Chapter 11
Chapter 12
Chapter 13
Chapter 14
Chapter 15
Chapter 16
Chapter 13 →
All chapters:
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16